billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

6ª XORNADA- PORTONOVO 8 XANEIRO 2012

Celebrouse a 6ª xornada da CONSAL. Os resultados podedes consultalos na sección de clasificación 2011-2012.
A xente foi chegando máis ou menos puntual. Desta vez o sorteo fixémolo a través dun programa informático. Ao non ter toma de corrente eléctrica na pista tivemos que conectar o ordenador nun coche. Como na maioría das primeiras veces encontrámonos con algunha dificultade que retrasou o comezo da xornada. O programa contén as variables: nº de participantes, nº de grupos, nº participantes por grupo. Unha vez que introduces os nomes dos e das participantes o programa vaichos colocando aleatoriamente nun dos grupos. Eramos 34 nun principio. Así fixemos o sorteo. Finalmente participamos 33, pois Ana tivo que atender ao seu can. Este animal tiña o instinto cazador e cada billarda que se lanzaba ía a por ela e agarrábaa cos dentes. Entón, ela quedouse acompañándoo no seu cautiverio.
Moitas persoas poden lembrar aínda o acontecido noutra pista da LNB con "pinto" (can de Flores) e Ginés.
Empezamos ás 11:30 e rematamos ás 13:45. A mañá estivo soleada. Tivemos a presenza de palanadores e palanadoras que viñeron desde Ribadeo, O Pino e Bueu. Ou sexa, tivemos a participación de dúas campioas galegas de billarda, Geni 2009 e Carmela 2010, do campión galego 2011, Iván (BAT), e do subcampión 2010, Basilio, do campión galego de varados 2011 Daniel (BIL). Ademais de varios campións de conferencia.
E tamén, moi importante, dúas persoas xogaron por primeira vez na LNB, Neves e Carmelo (Corredoiras. Bueu).
O ganador absoluto foi Basilio (OPI), na categoría feminina foi Geni (ROT), no grupo do 9º-16º levou un agasallo Franco (ROT), no grupo do 17º-24 levou agasallo Carolo (COR), no grupo do 25-33, levou premio Cristian (BAT), na categoría infantil feminina levou premio Xeila (OPI), e na categoría infantil masculina o premiado foi Adrián (AES).
En definitiva, o noso nivel aumentará a medida que nos enfrontamos con palanadores e palanadoras da elite galega. Por isto, damos as grazas a todos e todas as que vindes de máis lonxe e así contribuídes a que a nosa xente se encariñe por este deporte.
E aos nosos e ás nosas, ánimo! A seguir practicando e a difundir este maravilloso deporte.
Grazas á Jandro (Presidente da Asociación Amigos da Dorna PORTONOVO) pola organización da xornada e polos premios.

A única derrota que coñezo chámase non poder xogar.


Por favor, enviádenos as fotos que sacastes.

3 comentarios:

  1. Decídelle aos que marcan o campo que o sol sae polo Leste e métese polo Oeste, e sempre facendo o seu percorrido polo Sur da nosa situación xeográfica. O polo de xeo, poño eu.
    Estades facendo ricos aos oculistas.
    Na próxima levarei unha pantalla de soldar.

    ResponderEliminar
  2. Que me olvidaba. Luis Camiña e Luis Agraso desempataron para os postos 12/13 ou 11/12?
    Grazas

    ResponderEliminar
  3. O desempate en Luísagra e Luísca foi polos postos 12 e 13, segundo aparece nas actas.
    Certamente, a orientación da pista de xogo non foi o máis axeitada para a visión dos participantes, mais tomouse esa decisión xa que na outra dirección as billardas caerían nas instalacións do colexio, que estaban cerradas.
    De todos os xeitos, para unha futura ocasión teremos a disposición dos participantes uns parasoles individuais, ou calquera outro invento para evitar o deslumbramento.

    ResponderEliminar