billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

PRÓXIMA TEMPORADA

Ola compañeiras e compañeiros. Estamos planificando a próxima temporada, así como dándolle voltas ao sistema de competición. 

O obxectivo para esta nova temporada é, en canto ao sistema de competición, xogar todos e todas o mesmo número de carreiras, e tamén xogar nas dúas modalidades, ou sexa, en grupo e en enfrontamentos individuais. 

Daquela, hai unha proposta que consistiría en xogar unha fase de grupos, 4 carreiras. 
Ao finalizar, as 16 mellores puntuacións pasarían á segunda fase a disputar os postos do 1º ao 16. As outras puntuacións disputarían os postos do 17º ao 32º, e 33º ata o último participante. Esta segunda fase estaría formada por enfrontamentos individuais. No primeiro enfrontamento xogaría a puntuación 1ª contra a puntuación 16ª, a 2ª contra a 15ª, e así sucesivamente. Despois deste primeiro enfrontamento os/as ganadores/as seguirán enfrontándose entre si, para optar aos postos 1º-8º, e os perdedores seguirán enfrontándose entre si para optar aos postos 9º-16º.

En definitiva, serían 4 carreiras en grupo e 4 carreiras individuais. Os enfrontamentos individuais a unha única carreira. Así, xogamos todos e todas 8 carreiras.

Esperamos suxestións.

CONSAL: UNHA POTENCIA NA CATEGORÍA FEMININA

 ELENA (BATEAS) 3ª



LU (CORREDOIRAS) 
CAMPIOA GALEGA



 CHELI (CORREDOIRAS) 4ª


Incontestable o dominio na categoría feminina da CONSAL.  

Elena naceu como palanadora da LNB ao mesmo tempo que naceu a nosa CONSAL. Ou sexa, a primeiros do mes de outubro de 2011. A súa progresión é asombrosa, pois en oito meses púxose ao nivel que vimos de comprobar na Final Galega: 3ª clasificada na categoría feminina e única muller que entrou entre os/as 32 mellores na categoría individual absoluta.

A historia de LU está vencellada ao 1º TORNEO BISESTO, que se disputou en Samieira o 29 de febreiro de 2012. Xa que foi alí onde xogou por vez primeira. Aínda nos lembramos daquela  timidez dos seus primeiros golpes a unha billarda. En 3 meses convertíuse en CAMPIOA GALEGA. Onde estarán os seus límites? Quen o sabe.

Cheli viña acompañando desde o ano pasado a outros palanadores xa consolidados na LNB, mais non se atrevía a participar con asiduidade debido aos sistemas de competición tan esixentes das Conferencias. Finalmente, este ano encontrou no sistema da CONSAL un acubillo onde desenvolver as súas potencialidades. Os resultados son evidentes. A súa progresión tamén.

A ESMORGA 4º CLASIFICADO NO CAMPIONATO GALEGO 2012 BILLARDA

A ESMORGA

(Luís Camiña-Xavi-Alberto-Chuma-Gelín)

RESULTADOS DO CAMPIONATO GALEGO BILLARDA 2012

A CONFERENCIA SALNÉS, a alcumada CONSAL, a máis nova de todas, obtivo uns resultados que se lembrarán xa para sempre, pois vai ser difícil igualalos e moi difícil superalos.
Na categoría INDIVIDUAL ABSOLUTA, Xan Rodiño (BATEAS) conseguíu o Subcampionato. 
Na categoría INDIVIDUAL FEMININA, Lu (CORREDOIRAS) logrou proclamarse Campioa Galega, Elena González (BATEAS) chegou ata o 3º posto e Cheli (CORREDOIRAS) quedouse co 4º posto.
Na categoría EQUIPOS, revalidou o título conseguido no 2011, BATEAS, e A ESMORGA que participaba por vez primeira entrou nos postos de honor alcanzando o 4º lugar, despois dun desempate polo 3º posto.
Na categoría VARADOS, Xan Rodiño (BATEAS) é o Campión Galego.

Ademais destes xogadores e xogadoras que alcanzaron o podio, debemos destacar a actuación da maioría dos/das representantes da nosa conferencia. Así, na categoría individual absoluta,
Luís (BATEAS) chegou a cuartos de final.  

Alberto (A ESMORGA), Cristian (BATEAS), Gelín (A ESMORGA) e Xoro (Xo Rodiño-BATEAS) chegaron a oitavos de final.  

Jandro (PORTONOVO), Elena (BATEAS), Luís Camiña (A ESMORGA) e Chuma (A ESMORGA), chegaron a dezaseisavos de final.

Ou sexa, tivemos a 9  dos/das 12  representantes entre os 32 mellores palanadores e palanadoras galegos.

CLASIFICADOS/AS PARA PARTICIPAR NO CAMPIONATO GALEGO BILLARDA 2012

CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA
 1-XAN (BAT)
2-XORO (BAT)
3-BALEA (BAT)
4-LUÍS CAMIÑA (AES)
5-GELÍN (AES)
6-IVÁN (BAT)
7-CHUMA (AES)
8-ALBERTO (AES)
9-ELENA (BAT)
10-LUÍS GONZALEZ (BAT)
11-ÁNGEL (AND)
12-ÁNDRÉS

CATEGORÍA FEMININA
1-ELENA (BAT)
2-LU (COR)
3-CHELI (COR)
4-LUCÍA (AND)
5-MAICA (BAT)

VARADOS
XAN
LUÍS
XORO
IVAN-CRISTIAN-LUÍS CAMIÑA (Están empatados. Desempatarán os 3 en Conxo por 2 prazas)


Estas listas son as oficiais da CONSAL. Son susceptibles de modificacións ante os casos de non asistencia de algún/ha dos/das clasificados/as. Nestes casos o dereito a participar pasará ao/á seguinte clasificado/a e así sucesivamente.

