billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

XORNADA 10







         Sen ningunha dúbida, a xornada de Vigo demostra que a participación da muller nesta competición deportiva está conseguindo que a billarda faga honor ao seu xénero gramatical e sexa territorio feminino. Houbo 38 mulleres xogando na pista de Teis, algo sensacional e nunca antes visto no territorio LNB. A media de participación nestas primeiras 10 xornadas está en 31 xogadoras. 
1ª 2ª 3ª 4ª 5ª 6ª 7ª 8ª 9ª 10ª
33 24 29 33 31 29 26 32 32 38

       Pola súa beira, a participación na categoría infantil foi de 18 nen@s. Outro dos alicerces sobre os que se está construíndo o futuro da Billarda é a transmisión deste marabilloso xogo a nenas e nenos nacidos no século XXI. Na xornada de Teis, Hugo, de Corredoiras, quen aprendeu a xogar da man de Salva e, aínda non tivera ocasión de participar nunha xornada de liga, foi elixido neno da xornada pola estética do seu golpeo. Contemplade senón a foto de abaixo.
HUGO Corredoiras-Bueu


AINHOA Armadiña-Poio

ANA Gharaboto-Marín

BEGO Corredoiras-Bueu

INÉS Gharaboto-Marín

PURI Valpaços Terra Quente-Vigo

YUDANI Corredoiras-Bueu

YOLI Valpaços Terra Quente


TANIA Valpaços Terra Quente

ROSANA Armadiña-Poio

ÁNGEL ESPERÓN Lúa de Forza-Sanxenxo

ALEXIS Armadiña-Poio

       Evidentemente, para que estas nenas e nenos poidan xogar á billarda na LNB teñen que contar coa colaboración das persoas que viven con eles e teñen máis idade, por norma xeral. Estas persoas deben adquirir o compromiso de acompañalos a cada xornada de liga, chova, haxa frío ou vaia vento. En definitiva, pais, nais, avós, avoas, grazas por contribuír a recuperar parte da nosa cultura deportiva e ofrecerlla ás novas xeracións. 

10ª xornada Teis-VIGO


       A décima xornada inicia o traxecto definitivo cara á Final Nacional LNB 2018. Na categoría Individual Absoluta a última praza de Finalista está con 89 ptos (Carolo). Pensamos que calquera que estea a unha distancia de menos de 30 ptos pode alzarse ata as posicións de honor, pois quedan por diante 9 xornadas. En canto ao título, e aplicando o mesmo criterio, diremos que o reto de ser campión/oa 2018 está nas mans de 4 palanadores e unha palanadora. Sairá o ganador da Conferencia de entre Luís Pirucha, Salva, Bego, Ricar e Xan Rodiño. Aínda que sempre deixamos aberta a porta do imprevisible que é ás veces o xogo da billarda. Así, tanto Che, Ricardo Lois, Manolo Fariña, Daniel e Juanma son a segunda unidade de palanadores con potencial para acercarse perigosamente ao podio. Os demais cremos que están demasiado lonxe e deben asegurarse os seus postos de finalistas. 

1 XAN RODIÑO LÚA 187
2 RICAR COR 166
3 BEGO COR 165
4 SALVA COR 165
5 LUÍS PIRUCHA GHA 159
6 CHE RIN 152
7 RICARDO LOIS LAX 150
8 MANOLO FARIÑA GHA 147
9 DANIEL RIN 142
10 JUANMA INF LÚA 140
11 LUÍS GON GHA 128
12 LUÍS CAMIÑA GHA 126
13 ÁLVARO GHA 126
14 FARI COR 115
15 ALBERTE RIN 113
16 LITO COR 107
17 MANU ARM 105
18 CHO ARM 105
19 LU LÚA 99
20 MARTÍN LAX 99
21 RIAL ARM 98
22 CHICHÍ LAX 94
23 CAROLO LÚA 89
24 SUSO GHA 87
25 GERARDO TORRES LAX 85
26 JM CAMIÑA LÚA 85
27 SALGUE VAL 85
28 CRIS RIN 82
29 CHEFA COR 82
30 CHARRI COR 81
31 TAXEIRO VAL 81
32 CHICHO LÚA 79
33 ADRIANA INF VAL 78
34 PEQUE ARM 77
35 GELÍN GHA 72
36 OSCAR INF ARM 69
37 PESE COR 68
38 PAPI ARM 65
39 MANOLITO LÚA 65
40 ELENA GHA 63
41 ÁLVARO PAI GHA 63
42 OUTEIRO COR 62
43 ELENA ARM 62
44 FRAN VAL 62
45 MARGA GHA 60


        Na categoría Feminina, en canto ao título, diagnosticamos que Bego farase de novo co título. As prazas de podio restantes serán loitadas por Lu, Chefa (Campioa Nacional 2017) e Adriana. As dúas Elena e Marga están algo lonxe como para pensar que poidan alcanzar o podio. As prazas de Finalista Nacional LNB 2018, coma tantas veces, entrañarán unha competición emocionante, pois Belmira con 47 ptos marca o límite, pero por detrás están Inés, Tania, Lita, Cheli, Ana, Vanessa, Yudani e Casilda. Ou sexa, grandes palanadoras con recursos suficientes para subir ata esas posicións tan codiciadas. 



