billardariasbaixas@gmail.com
billardariasbaixas@gmail.com
CALENDARIO 2018-2019 e 1ª XORNADA O GROVE
Comeza a Temporada 2018-2019 na Conferencia Rías Baixas, a oitava desta Conferencia, que naceu o 2 de outubro de 2011. Por favor, consultade os documentos do Regulamento, Medidas, Sistema de Competición e Sistema de Puntuación. Hai uns pequenos cambios con relación aos documentos do ano pasado. O máis significativo é o cambio nos Sistemas de Competición e de Puntuación. Así, na primeira fase de grupos continúa igual que a temporada pasada. Na seguinte fase de cruces eliminatorios é onde houbo cambios. Do mesmo xeito, modifícase a puntuación d@ ganador/a da xornada, agora levará 6 ptos, que se lle sumarán aos conseguidos na fase de grupos.
MENSAXE DE CORREDOIRAS para o resto dos equipos
XORNADA 16 CAMBADOS
Vinde preparadas e preparados para soportar os 25 graos previstos por meteogalicia para o sábado 21 de abril. Hai que ter en conta que a temperatura aumenta nuns 10 graos sobre a praza de Fefiñáns. A pedra granítica do pavimento actúa a xeito de grella que coce a carne humana a lume lento. Daquela, a hidratación vai ser fundamental para aguantar as carreiras e os golpes.
A temporada pasada foi tamén un día solleiro, no que a influencia anticiclónica decantou os bos resultados para aqueles palanadores e palanadoras que xogaron con roupa axeitada para a práctica deportiva. Este ano, a LNB recomenda usar todos e todas o uniforme especial para este tipo de días calurosos. Vemos na foto de abaixo algunha das indumentarias do ano pasado. Tamén, aparece a equipación LNB para este ano.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