12 XORNADA

AQUÍ APARECEN OS PREMIADOS E PREMIADAS NAS DIFERENTES CATEGORÍAS

 Esta última xornada foi a de maior participación 48. 
O 1º clasificado foi BALEA
A 1ª clasificada foi GENI



 
LU



BALEA


ANA


GENI


CAROLO


REYES

REPRESENTACIÓN PARA O CAMPIONATO GALEGO BILLARDA 2012

CATEGORÍA INDIVIDUAL

1-XAN (BAT)
2-XORO (BAT)
3-BALEA (BAT)
4-LUÍS CAMIÑA (AES)
5-GELÍN (AES)
6-IVÁN (BAT)
7-CHUMA (AES)
8-ALBERTO (AES)
9-ELENA (BAT)
10-LUÍS GONZÁLEZ (BAT)
11-ÁNGEL (AND)
12-ANDRÉS (FUR)

CATEGORÍA DE EQUIPOS

BATEAS
A ESMORGA



CATEGORÍA FEMININA

1-ELENA
2-LU
3-CHELI
4-LUCÍA
5-MAICA




CATEGORÍA VARADOS

XAN 
LUÍS
XORO
IVÁN?
CRISTIAN?
LUÍS CAMIÑ?

METEOROLOXÍA LNB

Segundo as prediccións meteorolóxicas o domingo á tarde en Dena vai chover, entón temos previsto unha pista alternativa baixo teito para xogar.



O PAVILLÓN de Xil. 


Para chegar a el, coller estrada a Xil e preguntar polo pavillón, queda preto da igrexa grande de Xil.

11ª xornada CONSAL en MEIS

BALEA 



Celebrada a penúltima xornada da CONSAL as clasificacións están moi interesantes en varias das categorías.
Primeiro clasificado da xornada foi BALEA, que lle ganou a BASILIO nun golpe de desempate, pois remataron a segunda fase empatados a puntos.
Tamén levaron premio:
Elena 1ª muller
Raquel 2ª muller
Begoña 3ª muller
Hugo 1º grupo 2
Carmela 1ª grupo 3
Rodrigo 1º grupo 4. 

Na última xornada o domingo 20 maio, en Dena, entregaremos os premios finais. Na categoría individual hai 4 palanadores para ocupar 3 postos con opción a trofeo. Así, a primeira e segunda praza está entre os 2 Rodiño, Xan ten unha avantaxe de 13 puntos sobre Xoro. Para a 3ª praza do podium a loita será entre Luís e Balea. Luís está só 5 puntos por diante de Balea, que co triunfo nesta 11ª xornada métese na disputa do 3 chanzo do podium.
Na categoría feminina o 1º posto está decidido a favor de Elena. Onde realmente haberá interese é para ocupar as prazas 2ª e 3ª. De momento 2ª está Raquel con 289 pts e 3ª Maica con 291, pero as seguintes clasificadas están con 293 (Cheli), 294 (Carmela), 295 (Rebeca), 296 (Lucía e Lu), incluso con 300, Chefa aínda ten posibilidades. En definitiva, está que arde.
Na categoría infantil tamén se apreta nos primeiros postos, pois a ausencia de Xavi a esta xornada fixo que Rodrigo se lle acerque a 4 puntos de distancia. Entón, na última xornada Xavi debe defender eses 4 puntos para ser campión infantil.
Na categoría de equipos, o 1º posto está decidido para BATEAS e o 2º para A ESMORGA. Estes serán os equipos que nos representarán na Final Galega de Billarda 2012, do 27 de maio en Compostela. A 3ª praza está agora en mans de O PINO, cunha avantaxe de 24 puntos sobre CORREDOIRAS. Polo tanto, decidirase tamén na última xornada en Dena o último lugar do podium.

De todos os xeitos, tamén faltan por decidir os 12 clasificados na categoría individual que participarán no Campionato Galego de Billarda 2012. Os 8 primeiros postos están practicamente decididos. Pero non teñen aínda asegurada matematicamente a súa praza os 4 postos restantes. De momento a situación está máis favorable para Alberto 173 ptos-9º, Cristian 175 ptos-10º, Elena 195 ptos-11º,Carolo 195 ptos-12º, que ocuparian praza para a Final. Mais, tendo en conta que Toño está mellor clasificado na CONCEN,(de momento, pois aínda falta unha xornada e podería darse o caso que  Toño que vai 5º na CONCEN pasase ao 9º posto despois desta última xornada); Luís está mellor clasificado na CONSUR, e Cristian está mellor clasificado na CONSUR, quedarían 3 prazas máis. Ou sexa, ata o clasificado no posto 15 entraría para acudir á Final Galega. A situación é a seguinte 13º-Chuma 196 ptos, 14º-Luís Agraso 216, 15º-Luís González 216, 16º-Ángel 233. En conclusión, apurade as opcións porque están no aire se se clasificarán ata o 15-16 ou 17.

Na categoría feminina, a clasificación para o Campionato Galego está emocionantísimo, pois para 6 prazas de momento só hai unha decidida que é a de Elena, as demais deberán conseguilo na última xornada e quen sabe se no último golpe. Entre Raquel 2ª e Chefa 9ª soamente 11 ptos de diferencia.