Xa temos a confirmación da aliñación que presentará ANDARELA para a próxima xornada. Salvo lesión durante algunha das sesións de adestramento o adestrador do equipo (O BULGARO) confirmou que sairán co número 1 ANGEL, co 2 MÓNICA, co 3 ALBINO VEIGA, co 4 FERNANDO e co 5 NOELIA.
Durante estes días intentaremos confirmar outras aliñación. Está claro que os equipos queren agachar as súas intencións de cara a unha xornada que se xogará en pavillón, ou sexa, nunha superficie máis rápida que os habituais terreos exteriores. Que equipo se adaptará mellor ao "indoor". Verémolo o sábado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario