billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CRÓNICA 2ª XORNADA

 Este ano a competición na categoría de EQUIPOS vai estar aínda máis disputada que a temporada anterior. Varias circunstancias contribúen a que se abriran as posibilidades de máis equipos para obter o título e as prazas para o PLAY OFF NACIONAL.
  Primeira circunstancia, a decisión de CORREDOIRAS de facer 2 equipos, un competirá adscrito á CONSUR e outro á CONRIA.
  Segunda circunstancia, que RINOCERONTE xa leva un ano máis de competición e os seus xogadores progresaron dun xeito extraordinario o nivel do seu xogo.
  Terceira circunstancia, a mobilidade dalgún dos xogadores TOP DEZ que este ano están noutros equipos.
  
  En definitiva, esta temporada vai ser moi difícil que se vexa o dominio aplastante das temporadas anteriores, primeiro con BATEAS, despois con CORREDOIRAS E GHARABOTO. A día de hoxe, ademais destes dous equipos, podemos afirmar que RINOCERONTE é un candidato moi fiable ao título. Despois estarían, nun segundo chanzo, ZUME DE VÍMBIA, LÚA DE FORZA, CORREDOIRAS SUR, CASILLEDÍN. Finalmente, están os equipos que traballan para conseguir máis xogadores e de momento non poden aspirar ás prazas de honor. Debemos destacar a VALPAÇOS TERRA QUENTE por ser o equipo onde as mulleres son maioría.

EquipoTotal12
CORREDOIRAS RÍASBUEUCOR1639073
RINOCERONTEPONTEVEDRARIN1386870
GHARABOTOMARÍNGHA1307753
ZUME DE VIMBIASANXENXOZUM1085355
CORREDOIRAS SURBUEUCOS932766
LÚA DE FORZASANXENXOLUA936132
CASILLEDINRIBADUMIACAS855431
OS DE TORRESO GROVETOR734528
VALPAÇOSVIGOVAL724032
ANDARELAMEAÑOAND543222
FORTEO GROVEFOR3232

2 comentarios:

  1. Primeiro, disculpas por borrar o comentario de EU. Cousas dos dedos e o teclado. A análise sobre as posibilidades de RINOCERONTE, está baseada sobre números reais. Ou sexa, sobre o presente. E un equipo que está 2º na clasificación, a 25 ptos do 1º podemos consideralo un candidato. Tamén, hai a visión do CHOLISMO que é xornada a xornada, golpe a golpe. Adiante RINOS.

    ResponderEliminar