billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

A PARTICIPACIÓN FEMININA NA CONRIA

Xa xogaron na nosa conferencia 173 persoas, das cales son homes 124 e mulleres 49.  Outro dato importante e que destas persoas 25 son menores de 14 anos.
 
Fabuloso!
 
 
O porcentaxe de participación feminina está nun 28%.
 
 
Desde o aspecto competitivo dicir que o rasgo feminino mellorou o rendemento moitisimo. A temporada pasada ningunha muller conseguira entrar nos 3 primeiros postos en ningunha xornada de liga. Os resultados desta temporada indican que en 8 xornadas disputas e unha por finalizar (falta unha carreira), CHEFA (CORREDOIRAS) ganou 1 xornada, ELENA (GHARABOTO) quedou 3ª nunha xornada, e BEGOÑA (CORREDOIRAS) vai disputar os 3 primeiros postos na xornada 5ª (adiada ata o 16 febreiro-Bueu).
 
 

 

 
 
 
 
Ao mesmo tempo, na clasificación xeral absoluta ELENA ocupa a 5ª praza, cos mesmos puntos que o 4º clasificado, e ten serias opcións de título, pois está a tan só 41 ptos da primeira praza. CHEFA está no posto 14 e LU (CORREDOIRAS) no posto 17.
 
 




BEGOÑA (CORREDOIRAS)




ELENA (GHARABOTO)



LU (CORREDOIRAS)

 

Así queda a 5ª xornada para finalizala en BUEU 10ª xornada. 





9ª xornada

CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA 
1º POSTO- CHEFA (CORREDOIRAS)
2º POSTO- CHURRI (LÚA DE FORZA)
3º POSTO- LUIS GON (GHARABOTO)




  CATEGORÍA FEMININA
1º POSTO- CHEFA (CORREDOIRAS)
2º POSTO- LU (CORREDOIRAS)
3º POSTO- BELMIRA (VALPAÇOS)


CATEGORÍA INFANTIL
1º POSTO- SALVA (GHARABOTO)
2º POSTO- JUANMA (LÚA DE FORZA)
3º POSTO- YUDANI (CORREDOIRAS)





PARTICIPACIÓN 
65




65 PARTICIPANTES

1º-CHEFA (Corredoiras) 2º CHURRI (Lúa de Forza) 3º LUIS GON (Gharaboto)

Participantes na categoría infantil


CLASIFICACIÓNS ACTUALIZADAS A PARTIR DAS 20 HORAS DE HOXE LUNS

5ª xornada INACABADA




 
 
 
 
Estes son os emparellamentos que faltan por xogar.
 
 
 
 
 
 
 


9ª XORNADA

POR FAVOR, QUE CADA EQUIPO ENVIE A LISTAXE DE XOGADORES E XOGADORAS QUE VAN PRESENTAR EN MARÍN NA 9ª XORNADA. (ecobateas@gmail.com ata ás 21 h. do venres 18 xaneiro)







FELIZ ANO 2013!


Comeza a segunda volta da CONFERENCIA RÍAS BAIXAS. Os equipos reforzados no mercado de inverno xa pensan na proxima xornada para medir o seu potencial. 

O 26 de maio será o campionato galego. Disputarase o título nas categorías de EQUIPOS - INDIVIDUAL ABSOLUTA - FEMININA - VARADOS. Na nosa conferencia clasificaranse para disputar o título galego os 2 primeiros equipos clasificados, os 12 primeiros da clasificación individual, as 5 primeiras clasificadas na categoría feminina, e os 5 primeiros na categoría de varados.





A 9ª xornada de liga a celebrarse en Marín, será escenario tamén da finalización da 5ª xornada que quedou interrumpida.





EQUIPOS















Aquí temos a maior parte dos equipos que xogan na CONFERENCIA RÍAS BAIXAS. LNB. Fáltannos fotos de algún dos integrantes de CASILLEDÍN (son moitos de noso señor e de nosa señora).
Iván Casal (LÚA DE FORZA)

Santiago (VILALONGA)

Patricio (VILALONGA)

Adrián (A ESMORGA)

Yudani (CORREDOIRAS)

Juanma (LÚA DE FORZA)

Mario (LÚA DE FORZA)

Martiño (CORREDOIRAS)

Breixo (CASILLEDÍN)

Sara (ANDARELA)

Izan (LÚA DE FORZA




 Vemos as fotos dos participantes máis novos da nosa conferencia que xogaron na última xornada en Vilalonga. Absolutamente, si. Si hai relevo xeracional. Podemos estar seguros que este deporte madurará nos pavillóns e nos patios de recreo, nas pistas polideportivas e nos campos das festas. Xa está madurando, pois xa foron 149 persoas as que xogaron con nós nestas 7 xornadas de liga.

E sen descanso xa está aquí a 8ª xornada. O día 22 decembro no pavillón de Xil (Meaño).







A XORNADA 8ª XOGARASE NO PAVILLÓN DE XIL (MEAÑO)






Aquí vemos á campioa galega 2012, de costas. Con ela de fondo queremos informar que a participación feminina na LNB estase consolidando, e non só iso, senón que esta temporada o número de mulleres que participaron por vez primeira aumentou. Ademais das mulleres que levan xogando varios anos (Geni, Reyes, Elena, Lola, Lucía... Carmela, Begoña, Raquel... Leti, Marucha... ) e que son un referente para a billarda podemos afirmar que hai talentos que chegan con forza. Casos de Begoña (Corredoiras), Belmira, Noelia, Mónica, Casilda, Vanesa, Patricia, Tere...



Na categoría infantil que é o futuro deste deporte podemos confirmar a riqueza da raza galega nos talentos que chegan do Sur e do Norte do país. Un exempo vémolo en MARTIÑO o participante máis novo da LNB, que xoga en dúas conferencias: CONFERENCIA SUR e CONFERENCIA RÍAS BAIXAS. Este ano leva 3 participacións. Ademais, dicir que na xornada 3ª da conferencia SUR entrou a disputar as eliminatorias dos 24 primeiros postos. Podemos falar tamén de XIÁN, que participa na conferencia NORLESTE.


GOLPEO DE BILLARDA

1ª FASE 
NO CHAN
GOLPEO NA PUNTA DA BILLARDA

CHICHO LÚA DE FORZA



2ª FASE
NO AIRE
BRAZO EN POSICIÓN INICIAL DE GOLPEO
 
CHICHO LÚA DE FORZA


 3ª FASE
NO AIRE
IMPACTO NA BILLARDA
 
CHICHO LÚA DE FORZA



4ª FASE
NO AIRE
BRAZO EN POSICIÓN FINAL DE GOLPEO

CHICHO LÚA DE FORZA





1ª FASE
CAROLO CORREDOIRAS



 2ª FASE
CAROLO CORREDOIRAS



 3ª FASE
CAROLO CORREDOIRAS



 4ª FASE
CAROLO CORREDOIRAS