Disputouse a 14 xornada da CONFERENCIA RÍAS BAIXAS o sábado 27 abril no campo deportivo de terra do IES A XUNQUEIRA I (PONTEVEDRA). Mañá publicaremos as fotos e a crónica. De momento, podedes consultar todas as cifras nas clasificacións correspondentes.
PARTICIPACIÓN
68
MULLERES
21
HOMES
47
INFANTIL
15
Salientar a alta participación na categoría INFANTIL. Esta resultou ser a xornada con maior participación de nenos e nenas que teñen 14 anos ou menos. FABULOSO!
Houbo unha ganadora ABSOLUTA que foi GENI (ROTEIROS). Por segunda vez na temporada a billarda que conseguiu atravesar a liña do varal na última carreira que decidía os 3 primeiros postos foi golpeada por un brazo feminino. Entendedes ben, pois as outras 2 billardas, as de Daniel e Xan non conseguiron atravesar a liña en 4 golpes.
CATEGORÍA ABSOLUTA
1ª-GENI (ROT)
2º-DANIEL (ROT)
3º-XAN (LÚA)
CATEGORÍA FEMININA
1ª-GENI (ROT)
2ª-BEGOÑA (COR)
3ª-BELMIRA (VAL)
CATEGORÍA INFANTIL
1º-BRAIS (COR)
2ª-YUDANI (COR)
3º-JUANMA (LÚA)
Ningún comentario:
Publicar un comentario