billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

Análise 5ª XORNADA

CATEGORÍA ABSOLUTA


A herba da Illa de Arousa foi propicia para Luíses


   Na 5ª xornada houbo dous palanadores que saíron moi reforzados, pois foron os únicos que traspasaron a fronteira dos 20 ptos que foron do equipo Gharaboto. Luís, con 27 ptos, foi o ganador da xornada. e só Luís Camiña, segundo clasificado, estivo preto del con 23 ptos. O resto de xogadores e xogadoras non alcanzaron a cifra dos vinte puntos que é a marca á que hai que chegar se se quere loitar polo podio da Conferencia. Ao outro Luís, Rino, chegáronlle 17 ptos para ocupar o terceiro chanzo do podio. 

   Estes palanadores deron un salto moi importante na clasificación xeral. Deste xeito, Luís González accedeu ao Top Dez. Ocupa o sexto posto, mais a bastante distancia aínda dos lugares do podio. O seu obxectivo a comezo da temporada era disputarlle o título aos outros dous grandes favoritos, Ricar e Xan, pero os 5 ptos conseguidos na segunda xornada e os 11 da terceira fan que estea a 57 ptos da primeira posición. O que nos fai pensar que será “misión imposible” para o da Torre alcanzar un título que se lle resiste. Non debemos esquecer que Luís é un dos palanadores con mellor ranking LNB. Ten no seu haber 3 Títulos de Conferencia Sur, así como 6 títulos na categoría de Varados, ademais de ser o primeiro en número de Varados na historia da LNB e o terceiro en número de Xornadas LNB ganadas. Sen esquecer os seus 2 Títulos Nacionais na categoría de Equipos. Pois a pesar deste brillante historial nunca foi quen de ganar a súa Conferencia natural. Estivo moi cerca dúas veces nas que conseguiu o subcampionato.

   Luís Camiña conseguiu nas últimas xornadas 44 ptos, ou sexa unha media de 22, o que o sitúa xa no posto 15 da clasificación xeral. Certo que faltou a unha xornada e agora ten que recuperar terreo perdido con relación aos demais competidores e competidoras. Non dubidamos que Luís Camiña chegará ao Top Dez.

   Luís Rino, conseguíu ser regular nas primeiras cinco xornadas o que lle fixo chegar ata o posto 14 da xeral. Este palanador que o ano pasado mostrou como debilidade a súa manifesta irregularidade, esta temporada, e polo momento, está demostrando unha evolución no seu xogo. Isto fai del outra alternativa sólida para o Top Dez.



PUNTUACIÓNS ACUMULADAS DAS DÚAS ÚLTIMAS XORNADAS
 


   Esta xornada da Illa de Arousa disputouse nun terreo de xogo coa dificultade de ser unha superficie mixta de terra e herba moi alta, o que fixo que as puntuacións foran máis baixas que as doutras xornadas. Se miramos o cadro de abaixo vemos que só dous xogadores chegaron aos 20 ptos, cousa que non sucedeu nas xornadas anteriores, incluso na que se xogou en pavillón. Isto fainos ver que canto máis difícil é o terreo as puntuacións de todos e todas están máis proximas.  





Ningún comentario:

Publicar un comentario