billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

PUNTUACIÓNS REAIS A FALTA DA ÚLTIMA XORNADA

NomeEQUPTOSTOTpuntuación a restar
1XANLÚA31032313
2RICARCOR30431410
3DANIELRIN2542606
4LUÍS PIRUCHAGHA2502544
5BEGOCOR2492556
6ANDRÉS RGUEZLÚA237237
7LUÍS CAMIÑAGHA236236
8GINÉSLÚA236236
9CHERIN2332396
10SUSOCOR2202266
11JUANMA INFLÚA2142173
12RICARDO LOISTOR2142151
13SALVACOR214214
14CAROLOCOR2112132
15ÁLVARO ZUM2092101
16LUISGONGHA2012109
17MANOLO FARIÑAGHA1982035
18LUÍS RINORIN191191
19CRISRIN1811821
20JUANMA RINORIN174174
21LUCOR171171
22FARICOR170170
23LITOCOR170170
ÁLVARO PAIZUM1701733
GELÍNGHA167167
JM CAMIÑALÚA146146
GERARDO TORRES TOR145145
GENO INFCOR141141
GENIORIN130130
PEPECOR129129
ALFONSOVAL125137

Na clasificación xeral hai tres loitas moi interesantes que se resolverán na última xornada do 21 de maio en Pontevedra. A primeira é a que decidirá o TÍTULO ABSOLUTO de conferencia. A segunda decidirá o terceiro posto do podio. A terceira pugna será polas últimas prazas que dan dereito a participar no PLAY OFF NACIONAL 2016 (29 de maio-Compostela).



                 CATEGORÍA FEMININA


Nome EQU PTOS TOT puntuación a restar
1
BEGO COR 249 255 6
2
LU COR 171 171
3
ELENA GHA 127 128 1
4
BELMIRA VAL 120 121 1
5
TANIA VAL 92 92
6
ADRIANA VAL 82 82
7
VANESSA GHA 71 71
8
CASILDA GHA 67 68 1
9
YUDANI COR 55 55
10
MARISA LÚA 54 54
11
LITA TOR 51 51
12
MARGA GHA 38 38
13
OLI RIN 38 38


INÉS COR 37 37


MÓNICA ZUM 35 35


PATRI OUBIÑA CAS 35 35


CARME PAZOS VAL 34 34


CARME NAI ZUM 27 28 1


REBECA GHA 26 26


MARÍA GOLO COR 23 23


MARÍA GHA 20 20
Na categoría feminina as prazas que dan dereito a participar no PLAY OFF NACIONAL son 13. Desde o posto 12 ao 17 hai unha diferenza de 4 ptos unicamente.

XORNADA 15 RESULTADOS


CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
RICAR CORREDOIRAS RÍAS BUEU
JUANMA LÚA DE FORZA SANXENXO
GINÉS LÚA DE FORZA SANXENXO







CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
BEGO CORREDOIRAS RÍAS BUEU
CHEFA CORREDOIRAS RÍAS BUEU
LITA OS DE TORRES O GROVE









CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
GENO CORREDOIRAS RÍAS BUEU
ALEX RINOCERONTE PONTEVEDRA
ADRIÁN GHARABOTO MARÍN




PARTICIPACIÓN
60

16 MULLERES
44 HOMES




CRÓNICA 14º XORNADA


PARTICIPACIÓN

83

24 MULLERES
59 HOMES



A choiva do sábado fixo que tiveramos que utilizar o pavillón de Lourido-Poio. A participación foi a terceira máis alta da temporada, chegando a xuntarnos 83 persoas. Destacar a participación infantil que ascendeu a 11 xogadores e xogadoras. Esta afluencia da rapazada foi debida á promoción que o concello de Poio está realizando da billarda tanto na actividade anual da ludoteca como na actividade de campamento de verán. Foi marabilloso presenciar como as cativas e os cativos gustan deste xogo. 

No aspecto competitivo afirmar que a falta de 2 xornadas de liga xa temos campioa na categoría feminina, que é Bego de Corredoiras Rías (Bueu). A de Bueu consegue o seu 3º título de Conferencia consecutivo, confirmando o seu dominio incontestable desde a primeira xornada celebrada no Grove. 

Na categoría infantil, a Juanma de Lúa de Forza (Sanxenxo) fáltanlle 1 pto para ser campión dun xeito matemática. Para que non repetira o título do 2015, Geno do equipo de Bueu tería que obter a máxima puntuación nas dúas xornadas que faltan e Juanma non obter ningún pto. cousa que se nos antolla imposible. 

Na categoría absoluta, co triunfo de Ricar nesta xornada de Poio e coas puntuación moi baixa de Luís (Gharaboto-Marín) e baixa de Xan (Lúa de Forza-Sanxenxo), sucede que a loita polo podio dividiuse en dous grupos, o grupo dos que van loitar polo título, Xan e Ricar, cunha diferenza de 19 ptos a favor do de Sanxenxo, e os que van loitar pola terceira praza de honor. Esta praza é a máis disputada, pois agora ocúpaa Bego con 3 ptos de vantaxe sobre Luís e Daniel (Rinoceronte-Pontevedra) e 16 sobre Andrés Rodríguez.

Na categoría de equipos, tamén aconteceu un cambio na terceira posición de podio, agora ocupada polo equipo de Pontevedra, Rinoceronte. A pugna é fantástica entre estes e Gharaboto, agora separados por 3 ptos. A primeira praza está practicamente asegurada para Corredoiras Rías, que desde a primeira xornada de liga está situado nela sen interrupción. A segunda posición ocúpaa Lúa de Forza con 48 ptos de vantaxe sobre o terceiro clasificado. Entón, o que podemos pronosticar é que as dúas próximas xornadas (Arcade e Pontevedra) serán emocionantes ao máximo, ao mesmo tempo que incerto adiviñar quen ocupará esas posicións de honor. Evidentemente, sería unha sorpresa enorme que o equipo subcampión nacional 2015 (Gharaboto) se quedase sen praza para acudir ao PLAY OFF NACIONAL 2016. Os pontevedreses de Rinoceronte xa ocuparon a terceira praza o ano pasado, pero o inesperado foi a actuación de Lúa de Forza que o pasado exercicio ligueiro non obtivo praza para as finais nacionais.

14ª XORNADA







2ª-LU (COR) 1º-RICAR (COR) 3º-ALBERTE (RIN)
2º-JUANMA (LÚA) 1ª-ADRIANA (VAL) 3º-ADRIÁN (GHA)

1ª-ANA (LIP) 2ª-BEGO (COR) 3ª-ELENA (GHA)