billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CRÓNICA 13ª XORNADA MOURENTE-PONTEVEDRA



Participación  
58  
40 homes 
18 mulleres

Disputouse a xornada 13 da LNB RÍAS BAIXAS, nas instalacións deportivas do Casino Mercantil de Pontevedra. O campo de terra e herba dificultou o golpeo da billarda, pero non impediu presenciar grandes golpes. Ao mesmo tempo, a calor provocou o baixo rendemento dalgún xogador e dalgunha xogadora que se adaptan mellor ás condicións húmidas do inverno. Os resultados da xornada foron os seguintes: na categoría absoluta foi 1º Xan de LÚA DE FORZA (Sanxenxo), 2º Dani de RINOCERONTE (Pontevedra) e 3º Ricardo Lois de OS DE TORRES (O Grove). En féminas 1ª Bego de CORREDOIRAS RÍAS, 2ª Belmira de VALPAÇOS TERRA QUENTE (Vigo) e 3ª Mónica de ZUME DE VIMBIA (Sanxenxo). En infantil Adrián de GHARABOTO (Marín), 2ª Adriana de VALPAÇOS TERRA QUENTE (Vigo) e 3º Juanma Camiña de LÚA DE FORZA (Sanxenxo). En equipos 1º RINOCERONTE (Pontevedra), 2º CORREDOIRAS RÍAS (Bueu) e 3º GHARABOTO (Marín).


3º-RICARDO LOIS      1º-XAN         2º-DANI

2ª-BELMIRA                  1ª-BEGO                 3ª-MÓNICA

                        2ª-ADRIANA 1º-ADRIÁN  3º-JUANMA CAMIÑA


Estes resultados deixan as clasificacións individuais practicamente decididas no seu primeiro posto. Así, en INFANTIL xa se proclamou matematicamente CAMPIÓN de Conferencia 2014-2015 Juanma Camiña de LÚA DE FORZA (Sanxenxo) a falta de 3 xornadas. Por detrás terán que xogarse as prazas de podio entre Adriana de VALPAÇOS TERRA QUENTE (Vigo), Martiño de CORREDOIRAS SUR (Bueu) Geno do mesmo equipo e Adrián de GHARABOTO (Marín).
Na categoría FEMININA Bego de CORREDOIRAS RÍAS avantaxa en 46 ptos a Lu, do mesmo equipo, polo que na próxima xornada pode conseguir o título de Conferencia de xeito matemático. Haberá loita ata o final polo terceiro posto do podio, ao que aspiran Mónica de ZUME DE VIMBIA (Sanxenxo), Belmira VALPAÇOS TERRA QUENTE (Vigo), Elena de GHARABOTO (Marín) e Chefa de CORREDOIRAS SUR (Marín).
Na categoría ABSOLUTA Xan de LÚA DE FORZA (Sanxenxo) avantaxa en 32 ptos a Luís de GHARABOTO (Marín) e en 35 a Ricar de CORREDOIRAS RÍAS (Bueu). Daquela vai ser difícil que se lle escape o Título de Conferencia ao actual Campión Nacional. Mais, si vai haber unha loita moi interesante polo 2º e 3º posto.

O desenlace da categoría de EQUIPOS será incerto ata a última xornada, segundo está a clasificación, pois GHARABOTO (Marín) avantaxa en só 6 ptos ao equipo de Pontevedra RINOCERONTE. Quen se alonxou un pouco desta loita foi CORREDOIRAS RÍAS, pero non dun xeito definitivo, xa que están a 27 ptos do 1º posto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario