Estas serán as figuras organizativas e o xeito de proceder para organizarnos nesta temporada 2013-2014.
Está na etiqueta de organización da competición.
DELEGADO/A EQUIPO
Cada equipo terá un delegado ou delegada que terá as funcións de:
-entregar a listaxe de xogadores/as en cada xornada;
-colaborar na inscrición e no sorteo;
-formar parte do comité de competición;
XUÍZ/A DE CAMPO E VARAL
Cada equipo terá designadas unhas persoas que poderán arbitrar cando así sexa necesario. Os xuíces teñen por función:
-arbitrar
as carreiras. Así, toda incidencia que suceda durante o desenvolvemento
das carreiras será resolta polo xuíz de campo. A súa decisión será a
válida. O xuíz de varal será consultado sempre que o xuíz de campo non
teña clara a xogada.
-cubrir as actas de puntuación.
INSCRICIÓN
O
delegado ou delegada de equipo deberá presentar a listaxe de xogadores e
xogadoras como moi tarde media hora antes de cada xornada. Tamén se
podera inscribir a través de correo electrónico dirixido a
ecobateas@gmail.com. A hora límite de anotarse por correo electrónico
será as 12 h. do mesmo día de xogo.
SORTEO
O sorteo será 15 minutos antes da hora sinalada para o comezo da xornada. Calquera participante que se anote despois do comezo do sorteo entrará directamente aos grupos D da segunda fase.
COMITÉ DE COMPETICIÓN
Estará constituido por todos os delegados ou delegadas de equipo e terá como función resolver calquera reclamación que sexa presentada ou calquera outra circunstancia que estea fóra das competencias dos xuíces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario