A xornada disputada na Alameda de Pontevedra comezou cun tempo ameazante de choiva e finalizou coa choiva enriba de todos e todas.
Sentimos moito que as circunstancias meteorolóxicas desluciran o espectáculo e que non se tomaran as decisións adecuadas en tempo e forma para trasladarnos ata o pavillón de Salcedo, mais isto serviunos para ver as debilidades que ten este tipo de organización e autoxestión dunha actividade que cada vez practican máis persoas, adultos, nenas e nenos e persoas maiores, entón debemos reflexionar e avanzar cara a mellorar certos aspectos.
Polo demais, grazas a todas e todas os que durante estes 9 meses de competición fixeron posible esta aventura marabillosa, tanto os que colaboraron na organización como a todos e todas os participantes.
Non desfalleceremos no empeño de que a práctica da billarda sexa algo natural nas nosas aldeas e nas nosas cidades.
Por outra beira, o próximo sábado en Cambados haberá un aberto de repesca para aqueles e aquelas que non se clasificaran para o PLAY OFF do vindeiro domingo en Compostela, Haberá dúas prazas que darán dereito a ir ao Play Off. Os que xa están clasificados poderán competir polos trofeos do aberto tamén. Ou sexa, competirán todos os que vaian, simplemente que os que non están clasificados terán a posibilidade de conseguir praza para o Play Off.
PARTICIPACIÓN 85
22 MULLERES
53 HOMES
Ningún comentario:
Publicar un comentario