BALEA
Celebrada a penúltima xornada da CONSAL as clasificacións están moi interesantes en varias das categorías.
Primeiro clasificado da xornada foi BALEA, que lle ganou a BASILIO nun golpe de desempate, pois remataron a segunda fase empatados a puntos.
Tamén levaron premio:
Elena 1ª muller
Raquel 2ª muller
Begoña 3ª muller
Hugo 1º grupo 2
Carmela 1ª grupo 3
Rodrigo 1º grupo 4.
Na última xornada o domingo 20 maio, en Dena, entregaremos os premios finais. Na categoría individual hai 4 palanadores para ocupar 3 postos con opción a trofeo. Así, a primeira e segunda praza está entre os 2 Rodiño, Xan ten unha avantaxe de 13 puntos sobre Xoro. Para a 3ª praza do podium a loita será entre Luís e Balea. Luís está só 5 puntos por diante de Balea, que co triunfo nesta 11ª xornada métese na disputa do 3 chanzo do podium.
Na categoría feminina o 1º posto está decidido a favor de Elena. Onde realmente haberá interese é para ocupar as prazas 2ª e 3ª. De momento 2ª está Raquel con 289 pts e 3ª Maica con 291, pero as seguintes clasificadas están con 293 (Cheli), 294 (Carmela), 295 (Rebeca), 296 (Lucía e Lu), incluso con 300, Chefa aínda ten posibilidades. En definitiva, está que arde.
Na categoría infantil tamén se apreta nos primeiros postos, pois a ausencia de Xavi a esta xornada fixo que Rodrigo se lle acerque a 4 puntos de distancia. Entón, na última xornada Xavi debe defender eses 4 puntos para ser campión infantil.
Na categoría de equipos, o 1º posto está decidido para BATEAS e o 2º para A ESMORGA. Estes serán os equipos que nos representarán na Final Galega de Billarda 2012, do 27 de maio en Compostela. A 3ª praza está agora en mans de O PINO, cunha avantaxe de 24 puntos sobre CORREDOIRAS. Polo tanto, decidirase tamén na última xornada en Dena o último lugar do podium.
De todos os xeitos, tamén faltan por decidir os 12 clasificados na categoría individual que participarán no Campionato Galego de Billarda 2012. Os 8 primeiros postos están practicamente decididos. Pero non teñen aínda asegurada matematicamente a súa praza os 4 postos restantes. De momento a situación está máis favorable para Alberto 173 ptos-9º, Cristian 175 ptos-10º, Elena 195 ptos-11º,Carolo 195 ptos-12º, que ocuparian praza para a Final. Mais, tendo en conta que Toño está mellor clasificado na CONCEN,(de momento, pois aínda falta unha xornada e podería darse o caso que Toño que vai 5º na CONCEN pasase ao 9º posto despois desta última xornada); Luís está mellor clasificado na CONSUR, e Cristian está mellor clasificado na CONSUR, quedarían 3 prazas máis. Ou sexa, ata o clasificado no posto 15 entraría para acudir á Final Galega. A situación é a seguinte 13º-Chuma 196 ptos, 14º-Luís Agraso 216, 15º-Luís González 216, 16º-Ángel 233. En conclusión, apurade as opcións porque están no aire se se clasificarán ata o 15-16 ou 17.
Na categoría feminina, a clasificación para o Campionato Galego está emocionantísimo, pois para 6 prazas de momento só hai unha decidida que é a de Elena, as demais deberán conseguilo na última xornada e quen sabe se no último golpe. Entre Raquel 2ª e Chefa 9ª soamente 11 ptos de diferencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario