billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CAMPO DE XOGO 11ª XORNADA

XA ESTÁ CONFIRMADO O LUGAR DE XOGO DA 11ª XORNADA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS. 



SERÁ NO COLEXIO PÚBLICO INTEGRADO DE MOSTEIRO (MEIS). NUNHA PISTA EXTERIOR CUBERTA (MOI PRETO DA CASA DO CONCELLO).


POR FAVOR, PUNTUALIDADE. SORTEO ÁS 15:45. COMEZO DA XORNADA 16 HORAS.








TERREO DE XOGO

O PAVILLÓN  DE MEIS NON ESTÁ DISPOÑIBLE, ENTÓN ESTAMOS BUSCANDO UN LUGAR ALTERNATIVO E CUBERTO. 



O VENRES POLA MAÑÁ CONFIRMAREMOS O LUGAR. SENTIMOS O TRASTORNO QUE SUPÓN PARA OS ADESTRAMENTOS DOS EQUIPOS DE BILLARDA, NON TER XA ASEGURADO O TERREO DE XOGO.


PASOUSE DUNHA PISTA DE HERBA AO AIRE LIBRE, A UNHA ULTRARÁPIDA INDOOR, E FINALMENTE A UNHA... 






Por favor, enviade a lista de xogadores e xogadoras para a 11ª xornada en MEIS. GRAZAS






11ª xornada LNB Conferencia Rías Baixas





PREVISIÓNS DE CHOIVA PARA O SÁBADO 9 MARZO!



Entón, será moi bo para a herba do campo da Boca, pero non para as billardas. Polo tanto, estamos xestionando a utilización do pavillón de MOSTEIRO (MEIS). Cando teñamos a confirmación do Concello de Meis publicarémolo, ao tempo que o mapa para chegar alí.  












11ª XORNADA PARADELA (MEIS)

Xa temos lugar de xogo para a xornada 11 de liga. Será en herba se o tempo o permite. Deste xeito hai tempo suficiente para ir adaptando os golpes e as billardas a esta superficie. Será a primeira vez que na nosa conferencia xoguemos en herba.















 
 
 
 
Pinchade aquí debaixo, nas letras azuis, e veredes o mapa do lugar e indicacións para chegar
 
 
Visualizar o mapa ampliado

10 XORNADA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS

PARTICIPACIÓN
54

39 HOMES
15 MULLERES

INFANTIL
11 



Cunha participación de 54 persoas disputouse a 10ª xornada da Conferencia Rías Baixas (LNB) no campo de fútbol A ESTACADA, en Bueu.

54 PARTICIPANTES


PARTICIPANTES CATEGORÍA  INFANTIL
IZAN-BREIXO-RODRI-YUDANI-BRAIS-MARTIÑO NÚÑEZ-ADRIANA
JUANMA-ADRIAN-MARTIÑO


3º CLASIFICADO LUIS (GHARABOTO)

2º CLASIFICADO MANUEL ABUÍN (CASILLEDÍN)

1º CLASIFICADO XAN (LÚA DE FORZA)

1ª CLASIFICADA GENI (ROTEIROS)

2ª CLASIFICADA BEGOÑA (CORREDOIRAS)

3ª CLASIFICADA LU (CORREDOIRAS)





 AQUÍ ESTÁN AS ACTAS DA XORNADA 10


Unha vez revisadas as actas comprobamos que houbo un erro que afecta aos que disputaron os postos do 13 ao 24.

Actas 1ª fase GRUPOS A-B

Actas 1ª fase GRUPOS E-F

Actas 1ª fase GRUPOS G-H

1ª fase GRUPOS C-D

2ª FASE GRUPOS 41-54

2ª FASE GRUPOS 25-32 e 33-40

2ª fase GRUPO 1-24

 Os emparellamentos da última carreira dos postos 13 ao 24 non son os correctos. Por unha confusión coas cores da acta os emparellamentos foron mesturados, ou sexa, o correcto sería:
13º-14º-15º (ANDRES-LU-BEGOÑA) 
16º-17º-18º (JAVI-ANGEL-CHICHO)
19º-20º-21º (CHURRI-L. CAMIÑA-RICAR)
22º-23º-24º (ELENA-BRIÓN-CHEFA)   

 

10ª XORNADA



10 ª XORNADA CACHIZA
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS


 
SÁBADO 16 FEBREIRO 16 HORAS
 
 
CAMPO DE FÚTBOL DA ESTACADA (BUEU)
Se chove PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE BELUSO (BELUSO)
 
 (xogarase a carreira que falta da 5ª xornada incabada na ADINA e inacabada en MARÍN)
 
 
Se as previsións de METEOGALICIA describen a futura realidade xogaremos no campo de fútbol da ESTACADA, en BUEU. Ou sexa volven os terreos de terra. Tamén, está reservado o pavillón de Beluso, para o caso que a choiva apareza.

En definitiva, ide buscando lugares de adestramento terruños para acostumar as billardas. Despois dun longo inverno, que nos recluíu en pavillóns, de novo volvemos á terra, onde verdadeiramente naceu este deporte.


CAROLO (CORREDOIRAS).

FARIÑA (CORREDOIRAS)

LU (CORREDOIRAS)


CHEFA (CORREDOIRAS)

CORREDOIRAS
 


Vemos imaxes do terreo de xogo da ESTACADA e máis do equipo organizador CORREDOIRAS. Esta vez parte como favorito o equipo do MORRAZO, pois este campo de xogo é o seu lugar de adestramento habitual.


 
Por favor, enviade a listaxe de xogadores e xogadoras para o sábado. (ecobateas@gmail.com)

10 ª XORNADA







VEMOS NA FOTO COMO UN PALANADOR DA CONFERENCIA RÍAS BAIXAS CONTINÚA OS SEUS ADESTRAMENTOS DE CARA Á 10ª XORNADA (BUEU-16 FEBREIRO)

A PARTICIPACIÓN FEMININA NA CONRIA

Xa xogaron na nosa conferencia 173 persoas, das cales son homes 124 e mulleres 49.  Outro dato importante e que destas persoas 25 son menores de 14 anos.
 
Fabuloso!
 
 
O porcentaxe de participación feminina está nun 28%.
 
 
Desde o aspecto competitivo dicir que o rasgo feminino mellorou o rendemento moitisimo. A temporada pasada ningunha muller conseguira entrar nos 3 primeiros postos en ningunha xornada de liga. Os resultados desta temporada indican que en 8 xornadas disputas e unha por finalizar (falta unha carreira), CHEFA (CORREDOIRAS) ganou 1 xornada, ELENA (GHARABOTO) quedou 3ª nunha xornada, e BEGOÑA (CORREDOIRAS) vai disputar os 3 primeiros postos na xornada 5ª (adiada ata o 16 febreiro-Bueu).
 
 

 

 
 
 
 
Ao mesmo tempo, na clasificación xeral absoluta ELENA ocupa a 5ª praza, cos mesmos puntos que o 4º clasificado, e ten serias opcións de título, pois está a tan só 41 ptos da primeira praza. CHEFA está no posto 14 e LU (CORREDOIRAS) no posto 17.
 
 




BEGOÑA (CORREDOIRAS)




ELENA (GHARABOTO)



LU (CORREDOIRAS)