PARTICIPACIÓN
63
MULLERES
19
HOMES
44
A tarde de choiva fixo que tiveramos que xogar no pavillón de Carballedo (Cotobade). A superficie de xogo do recinto estaba cuberta con moqueta, o que lle aportou un ingrediente novedoso para os nosos e as nosas palanadores. A algunhas xogadoras gustoulles este terreo a outras non tanto. O certo é que este material de tea fixo máis lento o desprazamento das billardas e cachizas. O resultado foi que só que conseguiron facer 5 varados e 2 deles no palán do coroceiro nacional Ricar.
A xornada foi moi propicia para os equipos de CORREDOIRAS RÍAS que ganaron a xornada con 94 ptos., e para RINOCERONTE que con 88 conseguiron alcanzar na clasificación xeral a terceira praza que dá dereito a participar no PLAY OFF NACIONAL do 29 de maio, iso si empatados a puntos con GHARABOTO. A falta de 5 xornadas o título de conferencia semella que será para os xogadores e xogadoras de Bueu. As outras dúas prazas haberá que disputalas ata a última ou penúltima xornada.
A xornada foi ganada por Xan (LÚA DE FORZA-SANXENXO), seguido de Ricar (CORREDOIRAS RÍAS-BUEU) e Gelín (GHARABOTO-MARÍN). Deste xeito, a clasificación xeral absoluta segue encabezada por Xan, en segunda posición mantense Ricar e terceiro Luís (GHARABOTO).
3ª ANA 1ª CHEFA 2ª LU |
Na categoría feminina ganou a xornada Chefa (CORREDOIRAS SUR-BUEU), en segunda posición quedou Lu (CORREDOIRAS RÍAS-BUEU) e terceira foi Ana (GHARABOTO)
3º JUANMA 1º GENO 2º MARTIÑO
|
CATEGORÍA ABSOLUTA
3º GELÍN 1º XAN 2º RICAR |
MANOLO FARIÑA (GHA) |
BEGO (COR) |
FREIXEIRO (OS DE TORRES-O GROVE) |
PEPE (COR) |
CASILDA (GHARABOTO) |
CHE (RIN) |
INÉS (COR) |
ELENA (GHA) |
CRIS (RIN) |
XOGO DE AXILIDADE VISUAL
Encontrar as 7 diferenzas entre os dous "animais"
XABARÍN-PEPERÍN |
Ningún comentario:
Publicar un comentario