Xa se percibe no ambiente que a liga chega ao seu final, pois as
decisións arbitrais empezan a discutirse con vehemencia. Varias
xogadas de dubidosa interpretación necesitaron da reunión do comité
de arbitraxe en medio da competición. Unha billarda que foi detida
polo cordel que marcaba a liña de entrada no varal, un golpe
efectuado por detrás do varal, un par de billardas golpearon nunha
das varas do varal rompendo a mesma, tres billardas que estaban a
unha distancia moi semellante da entrada do varal, despois do último
golpe, e houbo que usar o cordel laser para saber cales levaban os
puntos por proximidade. En definitiva, como cada golpe pode ser
decisivo e cada metro avanzado determinante, a LNB Rías Baixas está
implantando as últimas tecnoloxías para resolver calquera
conflicto. Deste xeito, ademais de estar domesticando, amansando e
desbravando o material humano que arbitrará no Play Off, está
implantando o vídeo arbitraxe na zona do varal.
Ninguén se fía e os centímetros poden ser decisivos, polo tanto, na última xornada de liga, o Concello de Bueu está valorando probar o vídeo arbitraxe como alternativa definitiva. |
Teñen asegurada a
participación no Play Off Nacional na Categoría Feminina 6
palanadoras que son 6 serias aspirantes ao Título Nacional. Destacar
como clara dominadora da Conferencia a Bego, que empezou
rendindo a un nivel alto, pero encontrouse cunha Lu moi
acertada e durante 6 xornadas a de Beluso estivo no máis alto, ata
que na sétima xornada Bego alcanzou o primeiro posto e con tres
resultados estratosféricos de más de 20 puntos xa se distanciou
definitivamente. Tanto Lu, Adriana, Elena, Tania
e Belmira teñen potencial suficiente como para partir entre o
grupo de candidatas ao Título Nacional.
BEGO | COR | 230 |
LU | COR | 177 |
ADRIANA INF | VAL | 156 |
ELENA | GHA | 131 |
TANIA | VAL | 107 |
BELMIRA | VAL | 105 |
Despois vén un grupo de
sete palanadoras separadas por tan só 4 puntos que deberán
esforzarse ata a última carreira da última xornada. Marga,
paseniño vai asegurando o billete para a cidade do Apóstolo. Mónica
e Lita deron un salto clasificatorio moi importante despois
desta 15 xornada. A xogadora de Gharaboto estivo lesionada durante 3
xornadas o que fixo que a vantaxe que tiña fora minguando ata estar
fóra das prazas clasificatorias para as finais. Non obstante, coa
puntuación conseguida na xornada dá un paso case decisivo de cara a
volver a Compostela outro ano máis. A palanadora do Grove, Lita,
estaba case sen opcións e ao sumar 9 puntos volve a ter esperanza.
De todos os xeitos ninguna delas nin Chefa, nin Casilda,
nin Marisa, nin Vanessa está segura de ter conseguida
a clasificación para o Play Off, xa que por detrás vén coma un
raio Zaira.
MARGA | GHA | 73 |
MÓNICA | GHA | 72 |
CHEFA | COR | 70 |
LITA | LAX | 70 |
CASILDA | GHA | 70 |
MARISA | LÚA | 70 |
VANESSA | GHA | 69 |
A xogadora en idade
xuvenil de Valpaços, Zaira, empezou a xogar na LNB esta
temporada e faltou a catro xornadas. Pois aínda así, realizou unha
progresión extraordinaria e ten a 5 puntos de distancia entrar nas
prazas que dan dereito a ir a Compostela ás finais nacionais. A
xogadora de Vigo, rinde igual en interior que en exterior e esta
cualidade fai dela unha rival de moita entidade. Veremos ata onde é
capaz de chegar na última xornada de Bueu. Inés xa ten máis
complicado a clasificación. A de Gharaboto está a 8 puntos. Así
mesmo, Cheli vaino ter inalcanzable. Mais e todo, deberán
intentar conseguir a mellor posición, xa que pode haber algunha
baixa de última hora entre as clasificadas.
ZAIRA | VAL | 64 |
INÉS | GHA | 61 |
CHELI | GHA | 58 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario