billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

6ª XORNADA

O día 24 novembro ás 16 horas disputaremos a 6ª xornada. Xogaremos no Pavillón de A FLORIDA (Sanxenxo). Xa temos comprobado que hai iluminación, tamén que hai conmutadores de acendido e apagado, e que a persoa encargada do pavillón ten acceso a eles. Comprobamos, por outra beira, que se está ao corrente de pago das facturas. Entón, todo parece indicar que poderemos utilizar iluminación eléctrica. Agora, xa só queda facelo, unha vez que esteamos alí.


Entre outras ensinanzas que nos deixou a 5ª xornada está a de que o ser humano ten a capacidade de facer as cousas de xeito diferente a como as fixo a última vez, se esta última vez foi dun xeito inadecuado.






Segue a progresión de participantes na CONRIA. Algo polo que debemos alegrarnos. Salientar a participación de CASILLEDÍN (Barrantes-Ribadumia), que nesta última xornada presentou unha aliñación con 22 integrantes. Unha cifra que non está ao alcance de ningún equipo da LNB, a día de hoxe. E tamén, queremos facer mención ao equipo de billarda TOXO VERDE (Cadiz), que aparece na imaxe de abaixo, que nos visitou para competir e compartir a súa graza galego-andaluza.

 
TOXO VERDE (CADIZ)


En definitiva, grazas. Grazas, porque con persoas coma vós podemos reunirnos as tardes dos sábados, e disfrutar con outro xeito de facer deporte.


Ningún comentario:

Publicar un comentario