billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CRÓNICA GRÁFICA DA 7ª XORNADA

ELENA (BATEAS)



OUTEIRO e CHEFA (CORREDOIRAS)



LOLO (DORRÓN)




ARES (ANDARELA)




TULA



PÚBLICO E PARTICIPANTES



LOLO (DORRÓN)

De esquerda a dereita BENITO (BORDÓNS), LUÍS AGRASO (ESMORGA), cabeza de ANA TACÓN (A ESMORGA), CRISTINA, BALEA (BATEAS), PABLO (ANDARELA), ELENA (BATEAS) e ELVIS



PEPE (DORRÓN)

De esquerda a dereita REBECA (DORRÓN), XORO (BATEAS), IVÁN (BATEAS, campion galego 2011) e XOSÉ MIGUEL BLECU, campión olímpico, 2011)



CRISTINA (DORRÓN, fichaxe estrela da franquicia de Sanxenxo)

DENA 7ª xornada CONSAL

Estando o mar calmo, as chalanas amarradas e a brisa da mañá recén levantada, empezaron a chegar a OS PASALES palanadores e palanadoras de varios concellos da comarca e de fóra da comarca. Concretamente, houbo persoas de MARÍN, BUEU, MOAÑA, MOS, MEAÑO e SANXENXO. En total, 32 participantes. Foi unha xornada caracterizada polo nordés que axudou a que a madeira das billardas estivese a unha temperatura ideal para a competición.

Un reporteiro gráfico do DIARIO DE PONTEVEDRA estivo realizando unha reportaxe fotográfica. Cando saian as fotos no xornal avisaremos.

O concello de Meaño entregou varios agasallos entre os participantes. Ao mesmo tempo houbo polo menos 10 espectadores (persoas que se desprazaron unicamente para mirar a xornada, como se dun encontro deportivo se tratase... que diso se trata, precisamente).

Os resultados podedes consultalos na sección correspondente. Mais, un dato a destacar é que 7 persoas: LOLO, ANA TACÓN, ARES, PABLO, FERNANDO, CRISTINA e PEPE, incorporáronse por vez primeira á nosa conferencia e os 5 primeiros debutaron na LNB. Si, 5 novos practicantes, e xa somos 299 en toda Galicia. 67 mulleres e 232 homes que levan o son da madeira por moitos concellos do noso país. Aínda que sexa un deporte minoritario e non apareza nos medios de comunicación tanto como sería o desexable para acercalo aos máis novos, aquí seguimos estes tolos e tolas da billarda. Debemos valorar a misión que temos por diante de transmisión dun saber ancestral: o xogo da billarda. Adiante e grazas a todas e todos por facernos as mañás dalgúns domingos divertidas e alegres.

CALENDARIO

Xa temos as próximas xornadas da CONSAL programadas. En Poio será o 18 de marzo e en Sanxenxo o 8 de abril. Deste xeito, os equipos poden planificar a longo prazo o programa de adestramentos.

O SALNÉS VIBRA CO SON DAS BILLARDAS




Este é o lugar elexido polo destino para que quede na memoria da CONSAL.
A expansión da billarda pola comarca do SALNÉS xa é imparable. MEAÑO. E despois virá O GROVE. E despois...

7ª xornada MEAÑO (Dena)

Ola compañeiras e compañeiros da CONSAL.

Xa temos confirmado o lugar o día e a hora da 7ª xornada. E será no concello de MEAÑO na parroquia de Dena. Estamos avanzando cara a unha das metas que ten a nosa conferencia, e que o seu nome indica claramente: SALNÉS.
É certo que Sanxenxo será, xa para sempre, o concello orixe deste soño, mais na Comarca hai outros concellos. Meaño é o primeiro paso para difundir estra práctica deportiva por toda a Comarca do Salnés. E nós somos os elexidos, as elexidas.

O día 12 de febreiro, ás 11h., na área recreativa dos Pasales (Dena). 7ª xornada CONSAL.

Estamos xa elaborando un vídeo sobre a pista de xogo.


Ver mapa más grande

MÁIS IMAXES DA 6ª XORNADA

Luís Camiña (A ESMORGA)























Lucía (ANDARELA)





6ª XORNADA EN IMAXES (PORTONOVO)

Aquí temos xa algunhas imaxes do domingo 8 xaneiro en Portonovo (O Espiñeiro). Van chegando pouco a pouco. Iremos publicando máis durante esta semana.



Ángel (ANDARELA)











Chuma (A ESMORGA) Alberto (A ESMORGA) Carolo (CORREDOIRAS)






6ª XORNADA- PORTONOVO 8 XANEIRO 2012

Celebrouse a 6ª xornada da CONSAL. Os resultados podedes consultalos na sección de clasificación 2011-2012.
A xente foi chegando máis ou menos puntual. Desta vez o sorteo fixémolo a través dun programa informático. Ao non ter toma de corrente eléctrica na pista tivemos que conectar o ordenador nun coche. Como na maioría das primeiras veces encontrámonos con algunha dificultade que retrasou o comezo da xornada. O programa contén as variables: nº de participantes, nº de grupos, nº participantes por grupo. Unha vez que introduces os nomes dos e das participantes o programa vaichos colocando aleatoriamente nun dos grupos. Eramos 34 nun principio. Así fixemos o sorteo. Finalmente participamos 33, pois Ana tivo que atender ao seu can. Este animal tiña o instinto cazador e cada billarda que se lanzaba ía a por ela e agarrábaa cos dentes. Entón, ela quedouse acompañándoo no seu cautiverio.
Moitas persoas poden lembrar aínda o acontecido noutra pista da LNB con "pinto" (can de Flores) e Ginés.
Empezamos ás 11:30 e rematamos ás 13:45. A mañá estivo soleada. Tivemos a presenza de palanadores e palanadoras que viñeron desde Ribadeo, O Pino e Bueu. Ou sexa, tivemos a participación de dúas campioas galegas de billarda, Geni 2009 e Carmela 2010, do campión galego 2011, Iván (BAT), e do subcampión 2010, Basilio, do campión galego de varados 2011 Daniel (BIL). Ademais de varios campións de conferencia.
E tamén, moi importante, dúas persoas xogaron por primeira vez na LNB, Neves e Carmelo (Corredoiras. Bueu).
O ganador absoluto foi Basilio (OPI), na categoría feminina foi Geni (ROT), no grupo do 9º-16º levou un agasallo Franco (ROT), no grupo do 17º-24 levou agasallo Carolo (COR), no grupo do 25-33, levou premio Cristian (BAT), na categoría infantil feminina levou premio Xeila (OPI), e na categoría infantil masculina o premiado foi Adrián (AES).
En definitiva, o noso nivel aumentará a medida que nos enfrontamos con palanadores e palanadoras da elite galega. Por isto, damos as grazas a todos e todas as que vindes de máis lonxe e así contribuídes a que a nosa xente se encariñe por este deporte.
E aos nosos e ás nosas, ánimo! A seguir practicando e a difundir este maravilloso deporte.
Grazas á Jandro (Presidente da Asociación Amigos da Dorna PORTONOVO) pola organización da xornada e polos premios.

A única derrota que coñezo chámase non poder xogar.


Por favor, enviádenos as fotos que sacastes.