billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com
A XORNADA 8ª XOGARASE NO PAVILLÓN DE XIL (MEAÑO)






Aquí vemos á campioa galega 2012, de costas. Con ela de fondo queremos informar que a participación feminina na LNB estase consolidando, e non só iso, senón que esta temporada o número de mulleres que participaron por vez primeira aumentou. Ademais das mulleres que levan xogando varios anos (Geni, Reyes, Elena, Lola, Lucía... Carmela, Begoña, Raquel... Leti, Marucha... ) e que son un referente para a billarda podemos afirmar que hai talentos que chegan con forza. Casos de Begoña (Corredoiras), Belmira, Noelia, Mónica, Casilda, Vanesa, Patricia, Tere...



Na categoría infantil que é o futuro deste deporte podemos confirmar a riqueza da raza galega nos talentos que chegan do Sur e do Norte do país. Un exempo vémolo en MARTIÑO o participante máis novo da LNB, que xoga en dúas conferencias: CONFERENCIA SUR e CONFERENCIA RÍAS BAIXAS. Este ano leva 3 participacións. Ademais, dicir que na xornada 3ª da conferencia SUR entrou a disputar as eliminatorias dos 24 primeiros postos. Podemos falar tamén de XIÁN, que participa na conferencia NORLESTE.


Ningún comentario:

Publicar un comentario