Coa asistencia de 17 persoas representando a 7 equipos tivo lugar, o
domingo 21 xullo ás 12 horas, a reunión de coordinación da temporada
2013-2014 LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS.
Chegouse a estes acordos:
1-O sistema de competición será o seguinte: 1ª fase de grupos (ata 63 participantes 6 grupos, 64 e máis participantes 8 grupos). 2ª fase enfrontamentos individuais (do 1º ao 24º), en grupos
(25º en adiante). Isto supón 7 carreiras para os postos do 1º ao 24º e 6
carreiras para os demais. Cando se dea o caso seguinte: 2 pistas e 8
grupos, reducirase o número de carreiras.
2-Cando se inicie a xornada cada xogador/a deberá estar atenta/o á súa
quenda. Chamarase 3 veces polo seu nome, se non se presenta para xogar,
pasarase ao seguinte competidor/a e xa non poderá dar o golpe que lle
correspondería. Ou sexa, tería que esperar a súa quenda no golpe
seguinte.
3-Os equipos estarán formados por un número indifinido de xogadores/as.
Sumarán puntos para a clasificación de equipos as 4 mellores puntuacións
de cada un deles. Na primeira xornada na que participe o equipo ou o
palanador/a deberá indicar explicitamente a súa adscrición á CONRIA (o
cal significará que terá dereito a optar ás prazas para participar no
PLAY OFF NACIONAL LNB).
4-Estableceranse estas clasificacións: INDIVIDUAL ABSOLUTA-MASCULINA-FEMININA-INFANTIL-EQUIPOS-VARADOS.
5-O equipo que organice cada xornada decidirá se dar premios, e decidirá tamén que categorías establece para dar eses premios.
6-Na clasificación INFANTIL estarán aquelas xogadoras e xogadores que
teñan 13 anos ou menos a día 7 de setembro de 2013 (1ª xornada
2013-2014).
7-A inscrición e comezo das xornadas será do xeito seguinte: 30 minutos
antes da hora fixada para o comezo procederase a inscribir aos
participantes. O delegado/a deberá presentar o listado do seu equipo
antes deses 30 minutos. 15 minutos antes iniciarase o sorteo. Unha vez
comezado este todo palanador e palanadora que se anote pasará
directamente á 2ª fase.
8-Cada equipo deberá designar un delegado/a que se encargará da
inscrición. Así mesmo, cada equipo deberá ter unha ou varias persoas
preparadas para facer de xuíz de pista ou de varado.
De momento estes son os equipos que confirmaron a súa participación:
ANDARELA
CASILLEDÍN
GHARABOTO
LÚA DE FORZA
RINOCERONTE
VALPAÇOS TERRA QUENTE
ZUME DE VIMBIA
CORREDOIRAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario