billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CRÓNICA 6ª XOR


O campo da festa de Castrelo é un lugar ideal para xogar billarda en terra, sen depender da climatoloxía, pois unha cuberta metálica impide que a choiva caia sobre a superficie de xogo.
   Así, a tarde do sábado 15 novembro disputouse a 6ª xornada LNB Rías Baixas. A participación foi de 67 xogadores/as que representaban a 11 equipos. 
  O 33% desta participación correspondéulle ao sexo feminino. Salientar a dificultade para conseguir varados cando a superficie de xogo é terra. Non houbo ningún varado na xornada. 
  Os resultados desta xornada fixeron que algunhas clasificación cambiaran nos primeiros postos. Deste xeito, a categoría de Equipos pasa a estar encabezada por GHARABOTO (Marín), que por 3ª xornada consecutiva consigue obter a vitoria na xornada. Agora, por vez primeira na temporada avantaxa a CORREDOIRAS RÍAS (Bueu). Ten 5 ptos máis que estes. O único equipo que segue a estes dous grandes favoritos para o título é RINOCERONTE (Pontevedra) que está a 24 ptos do primeiro posto. 

  Tamén, houbo cambio de líder na categoría Absoluta. A ausencia de Ricar (COR) favoreceu a Xan (LÚA), que conseguíu ganar a xornada e sumar 24 ptos, co cal se coloca primeiro. Ricar fóra líder durante as 5 primeiras xornadas. Luís (GHA) queda a só 2 ptos do primeiro posto, Ricar queda a 15 ptos e Álvaro (ZUM) a 19. Outros que obtiveron un bo feixe de ptos foron Che (RIN) e Gelín (GHA), que ocuparon o 3º e 2º posto na xornada, e con isto entran nos 10 primeiros postos.
  Na categoría feminina Lu (COR) conseguíu a máxima puntuación da xornada con 18 ptos e conserva o segundo posto xeral, aínda que máis cerca de Begoña (COR) que só obtivo 11. Agora, a distancia entre ambas é de 25 ptos. Yudani (COR) é terceira clasificada, Marga (GHA) cuarta e Monica (ZUM) quinta. 

  Juanma (LÚA) ganou na categoría Infantil conseguindo 22 ptos afianzando o seu liderado. Geno, segundo clasificado na xeral obtivo 2 ptos e conserva a segunda praza. Adriana (VAL) e Sofía (CAS) sitúanse a 5 e 7 ptos, respectivamente deste 2º posto. Sara (ZUM) e Martiño (COS) son os outros candidatos ao 2º e 3º posto, xa que se Juanma mantén a regularidade actual vai ser moi difícil que alguén se lle acerque, pode incluso optar á clasificación directa para o Play Off Nacional na categoría absoluta. Actualmente está no posto 12 da xeral absoluta.
  A clasificación de Varados non tivo modificación algunha. Sigue encabezada por Xoán (LÚA) e Luís Camiña (GHA), cada un con 3 varados. Deberemos esperar á chegada da choiva para utilizar pavillóns e aproveitar a superficie esvaradiza destes.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario