RECORD LNB DE VARADOS NUNHA XORNADA
41
13ª-XOR (MOURENTE-PONTEVEDRA)
5 ABRIL 2014
CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL ABSOLUTA
TÍTULO
Nome | EQU | TOT |
ALVARO | ZUM | 262 |
RICAR | COR | 260 |
DANIEL | RIN | 260 |
XAN | LÚA | 254 |
ALBINO | LÚA | 248 |
SUSO | GHA | 247 |
LUÍS | GHA | 238 |
LUÍS CAMIÑA | GHA | 221 |
Faltan 2 xornadas de liga, ou sexa, 30 ptos en xogo, e estes son os candidatos ao título. Entre os 3 primeiros só 2 ptos de distancia. Máxima emoción, e se non chove o 10 de maio xogaremos en herba-terra, co cal aqueles que mellor golpeo aéreo teñan terán vantaxe. Na última xornada, o 24 de maio, xogarase en baldosas de cemento, na praza do mar de Sanxenxo. Polo tanto, quen chegará mellor a esas dúas xornadas?
CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL ABSOLUTA
PLAY OFF 2014
7 | LUÍS CAMIÑA | GHA | 221 |
8 | GINÉS | LÚA | 211 |
9 | ANDRES | LÚA | 202 |
10 | CRISTIAN | GHA | 196 |
11 | GELÍN | GHA | 193 |
12 | ELENA | GHA | 181 |
13 | LUÍS RINO | RIN | 178 |
14 | TAXEIRO | VAL | 177 |
15 | MANOLO FARIÑA | CAS | 176 |
16 | XAVI | GHA | 175 |
17 | JUANMA RINO | RIN | 173 |
18 | CHICHO | LÚA | 168 |
18 | CRIS | RIN | 168 |
20 | LUÍS AGRASO | LÚA | 165 |
GERARDO TORRES | TOR | 162 | |
LUIS GON | GHA | 159 | |
RICARDO LOIS | TOR | 145 | |
CHE | RIN | 141 |
Os postos que dan dereito a participar no PLAY OFF NACIONAL 2014 (25 maio) están asegurados matemáticamente para os 6 primeiros, o resto deben ganarse ese dereito nas 2 xornadas que faltan. Evidentemente, podereiamos afirmar coas probabilidades estatísticas na man que Gelín, Cristian, Andrés, Ginés (214 en vez dos 211 que aparecen arriba) e Luís Camiña están practicamente clasificados. O resto deben loitar ata a última xornada. Desde Elena, 12ª, ata Manolo Fariña, 15º, e primeiro que está fóra dos postos que clasifican para o PLAY OFF, hai 5 ptos de distancia. Ao mesmo tempo, desde Luís Gon ata Taxeiro, que marca o último posto de PLAY OFF, hai tan só 18 ptos, polo tanto a loita por estes postos está demasiado interesante como para perderse algunha xornada.
CLASIFICACIÓN FEMININA
TÍTULO BEGOÑA | COR | 219 |
LU | COR | 205 |
ELENA | GHA | 181 |
CHEFA | COR | 167 |
O título feminino estará entre estas catro palanadoras. Porén, Chefa ten poucas opcións, pois debería ganar as 2 xornadas que faltan e esperar que as demais non pasen de 4 ptos. Elena tamén o ten difícil, pois debería recuperarlle 38 ptos a Begoña en 2 xornadas. Polo tanto, cremos que o título vanno disputar entre Begoña e Lu. Esta última debe recuperarlle 14 ptos.
CLASIFICACIÓN FEMININA
PLAY OFF 1 | ELENA | GHA | 181 |
2 | BELMIRA | VAL | 136 |
3 | NOELIA | ZUM | 114 |
4 | MÓNICA | ZUM | 101 |
5 | MARGA | GHA | 87 |
6 | VANESSA FARIÑA | GHA | 83 |
7 | VANESA REXENXO | LÚA | 69 |
8 | OLALLA | RIN | 59 |
9 | ANA | GHA | 56 |
9 | CHELI | GHA | 56 |
CASILDA | CAS | 54 | |
ADRIANA | VAL | 45 | |
SOFÍA | CAS | 38 | |
LAURA | ZUM | 31 | |
TANIA | VAL | 30 | |
SARA | ZUM | 24 | |
LAURA RINO | RIN | 20 | |
PATRICIA OUBIÑA | CAS | 20 |
Sen dúbida que o nivel feminino na nosa conferencia dou un brinco de calidade fantástico. As 9 prazas con dereito ao PLAY OFF están aseguradas practicamente ata Vanessa Fariña, con 83 ptos. De momento o último posto está compartido por Ana e Cheli. O resto das prazas están abertas a posibles remontadas de Casilda, Adriana e Sofía. Esta última xogou menos da mitade das xornadas e aínda así está a 18 ptos da clasificación.
CLASIFICACIÓN INFANTIL
TÍTULO BRAIS | COR | 171 |
JUANMA | LÚA | 123 |
YUDANI | COR | 118 |
O título infantil está practicamente decidido, xa que Brais lévalle 38 ptos a Yudani e 43 a Juanma. Aínda que sempre hai unha luz de esperanza. Deste xeito, Juanma nas 2 últimas xornadas que disputou sumou 32 ptos. Non sería inimaxinable que volvese a repetir as súas actuación e incluso superalas, polo tanto, Brais non debe descoidarse. Yudani tamén é capaz de sumar 18 ptos, como o fixo nas xornadas 13 e 7.
CLASIFICACIÓN VARADOS
PLAY OFF 1 | ÁLVARO | ZUM | 15 |
2 | LUÍS | GHA | 13 |
3 | XAN | LUA | 11 |
4 | CRISTIAN | GHA | 10 |
5 | GINÉS | LUA | 9 |
5 | RICAR | COR | 9 |
DANIEL | RIN | 8 | |
CHE | RIN | 7 | |
ANDRÉS | LUA | 7 | |
LUIS GON | GHA | 6 | |
SUSO | GHA | 5 |
Os 5 postos que dan dereito a participar no PLAY OFF, categoría VARADOS, aínda están no aire. Ben certo que Álvaro e Luís parece que teñen asegurado o posto. O último posto é o máis disputado, pois está compartido por Ginés e Ricar, con 9 varados. Daniel ten só un menos e Che e Andrés 2 menos. De todos os xeitos, dependerá do clima que teñan opcións estes palanadores de alcanzar algunha das prazas de PLAY OFF. Se chove o 10 de maio teremos que xogar en pista de pavillón, máis curta e máis rápida. Se non chove será difícil facer varados. Na última xornada pode que haxa varados, tanto se xogamos en pavillón como no exterior, pois é baldosa de cemento.
CLASIFICACIÓN EQUIPOS
TÍTULO e PLAY OFF CORREDOIRAS | BUEU | COR | 1231 |
LÚA DE FORZA | SANXENXO | LUA | 1192 |
GHARABOTO | MARÍN | GHA | 1165 |
RINOCERONTES | PONTEVEDRA | RIN | 911 |
A clasificación de equipos dou un pinchacarneiro inesperado nas últimas 4 xornadas, pois ninguén dubida da fortaleza de LÚA DE FORZA (1190 ptos en vez dos 1192 que aparecen arriba), pero non podiamos imaxinar que fora quen de superar a GHARABOTO, e mesmo de ameazar, aínda que de lonxe, a CORREDOIRAS. De todos os xeitos o único que está decidido son as dúas prazas de PLAY OFF, que serán para LÚA DE FORZA e GHARABOTO. O título de conferencia, así como, os lugares do podio decidiranse nas 2 derradeiras xornadas. Salientable a actuación de RINOCERONTES que foi o único equipo que seguiu a marcha dos grandes transatlánticos da CONRÍA e que pode alcanzar os 1000 ptos ao final da liga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario