billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

1ª XORNADA DE LIGA

Participación 
65 


Mulleres  
14 

Homes 
 51

Fantástico o inicio da LNB na súa Conferencia Rías Baixas. 
65 persoas presentáronse a xogar en O Grove.  Moitas delas xogaban por vez primeira baixo o formato da LNB.  25 destes participantes eran de O Grove. Un deles, Berto, conseguíu chegar a xogar polos 3 primeiros postos. Finalmente quedou 3º. 

A Clasificación podedes consultala na etiqueta correspondente.


1º-Xan
2º-Balea
3º-Berto
4º-Gelín
5º-Luís Camiña
6º-Carolo
7º-Luís
8º-Cristian
9º-Lu
10º-Outeiro

INFANTIL


FEMININA





ABSOLUTA


Damos as grazas ao CONSORCIO DE EMPRESAS "O QUE TI DIGAS CARIÑO", pola organización desta xornada. Agradecemos tamén a colaboración das distintas empresas e entidades de O Grove. Así, como ao Concello de O Grove. 

A LNB, na súa Conferencia Rías Baixas, dóuse a coñecer nun concello máis do noso país. 


Finalmente, grazas a todos e todas aqueles que coa vosa participación e colaboración axudades a que a billarda siga sendo practicada en Galicia. 


Non esquezades, a 2ª xornada en Noalla. O sábado 8 setembro.

EMPEZA A LIGA 2012-2013 CONFERENCIA RIAS BAIXAS




1ª XORNADA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS


SÁBADO 1 SETEMBRO
16:30 Praza do Corgo (en fronte Casa do Concello)

O GROVE

CALENDARIO CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 2012-2013

-1 setembro O GROVE      
-8 setembro NOALLA
-6 outubro DORRÓN
-20 outubro BORDÓNS
-10 novembro ADINA
6ª-24 novembro PORTONOVO
-8 decembro VILALONGA
-22 decembro DENA
-19 xaneiro MARÍN
10ª-16 febreiro BUEU
11ª-9 marzo MEIS
12ª-23 marzo BARRANTES
13ª-14 abril POIO
14ª-28 abril PONTEVEDRA
15ª-4 maio SANXENXO
16ª-18 maio NANTES


Se houbese algunha alteración de datas será anunciado coa antelación suficiente para evitar os posibles inconvenientes dun cambio de plans.

Xogarase os sábados á tarde. Para calquera cambio de día será necesario un acordo previo entre todos os equipos participantes. 

Para o día 20 teremos decidido o novo sistema de competición para este ano, así como as normas de competición e organización.


NOVAS DA TEMPORADA 2012-2013

A mediados de mes sacaremos o calendario da temporada 2012-2013, así como, o novo sistema de competición e puntuacións.

Haberá varias novidades importantes. Aumento do nº de xornadas, Lugares fóra da comarca, Cambio da denominación da Conferencia, Premios, etc.

Pero para satisfacer un pouquiño a vosa curiosidade adiantar en primicia mundial que xa están confirmadas as 2 primeiras xornadas. Serán deste xeito:

1ª-xornada O GROVE  1 de setembro, sábado 16:30
2ª-xornada NOALLA    8 de setembro, sábado 16:30

TORNEO RÍO UMIA

SÁBADO 21 XULLO
19 h.
BARRANTES


XA TEMOS CONFIRMADOS OS PREMIOS QUE SE REPARTIRÁN,


INDIVIDUAL ABSOLUTA

1º/ª-Trofeo + estuxo de 3 botellas de viño
2º/ª- Medalla + estuxo de botellas de viño
3º/ª- Estuxo de botellas de viño
4º/ª - Estuxo de botellas de viño

INDIVIDUAL FEMININA 
1ª-Trofeo + estuxo de 3 botellas de viño
2ª- Medalla + estuxo de botellas de viño
3ª- Estuxo de botellas de viño
4ª- Estuxo de botellas de viño
 
INDIVIDUAL INTANTIL MIXTA
                              1º/ª- trofeo
                              2º/ª- medalla
VARADOS
1º/ª estuxo de botellas de viño
2º/ª estuxo de botellas de viño

Nota acraratoria dos premios por categorías
--se unha muller consegue entrar entre os 4 primeiros postos da categoría absoluta levará o premio que lle corresponde nesta categoría máis o que lle corresponda na categoría feminina.
--se un neno (categoría infantil, máximo 14 anos) consegue entrar entre os 4 primeiros postos na categoría individual absoluta, levará o premio que lle corresponde nesta categoría máis o que lle corresponda na categoría infantil.
--se unha nena (categoría infantil, máximo 14 anos) consegue entrar entre os 4 primeiros postos na categoría feminina, levará o premio que lle corresponde nesta categoría,  se ademais consegue estar entre os 4 primeiros postos na categoría individual absoluta, tamén conseguirá o premio que lle corresponda nesta categoría, amáis do que lle corresponda na categoría infantil.

PRÓXIMA TEMPORADA

Ola compañeiras e compañeiros. Estamos planificando a próxima temporada, así como dándolle voltas ao sistema de competición. 

O obxectivo para esta nova temporada é, en canto ao sistema de competición, xogar todos e todas o mesmo número de carreiras, e tamén xogar nas dúas modalidades, ou sexa, en grupo e en enfrontamentos individuais. 

Daquela, hai unha proposta que consistiría en xogar unha fase de grupos, 4 carreiras. 
Ao finalizar, as 16 mellores puntuacións pasarían á segunda fase a disputar os postos do 1º ao 16. As outras puntuacións disputarían os postos do 17º ao 32º, e 33º ata o último participante. Esta segunda fase estaría formada por enfrontamentos individuais. No primeiro enfrontamento xogaría a puntuación 1ª contra a puntuación 16ª, a 2ª contra a 15ª, e así sucesivamente. Despois deste primeiro enfrontamento os/as ganadores/as seguirán enfrontándose entre si, para optar aos postos 1º-8º, e os perdedores seguirán enfrontándose entre si para optar aos postos 9º-16º.

En definitiva, serían 4 carreiras en grupo e 4 carreiras individuais. Os enfrontamentos individuais a unha única carreira. Así, xogamos todos e todas 8 carreiras.

Esperamos suxestións.

CONSAL: UNHA POTENCIA NA CATEGORÍA FEMININA

 ELENA (BATEAS) 3ª



LU (CORREDOIRAS) 
CAMPIOA GALEGA



 CHELI (CORREDOIRAS) 4ª


Incontestable o dominio na categoría feminina da CONSAL.  

Elena naceu como palanadora da LNB ao mesmo tempo que naceu a nosa CONSAL. Ou sexa, a primeiros do mes de outubro de 2011. A súa progresión é asombrosa, pois en oito meses púxose ao nivel que vimos de comprobar na Final Galega: 3ª clasificada na categoría feminina e única muller que entrou entre os/as 32 mellores na categoría individual absoluta.

A historia de LU está vencellada ao 1º TORNEO BISESTO, que se disputou en Samieira o 29 de febreiro de 2012. Xa que foi alí onde xogou por vez primeira. Aínda nos lembramos daquela  timidez dos seus primeiros golpes a unha billarda. En 3 meses convertíuse en CAMPIOA GALEGA. Onde estarán os seus límites? Quen o sabe.

Cheli viña acompañando desde o ano pasado a outros palanadores xa consolidados na LNB, mais non se atrevía a participar con asiduidade debido aos sistemas de competición tan esixentes das Conferencias. Finalmente, este ano encontrou no sistema da CONSAL un acubillo onde desenvolver as súas potencialidades. Os resultados son evidentes. A súa progresión tamén.