billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

12ª XORNADA


A PRÓXIMA XORNADA DISPUTARÉMOLA EN TERRAS DO UMIA.


Se non chove xogaremos en terra, se chove en pavillón. Organiza o EB. CASILLEDÍN, que espera inscribir no Libro Calvete dos Records da LNB unha nova marca de franquicia co número maior de palanadores/as nunha xornada. De momento o record téñeno eles con 22 participantes na 5ª xornada (Adina).











14 comentarios:

  1. Isto é un escándalo. Non había límites de xogadores de 8 na liga?

    ResponderEliminar
  2. e iso donde esta escrito?
    os abertos son libres e pode xogar quen queira
    e o que non queira xogar que quede na casa

    ResponderEliminar
  3. O que habia era que saltarlle o turno ao que non esté atento. Que andar a buscar pola xente na neverita cansa.

    ResponderEliminar
  4. Onde está escrito? Nas normas de 3 conferencias. Menos na vosa, que sodes especialitos. Non levades nin un ano e xa queredes mandar

    ResponderEliminar
  5. "Os equipos contarán cun mínimo de 4 xogadores e un máximo de 8."

    ResponderEliminar
  6. Vexo moito amigo de gobernar na casa dos demais..e moito burro que pensa que as xornadas van ir mais axiles con equipos pequenos, como se foramos menos xogadoores asi....e tamen vexo moito envidioso da nevera.... tranquilos amigos, nos convidamosvos a unha cerveciña cando queirades que nos temos educación e non lle negamos nada a uns bos amigos....Enrique Oubiña

    ResponderEliminar
  7. Por certo.Non deberiades preguntarvos como somos tantos no Casilledin,eso debese a un forte traballo de promoción da billarda....preguntadevos en todo caso como é que vos sodes tan poucos.... Enrique Oubiña

    ResponderEliminar
  8. pa receme increible o que a qui estu lendo
    como sepode ter tanta envidia dunha xente que non anda amargada pola vida a diante coma outros , teriamos que aprender todos nos moito dos casilledin . angel.....

    ResponderEliminar
  9. Uf.. A min dame bastante igual o número de xogadores dos equipos. A cuestión é que como todo o mundo sabe (ou debería saber, no resto de conferencias si que existe un límite de xogadores.
    O que di Enrique non ten sentido. Moita da xente que estamos en varios dos diferentes equipos tamén podiamos estar xuntos nun único equipo simplemente porque nos levamos ben. Non lle vexo mérito a ter un equipo de 30 xogadores nunha liga onde o límite é de 8. Non sei quen vos deu a coñecer as normas, pero igual deberiades viaxar un pouco, como sempre digo, e xogar nas outras conferencias.
    Que haxa menos equipos, evidentemente non fai que se acabe antes. Non sei a que ven ese comentario. No meu equipo, Gharaboto, somos 8 en todas, menos nesta, que somos algúns máis. Pareceme ridículo que digas iso de que temos que preguntarnos por que somos tan poucos. A resposta é evidente. Somos poucos porque respetamos as normas. Non presumades de promoción, porque niso non nos superades.
    Luís

    ResponderEliminar
  10. luis fai reconto dos que sodes no e quipo por que eu conto 12 angel

    ResponderEliminar
  11. angel, fai un esforzo e le ben as cousas antes de responder "No meu equipo, Gharaboto, somos 8 en todas, MENOS ESTA, que somos algúns máis." Luís

