billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

4ª XORNADA

1º TOÑO
2º XORO
3º LUÍS


Estas foron as 3 primeiras posicións na 4ª xornada da CONSAL.
Estes 3 palanadores empataron na primeira posición do grupo do 1º ao 8º, a 14 puntos e tiveron que desempatar para establecer as 3 primeiras posicións finais.

Un golpe, un único golpe para decidir ao ganador. A orde de saída nos desempates queda establecida no sorteo inicial para confeccionar os grupos.
Entón, primeiro golpeou Toño. A billarda pasou uns centímetros da media pista, parecía que estaba sentenciado, pois faltaban por tirar os seus rivais, para os cales un golpe máis alá da mitade da pista non supoñía maior dificultade. Mais, a tensión da alta competición convirte vinte metros nun tunel escuro... ás veces.
Xoro golpeou segundo e alcanzou a mitade da distancia que recorrera a billarda de Toño. Resoprou o de O Pino.
Aínda quedaba Luís, que fixera 2 varados na xornada e xogaba nun terreo que xa coñecía. A billarda de Luís ergueuse no espazo infinito de 2 segundos. No ceo azul brillaba a estrela que quentou o ambiente ata os 21 graos. O brazo de Pirucha só alcanzou a facerlle unhas cóxegas á madeira afiada que apenas se moveu uns centímetros. Luís polo chan, a afición de O Pino, polos aires, Toño non daba crédito e o champán galego (premio) foise fora da comarca do Salnés.


Foi unha xornada estupenda en Bordóns. Calorciño e emoción.

27 palanadores
9 palanadoras

4 grupos de 9 na primeira fase

5 novos e novas debutantes:
David (rapaz) BORDÓNS
Daniel (rapaz) BORDÓNS
Geno (Mozo) PORTONOVO
Cheli e Ana.
A noticia máis destacada desta xornada é que 3 novas persoas se incorporaron á LNB. E ademais que Cheli e Ana, que acompañan habitualmente a Gelín e Luís Camiña, finalmente decidíronse a participar e non o fixeron nada mal. Esperamos velas de novo no Salnés... e competindo.

Destacar tamén que Corredoiras de Bueu acercouse con Outeiro, Chefa e Carolo. Segundos antes de comezar a competición ficharon ás anteriormente citadas Ana e Cheli.

Andarela manten o tipo a pesar de que só Angel e Lucía participaron. Aínda que pode ser o equipo co palanador máis novo en competir oficialmente na LNB: Ares, un neno que non chegou aos 5 anos. Esta vez só estivo adestrando.



Consultar calendario para a próxima xornada 11 decembro.

4 comentarios:

  1. De que quedou clasificado Rubén Otero?

    ResponderEliminar
  2. Rubén Otero estaba en paradeiro descoñecido, onte ás 22h. Seica saíu camiño de Bordóns, pero realmente foi a onde lle saiu dos co...

    ResponderEliminar
  3. poñede enlaces ao resto das conferencias, que tamen existen e o varal. e no centro tamen, non soamente a salnes.

    ResponderEliminar
  4. para que pedídelas fotos, se logo non as publicades? dous correos dous

    ResponderEliminar