FEMININA EQU TOT
1 BEGO COR 165
2 LU LÚA 99
3 CHEFA COR 82
4 ADRIANA INF VAL 78
5 ELENA GHA 63
6 ELENA ARM 62
7 MARGA GHA 60
8 MARISA LÚA 54
9 ZAIRA VAL 53
10 YAIZA INF VAL 53
11 MÓNICA GHA 48
12 BELMIRA VAL 47
13 INÉS GHA 42
14 TANIA VAL 38
15 LITA LAX 37
16 CHELI GHA 30
17 ANA GHA 28
18 VANESSA GHA 26
19 YUDANI COR 24
20 CASILDA GHA 24

       Na categoría de Equipos, a clasificación está claramente fracturada en tres zonas. A primeira marcaría as prazas de Final Nacional e de podio da Conferencia. Esta zona, despois da última xornada, estirouse bastante, ata o punto de que Corredoiras xa se marchou con descaro para facerse outro ano co título. Gharaboto quere aguantar o empuxe do equipo de Bueu, mais non pode. E Lúa de Forza ten dabondo con manter a última praza de Finalista. Por detrás vén o grupo de catro equipos que xa se distanciaron demasiado do podio e buscan liderar esta zona media. Rinoceronte, Armadiña, Laxe de Rons e Valpaços Terra Quente forman a clase media da categoría. Finalmente, Andarela volverá a revalidar o Pechacancelas. 

Equipo
Total
CORREDOIRAS BUEU 724
GHARABOTO MARÍN 652
LÚA DE FORZA SANXENXO 620
RINOCERONTE PONTEVEDRA 519
ARMADIÑA POIO 504
LAXE DE RONS O GROVE 485
VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO 434
ANDARELA MEAÑO 64





        A categoría de Equipos Femininos, que se disputa por vez primeira esta temporada, si que está interesantisima. Semellaba que Valpaços partía como claro favorito para o título, pero tanto Corredoiras como Gharaboto estanllo poñendo complicado. O potencial destes tres equipos é extraordinario, pois concentran o 54% das mulleres da Conferencia e o 36% da LNB. Magnífica a implicación da muller neste deporte marabilloso. 


EQUIPOS FEMININOS
Total
VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO 279
CORREDOIRAS BUEU 270
GHARABOTO MARÍN 262
LÚA DE FORZA SANXENXO 155
ARMADIÑA POIO 124
LAXE DE RONS O GROVE 37
ANDARELA MEAÑO 8
RINOCERONTE PONTEVEDRA 5






Centro Cívico Municial de Teis-Vigo

MERCADO DE FICHAXES

       Antes de que se cerre o mercado de xaneiro os equipos das Rías Baixas están buscando xénero no mercado LNB. Deste xeito, Lúa de Forza, o equipo noutrora Campión Nacional, quere encontrar de novo o camiño do éxito. Acaba de facer oficial a fichaxe de 4 novos xogadores. Dous deles son históricos xogadores da Conferencia Centro, Iván López e Basilio López. Outros dous son figuras cinematográficas, pero que ocultaban un pasado de billarda. 
       O motivo deste investimento económico hai que encontralo nesta nova aparecida o 23 de decembro en www.crtvg.es: 
"Moitos veciños de Sanxenxo acudiron xa esta mañá á administración de lotaría para comprobar como poden cobrar o quinto premio que caeu na vila. Cada décimo premiado vale 6.000 euros e vendéronse case mil boletos neste concello."

9ª XORNADA 23 decembro





       A última xornada do 2017 vai ser nun lugar especial, vai ser no Estadio do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Este lugar é o berce dos máis destacados deportistas galegos e das máis destacadas deportistas galegas da elite mundial en varias disciplinas deportivas. Este acercamento ao alcouve, onde se forman os mitos do noso deporte, significará o paso definitivo para incorporar a billarda ao plan olímpico internacional?   Quen sabe?

        Utilizaranse de 6 campos de xogo, para dinamizar o xogo e evitar que a noite nos sorprenda xogando. A superficie é de herba natural. Daquela, ide preparando o material. Necesitarase apoio debaixo da billarda, excepto para as billardas modelo zoca, que debido á súa curvatura son propensas ao salto sen apoio debaixo. A única plataforma regulamentaria é unha billarda para poñer debaixo da outra coa que se xoga. Non se pode usar outro tipo de soporte para apoiar a billarda.