    ResponderEliminar
  12. De entrada, aclarar que estou de acordo coa proposta que fixo Luís no facebook sobre a unificación de criterios. Penso qque sería positivo para a LNB que tódalas conferencias se guiaran polas mesmas normas.
    A partir de ahí, a cousa está en tratar de buscar o sistema máis axeitado chegando ó máximo nivel de entendemento posible, se o hai.
    A miña opinión ( persoal, non falo en representación de ninguén ) de neófito na materia, é que, se un dos principais obxetivos de todo isto é promover, difundir, recuperar, e dar valor a este xogo,pode resultar contraproducente a limitación de xogadores. Penso ademáis que, dado que se limita o número de xogadores por equipo, pero non indviduais, non vai ter influencia nin na duración das xornadas ( os participantes van ser os mesmos, só que non irán baixo as siglas dun grupo ), nin na clasificación por equipos ( puntúan sempre os 4 primeiros, con independencia do número total ), nin moito menos na clasificación individual ( se eu agora mesmo estou loitando por meterme entre os 12 primeiros, non é grazas ó número de palanadores que tén Casilledín )
    Por outra parte, sería moi doado sortear esa norma facendo un equipo A e B, como vexo que hai noutras conferencias, pero imaxinade que eu xogo no A e Patri no B, tócanos enfrontarnos pra metrenos entre os 12 primeiros, e, dado que eu estou no A, déixame gañar... ¿ Non vos parece unha adulteración da competición ?
    En fin, repito que son novo na materia e, polo atnto, estou aberto a calquera tipo de aclaración ou correción ó respeto, xa que aclaro que non me preocupei por ler óntegras as normas das 5 conferencias
    Un saúdo
    Manuel Abuín

    ResponderEliminar
  13. Deixarse gañar xa hai xogadores que o fan xogando no mesmo equipo, e por moito que disimulen, non somos parvos. Nótase. A cuestión é que non é o mesmo competir 10 contra 25, porque como dis ti, puntuan os 4 mellores, e eses 25 van ter máis posibilidades de ter xogadores que cheguen máis lonxe na xornada simplemente polo número.O número de xogadores vai orientado á final, onde só poden competir 6, polo que 8 sería un número con "suplentes"
    Alegrame saber que hai xente disposta a dialogar. E tamén me alegra saber que veñades tanta xente xogar. Pero entristecenme comentarios como o de Enrique, que están cheos de prepotencia ao dicir que o resto non sabemos promover. Aseguroche que fixen xogar á billarda o triple de xente, ou máis, dos que vindes xogar. E non teño absoulatemte nada contra vós. Xa sabedes que me levo ben con todos e sempre ando falando xon xente dos vosos. Luís

    ResponderEliminar
  14. Buenooo, un pouco de tranquilidade, que todos podemos ter a nosa opinión sen que nadie teña máis "pedigri" para opinar que os demais non??.

    Mira ti por onde eu que sempre pensei que a finalidade principal da LNB era achegar este maravilloso xogo a todos os lugares e canta máis xente xogando mellor, ademáis da "sana" competencia lóxica, pero secundaria, agora enterome de que molesta a multitude.

    Coido que os que levades certo tempo deberiades ter un pouco de paciencia con nós. Entender que somos un equipo novo, e tentamos levar a canta máis xente a xogar mellor, coa idea de que vaia quedando un grupo estable. Ademáis penso que non incumprimos ningunha das regras establecidas nesta conferencia ao principio non???

    Para o ano podemos valorar cousas, limite de persoas por equipo ou facer dúas divisións, unha para os profesionais e outra para que os que vamos a aprender, con equipos A e B, eu que sei, pero a ver que e o que ven a decirlle aos compañeiros que lles apetece vir xogar un día que non poden porque hai unhas normas que llo prohiben....
    Eu por exemplo defendo máis xogadores por equipo, porque non todos os sábados podo ir, entón se tivese que estar nun equipo de 8 persoas igual non me anoto porque lle fallaría moitas veces ao equipo e non estaría ben.... Non penso que limitar os xogadores sexa boa solución (ata no futbol profesional permiten tantos suplentes coma xogadores e facer fichaxes no medio da liga.....

    E sobre o da neverita.... en fin, eu que non vou nunca a nevera tamén me poden molestar certas actitudes de moitos xogadores, pero non ando a chamarlle a atención..., o outro día en Barrantes calei cando alguen me dixo que os que non lle apuntabamos andamos a "estorbar" polo campo e facerlle perder o tempo aos que ían "en serio". Prefiro pensar que cada equipo ten que organizarse e controlar aos seus, ademáis e cousa de rapaces, o que xa non me gustou tanto foi ver que algún maior do seu equipo encima lle ria as gracias cando se metia con algún compañeiro doutro equipo. Todos deberiamos ter un pouco de sentido eso sí, sen deixar de pasalo ben.... Ramón Mouriño do Casilledín evidentemente....

    ResponderEliminar