![]()  | 
| Zaira de Valpaços Terra Quente é unha firme realidade para estar no podio da Categoría Feminina. Esta xornada o seu estético golpeo non foi tan efectivo como outras veces. | 
![]()  | 
| Josiño, da Armadiña, xogou por vez primeira e xa apunta maneiras de palanador. | 
![]()  | 
| Moitos foron os espectadores que se quedaron a presenciar o espectáculo da LNB. | 
![]()  | 
| Diego de Armadiña volveu á competición, despois de non acudir ás dúas primeiras xornadas. Notóuselle a falta de adestramento. | 
![]()  | 
| María é outro produto da fábrica de Valpaços. Unha xogadora que empezou o ano pasado a golpear a billarda e que xa está no Top Dez da Categoría Feminina. Esta moza ten un brazo esquerdo fantástico. | 
![]()  | 
| Outro das perlas do equipo de Vigo é Samuel. Este neno vai ser un dos grandes da LNB se mantén ese carácter disciplinado e o espírito de esforzo e dedicación que ten actualmente. | 
![]()  | 
| Nerea é moi cativa, mais cando consiga divertirse xogando á billarda poderá demostrar que ten ADN Armadiña. | 
| O Xián chegará a dominar a LNB nun futuro de 10 anos. Non temos dúbida, xa que probén do berce billardeiro de Dorrón. Ademais, trae sangue guerreiro nas veas e unha carga xenética de 190 cm. | 
![]()  | 
| Ollo con Rial, quen non participou tanto na LNB como os seus compañeiros de Armadiña, pero que cada vez que o fai suma para o equipo. | 
![]()  | 
| Vemos a María e Irene atendendo ás instrucións que lles envía o grupo de asesoras de Valpaços, que nese momento estaba noutro lugar do campo seguindo o xogo de Taxeiro. | 
















Ningún comentario:
Publicar un comentario