A vitoria na categoría absoluta foi para Salgue, de Valpaços Terra Quente.
3º-CHE 1º-SALGUE 2º-RICAR |
Despois de sumar os puntos desta xornada 11 e faltando 5 xornadas, os xogadores e xogadoras xa están facendo contas para ver se conseguen os seus obxectivos. Para unhas poucas persoas o obxectivo é o título de Conferencia, para outras moitas conseguir estar entre as prazas que dan dereito a participar no PLAY OFF NACIONAL LNB 2017. Entón, todo fai indicar que o Título de Conferencia irá para un destes catro palanadores: Xan, Ricar, Che ou Salva.
O último posto de clasificación para o PLOFF saberase definitivamente a finais de abril, despois de saber as porcentaxes de participación a esa data distribuiranse as prazas que corresponden a cada Conferencia. O procedemento é moi simple: en cada Conferencia contaranse o número de xogador@s que xogaron a mitade de xornadas, polo menos, despois sumaranse todos estes xogadores e xogadoras e saberemos cantas persoas participaron en cada conferencia ao longo das xornadas disputadas. Sobre o total calcúlase a porcentaxe de participantes que corresponde a cada Conferencia. Daquela, a 12 de marzo 2017, á nosa conferencia correspóndenlle 24, pero este número pode variar a finais de abril. Entón, os que ocupan as prazas da 20 á 24 deberán esforzarse, xa que de momento están fóra destas prazas palanadoras e palanadores de moito nivel e prestixio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario