Categoría EQUIPOS
O
reparto de puntos nesta xornada estivo liderado por CORREDOIRAS que despois de tres xornadas nas que non fora o equipo ganador volveu a
recuperar a supremacía
nesta 6ª
xornada. GHARABOTO segue o seu camiño cara á segunda posición que
dá dereito a participar no Play Off Nacional.
LÚA DE FORZA agárrase
á segunda posición, pero escoita
o velame da fragata de
Marín que se acerca por babor. RINOCERONTE,
que se presentou en Soutomaior con unicamente 6 xogadores e a metade
deles palanadores da parte baixa da clasificación, tivo un
rendemento excepcional e con 69 ptos mantense cerca do podio
esperando a súa oportunidade para acercarse á segunda posición.
Estes catro equipos están no primeiro chanzo da Conferencia Rías
Baixas e loitarán ata o final polas dúas prazas do Nacional e polo
podio da Conferencia.
Nun
segundo plano estarían LAXE DE RONS e VALPAÇOS TERRA QUENTE que
aínda non teñen o potencial para acercarse ao podio, mais
melloraron moito as súas prestacións do ano pasado. Os
do Grove manteñen o equipo do ano pasado, pero con dous xogadores
que evolucionaron o seu xogo e están sendo unha sorpresa agradable.
Son os casos de Paco Vidal e Martín. Pola outra beira, o equipo de Vigo reforzouse
para este ano con talento sólido, como o de Salgue, e con talento para
o futuro, con Yaiza e Zaira.
LAXE DE RONS (O Grove) |
Nos
últimos postos da clasificación están dous equipos históricos das
Rías Baixas, CASILLEDÍN e ANDARELA, e un equipo que leva xogadas
só tres xornadas de liga, ARMADIÑA. Aqueles dous equipo teñen un
cadro de xogadores e xogadoras moi limitado o cal non lles vai
permitir avanzar destes 3 últimos postos. Aínda así, o equipo de
Barrantes incorporou unha nova xogadora nesta xornada de Soutomaior e
segue buscando talentos do
pau polo país adiante. ANDARELA organizará a próxima xornada en
Castrelo-Cambados, onde espera presentar as súas novas
incorporacións. Outro caso totalmente diferente é a do equipo de
Combarro. Este ten o futuro nos seus paláns, pois aporta xuventude e
feminidade ao xogo. Deste xeito, despois de tres xornadas xa
conseguiron acercarse aos 50 ptos nesta última xornada, e iso tendo
en conta que algún dos seus palanadores, que teñen un enorme
potencial, non estiveron a bo nivel. Salientar que foi un infantil o
que lles aportou maior número de ptos, Oscar, que ganou na súa
categoría.
A clasificación xeral está así
Na vindeira xornada de Castrelo (Cambados) pódense producir dous "sorpasos", pois GHARABOTO pode superar a LÚA DE FORZA no segundo posto e ARMADIÑA pode facer o mesmo con CASILLEDÍN no sétimo lugar. Ninguén se pode perder a próxima xornada! Acordádevos que será en terra, aínda que chova, vente ou neve, xa que o lugar está cuberto por arriba e polos lados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario