CATEGORÍA EQUIPOS
Estes serán os tres equipos que representarán á Conferencia Rías Baixas no PLAY OFF LNB 2017 do vindeiro domingo 28 de maio en Compostela. Corredoiras, de Bueu dominou a competición desde a primeira xornada ata a última. Nunha competición regular onde suman 4 xogadores/as non ten rival. Agora veremos se mantén as mesmas prestacións no Play Off, onde suman 6 xogadores/as. Gharaboto, de Marín ten un potencial enorme nunha competición na que sumen xogadores/as como vai ser a Final de Compostela. Que ninguén desprece a forza dunha barba ben aseada! Lúa de Forza, de Sanxenxo, xa bastante fixo con conseguir o podio da Conferencia, pois ten un cadro de xogadores/as moi pequeno. Ao sumar 4 en cada xornada mantivo o tipo durante a liga, mais para que lle sumen 6 xogadores/as... vémolo case imposible. De todos os xeitos levaran a cor verda á terra do Castiñeiriño, metáfora dun cespede artificial que o campo do Atl Fátima gorenta.
CATEGORÍA ABSOLUTA
Na categoría absoluta a nosa Conferencia vai recuperar a Coroza que o ano pasado vestiu Chousa. Por que dicimos isto con tanta seguridade, pois ademais de polos argumentos técnico-tácticos, por unha cuestión de periodicidade estatística. Desde o ano 2008 o título tivo este comportamento:
2008-NOL
2009-SUR
2010-NOL
2011-SUR
2012-SUR
2013-NOL
2014-RÍAS
2015-RÍAS
2016-NOL
2017-RÍAS
Cremos que non hai equivocación posible nas cousas da cosmoloxía estatística. O norte nunca conseguiu dous títulos seguidos. Queda todo dito...
CATEGORÍA FEMININA
Na Categoría Feminina o nivel é tan elevado que non se nos pasa pola cabeza que o Título non veña para as Rías Baixas. Cremos que só hai dúas palanadoras que poden amezar a consecución deste Título como son Geni e Paula. Entón, todo vai depender de se o terreo de xogo está enchoupado ou non, porque en terreo seco non hai ninguén, entre as mulleres, que golpee a billarda tan forte como Bego. Lu, Elena e Adriana van ter as súas posibilidades, igual que Merche. Sería unha sorpresa que o nome da campioa non estivese entre os destas 7 mulleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario