billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

13 xornada POIO

PARTICIPACIÓN
62
 
 
MULLERES
18
 
HOMES
44



1º Clasificado OUTEIRO (COR)

1ª Clasificada BEGOÑA (COR)


1º Clasificado Infantil BRAIS (COR)

PODIO FEMININO 1ª-BEGOÑA (COR) 2ª-GENI (ROT) 3ª VANESSA (CAS)

PODIO INFANTIL 1º-BRAIS (COR) 2º-YUDANI (COR) 3º-IZAN (LUA)

PODIO ABSOLUTO 1º-OUTEIRO (COR) 2º-XAN (LUA) 3º-LUIS CAMIÑA (GHA)



1º Clasificado Local KAO (POI)



Unha xornada excelente de participación e de temperatura. Un novo equipo participou na nosa conferencia POIO, con 3 representantes, un dos cales entrou entre os 24 primeiros clasificados KAO.
 
Destacar a participación infantil, desta vez foron 11 os participantes, 3 nenas e 8 nenos. Fenomenal! Ao mesmo tempo, estes participantes están progresando na súa habilidade para xogar á BILLARDA. Desta vez, 1 participante desta categoría entrou entre os 24 primeiros Brais (CORREDOIRAS) 10º e 4 máis entraron a disputar os postos do 25 ao 40 Yudani (CORREDOIRAS), Izan (LUA DE FORZA) e Juanma (LUA DE FORZA).
 
Na categoría feminina salientar que por vez primeira entran 5 mulleres entre os 24 primeiros postos. Begoña (CORREDOIRAS) foi 7ª, Geni (ROTEIROS) 14ª, Vanessa (CASILLEDÍN) 17ª, Marga (GHARABOTO) 23ª e Noelia (ANDARELA) 24ª.
 
Na categoría absoluta dicir que OUTEIRO (CORREDOIRAS) consegue inscribir o seu nome na historia da LNB, como vencedor dunha xornada. FANTÁSTICO!
 

Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e pedir disculpas por algunhas pequenas confusións na confección dos grupos. Mais coa boa vontade de moitos e moitas iremos facendo as cousas dun xeito máis eficaz cada vez.
 
 
 
 

xornada 13 CONFERENCIA RÍAS BAIXAS


ATENCIÓN AOS EQUIPOS

Por favor, enviade a lista de XOGADORES/AS a ecobateas@gmail.com  
antes das 21 horas de venres 12 abril.



PARTICIPACION
60

MULLERES
21

HOMES
39




ELENA (GHA) 2ª LU (COR) 3ª NOELIA (AND)

FARIÑA (COR) 2º RICAR (COR) 3º PESCO (CAS)

BRAIS (COR) 2º RODRIGO (AND) 3º JUANMA (LUA) Uxía, Izan, Breixo, Ares, Andrea






VÍDEO SOBRE A BILLARDA

VIDEO REALIZADO POR TELENOITES.

Unha actividade que se desenvolve no programa NOITES ABERTAS 2013 do Concello de Pontevedra. De 1 minuto 10 segundos a 2 minutos 15 segundos imaxes sobre a billarda.





12ª XORNADA


A PRÓXIMA XORNADA DISPUTARÉMOLA EN TERRAS DO UMIA.


Se non chove xogaremos en terra, se chove en pavillón. Organiza o EB. CASILLEDÍN, que espera inscribir no Libro Calvete dos Records da LNB unha nova marca de franquicia co número maior de palanadores/as nunha xornada. De momento o record téñeno eles con 22 participantes na 5ª xornada (Adina).











11ª XORNADA

Houbo unha participación de 54 persoas, das cales eran homes 36 e mulleres 18. Foi unha xornada fabulosa, pois nin os chuvascos nin os refachos de vento furacanados poideron impedir que xogáramos con bo ánimo.
 
A salientar que desde que empezou a liga, a primeiros de setembro de 2012, xa xogamos 157 persoas. Entre elas 44 son mulleres e 113 homes. 29 dos participantes son menores de 14 anos.
 
Os equipos con peso nas clasificacións xerais son GHARABOTO e CORREDOIRAS. Estes equipos ademais aportan un número considerable de participantes 25 COR e 17 GHA. Non obstante, o equipo que aporta maior número de participantes, sendo o primeiro ano que xogan, son CASILLEDIN con 32 palanadores e palanadoras. FANTÁSTICO!
 
A maioría de palanadores e palanadoras acuden en roupa deportiva

NOELIA do EB ANDARELA

PACO do EB CASILLEDIN

A cor vermella de CASILLEDIN sobresía entre os participantes

So había un xeito de evitar a poza que había nun lado da pista: non caer nela.

Actas da 1ª fase

Actas da 2ª fase.

SARA do EB ANDARELA

Participación infantil: IZAN-DANI-JUANMA-BRAIS-YUDANI-ADRIANA-BREIXO
 
 
 
 
 
 
 
 

CAMPO DE XOGO 11ª XORNADA

XA ESTÁ CONFIRMADO O LUGAR DE XOGO DA 11ª XORNADA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS. 



SERÁ NO COLEXIO PÚBLICO INTEGRADO DE MOSTEIRO (MEIS). NUNHA PISTA EXTERIOR CUBERTA (MOI PRETO DA CASA DO CONCELLO).


POR FAVOR, PUNTUALIDADE. SORTEO ÁS 15:45. COMEZO DA XORNADA 16 HORAS.








TERREO DE XOGO

O PAVILLÓN  DE MEIS NON ESTÁ DISPOÑIBLE, ENTÓN ESTAMOS BUSCANDO UN LUGAR ALTERNATIVO E CUBERTO. 



O VENRES POLA MAÑÁ CONFIRMAREMOS O LUGAR. SENTIMOS O TRASTORNO QUE SUPÓN PARA OS ADESTRAMENTOS DOS EQUIPOS DE BILLARDA, NON TER XA ASEGURADO O TERREO DE XOGO.


PASOUSE DUNHA PISTA DE HERBA AO AIRE LIBRE, A UNHA ULTRARÁPIDA INDOOR, E FINALMENTE A UNHA... 






Por favor, enviade a lista de xogadores e xogadoras para a 11ª xornada en MEIS. GRAZAS






11ª xornada LNB Conferencia Rías Baixas





PREVISIÓNS DE CHOIVA PARA O SÁBADO 9 MARZO!



Entón, será moi bo para a herba do campo da Boca, pero non para as billardas. Polo tanto, estamos xestionando a utilización do pavillón de MOSTEIRO (MEIS). Cando teñamos a confirmación do Concello de Meis publicarémolo, ao tempo que o mapa para chegar alí.