billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

4ª xornada CRÓNICA

Novo sistema de colocación dos xuíces de varal na Conferencia Rías Baixas
PARTICIPACIÓN
73

17 MULLERES
56 HOMES




CATEGORIA ABSOLUTAdo EQUIPO
1ºCHERINOCERONTEPONTEVEDRA
2ºXANLÚA DE FORZASANXENXO
3ºRICARCORREDOIRASBUEU
CATEGORÍA FEMININAdo EQUIPO
1ºLUCORREDOIRASBUEU
2ºVANESSAGHARABOTOMARÍN
3ªBEGOCORREDOIRASBUEU
CATEGORÍA INFANTILdo EQUIPO
1ºJUANMALÚA DE FORZASANXENXO
2ºMARTIÑOCORREDOIRASBUEU
3ºGENOCORREDOIRASBUEU
CATEGORÍA EQUIPOSdo EQUIPO
1ºGHARABOTOMARÍN
2ºLÚA DE FORZASANXENXO
3ºCORREDOIRASBUEU


Ademais dos resultados desta xornada queremos incidir que nesta 4ª xornada xogada en Marín, e por vez primeira nesta temporada baixo teito, na chegada á LNB nun novo equipo de billarda. 
ARMADIÑA (Combarro-Poio) estreouse con 4 participantes, que xa entraron na historia da LNB. Así, por fin o concello de Poio, un dos máis activos en canto ao fomento e á divulgación da Billarda, xa ten un equipo de billarda oficial. Con esta inclusión a nosa Conferencia queda con 9 equipos e completa unha figura xeométrica ininterrumpida na Ría de Pontevedra, que nos permite percorrer todos os concellos que limitan coa dita Ría encontrando polo menos un equipo de billarda en cada un deles. Deste xeito, podemos ver a cor azul e vermella da LNB ondeando desde a zona norte da Ría, no Grove, ata o límite sur en Bueu. Podemos nomear como territorio conquistado pola LNB a Ría de Pontevedra.
Laura de ARMADIÑA, no centro da imaxe
Ferro de ARMADIÑA enriba da cabeza de Albino Caneda.

Peque de ARMADIÑA, entre Lito e Charri

Outro dato de interese, a piques estivo de caer un record LNB, o de número de varados nunha xornada. O sábado fixéronse 40 varados, a un da marca mundial de 41 varados (5 abril 2014, 13ª xor CONFERENCIA RÍAS BAIXAS). 



Ningún comentario:

Publicar un comentario