billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

2ª XORNADA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 21 setembro

A 2ª XORNADA DA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS, que organiza ZUME DE VIMBIA, xogarase na PRAZA DO MAR (SANXENXO). No calendario estaba previsto xogar en Bordóns, pero tendo en conta que alí só dispoñemos de dúas pistas de xogo e que o número de participantes podería ser moi elevado, fixemos as xestións co Concello de Sanxenxo para utilizar esta nova ubicación no centro da vila, ao lado do Real Clube Náutico. 

16:00 Inscrición. 
16:15 Sorteo.
16:30 Comezo.








1ª XORNADA O GROVE

PARTICIPACIÓN
103

MULLERES
27
HOMES
76




Nesta primeira xornada houbo a participación máis elevada da Conferencia Rías Baixas en toda a súa curta historia (este é o terceiro ano). Nun primeiro momento estaban inscritas 108 persoas, das cales xogaron finalmente 103, de aquí que non se igualara a marca histórica que conseguiu a Conferencia Sur na 2ª xornada da temporada 2009-2010, 108 participantes que supón o número máis elevado da historia da LNB. 



2ª-CHEFA (COR) 1ªBELMIRA (VAL) 3ªYUDANI (COR)

2º-MARTIÑO (COR) 1º-BORJA (BAS) 3º-ADRIAN (LÚA)

2º-XAN (LÚA) 1º-L.CAMIÑA (GHA) 3º-ALBINO (LÚA)

Na categoría feminina ocuparon o podio 3 representantes de equipos LNB, o mesmo que na categoría absoluta. Na infantil, en cambio, ocupou a primeira posición un rapaz do GROVE. Polo tanto, os primeiros líderes da clasificación son LUÍS CAMIÑA (GHARABOTO) na categoría absoluta, BELMIRA (VALPAÇOS TERRA QUENTE), na categoría feminina e na categoría infantil BORJA BÚA (BASTOS).
Non houbo ningún varado. 
Na categoría de equipos encabeza a clasificación LÚA DE FORZA.


TRIKI (CASILLEDÍN)

ÁLVARO (ZUME DE VIMBIA)

MARTIÑO (CORREDOIRAS)

YUDANI (CORREDOIRAS)

ANTÍA (GHARABOTO)





 

ORGANIZACIÓN DA COMPETICIÓN 2013-2014



Estas serán as figuras organizativas e o xeito de proceder para organizarnos nesta temporada 2013-2014. 
Está na etiqueta de organización da competición.






DELEGADO/A EQUIPO
Cada equipo terá un delegado ou delegada que terá as funcións de:
-entregar a listaxe de xogadores/as en cada xornada;
-colaborar na inscrición e no sorteo;
-formar parte do comité de competición;

XUÍZ/A DE CAMPO E VARAL
Cada equipo terá designadas unhas persoas que poderán arbitrar cando así sexa necesario. Os xuíces teñen por función:
-arbitrar as carreiras. Así, toda incidencia que suceda durante o desenvolvemento das carreiras será resolta polo xuíz de campo. A súa decisión será a válida. O xuíz de varal será consultado sempre que o xuíz de campo non teña clara a xogada. 
-cubrir as actas de puntuación.

INSCRICIÓN
O delegado ou delegada de equipo deberá presentar a listaxe de xogadores e xogadoras como moi tarde media hora antes de cada xornada. Tamén se podera inscribir a través de correo electrónico dirixido a ecobateas@gmail.com. A hora límite de anotarse por correo electrónico será as 12 h. do mesmo día de xogo.

SORTEO
O sorteo será 15 minutos antes da hora sinalada para o comezo da xornada. Calquera participante que se anote despois do comezo do sorteo entrará directamente aos grupos D da segunda fase.

COMITÉ DE COMPETICIÓN
Estará constituido por todos os delegados ou delegadas de equipo e terá como función resolver calquera reclamación que sexa presentada ou calquera outra circunstancia que estea fóra das competencias dos xuíces.

TAB CORVILLÓN 31 AGOSTO VÍDEO

1ª xornada sábado 7 setembro O GROVE




Xa está aquí o comezo da LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS. Será no GROVE.


Xa se poden consultar as actas e o sistema de puntuacións da temporada 2013-2014.

TAB fin de semana




Añadir leyend
VI ROMARÍA DE CHANS


HABERÁ XOGOS POPULARES DENDE AS 11 DA MAÑÁ: VINDE XOGAR DE MAÑÁ 

QUEDARVOS A COMER

POLA TARDE ABERTO DE BILLARDA!

ESPERÁMOSVOS!
 
 
 

SISTEMA E REGULAMENTO DE COMPETICIÓN 2013-2014



Xa se poden consultar o sistema de competición e máis o regulamento 2013-2014. O día 7 de setembro comeza a nova temporada. Falta un mes e 6 días. Será tempo suficiente para lelo e entendelo? 
 

Calquera dúbida que teñades facédenola chegar. Grazas.



TAB BORDÓNS 27 XULLO FOTOS





PARTICIPANTES 46

MULLERES 18
HOMES 28

INFANTIL 9


ABSOLUTA A 

1º SUSO
2º XAN
3º LUIS CAMIÑA

ABSOLUTA B

1º JM CAMIÑA
2º MOITAL
3º DANI

FEMININA A

1ª ELENA
2ª BEGOÑA
3ª MONICA

FEMININA B

1ª MARGA
2ª BELMIRA
3ª OLAIA

INFANTIL

1º JUANMA
2ª ADRIANA
3ª YUDANI


ADRIANA

CRIS

LITO

LUCIENE

MARGA

AKI

JUANMA

NEVES

SOFÍA

XAÍNZA