billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

PRIMEIRA WEB sobre o mundo da billarda

   Compañeir@s, a partir de hoxe todas as novas do mundo da billarda, LNB incluída, serán publicadas desde a www.billardagalicia. com

XORNADA 12 LÉREZ-PONTEVEDRA 2019-02-09

      Xa temos a vídeo reportaxe sobre a xornada de Lérez. Ollo que no medio das imaxes da xornada aparece un vídeo do máis sorprendente e impactante, ademais de ser digno de eloxio. No mencionado vídeo, aparece un representante da corporación municipal de Poio nunha viaxe oficial ao extranxeiro para espallar este noso deporte nacional da Billarda polo mundo enteiro.
     Sabiamos que o Concello de Poio está na vangarda da recuperación e posta en valor deste grandioso deporte tradicional galego que ocupa un lugar de honra no noso patrimonio lúdico, pero agora, ademais, intenta levar a práctica deste marabilloso deporte a outros continentes... caralludo!  En fin, vede, escoitade e... vós mesmas, vós mesmos tirade conclusións.








10 xornada CESANTES-REDONDELA




      Coa xornada 10 na Conferencia Rías Baixas comeza a conta atrás para que o Coroceiro vaia pensando en poñer en xogo de novo a COROZA, pois moitas persoas soñan con vestir prensa tan exquisita o 26 de maio. Así e todo, Che namorouse da Coroza e afirma que non vai deixar que ninguén rompa ese vencello de afecto incondicional.

CALENDARIO 2018-2019 e 1ª XORNADA O GROVE


       
        Comeza a Temporada 2018-2019 na Conferencia Rías Baixas, a oitava desta Conferencia, que naceu o 2 de outubro de 2011. Por favor, consultade os documentos do Regulamento, Medidas, Sistema de Competición e Sistema de Puntuación. Hai uns pequenos cambios con relación aos documentos do ano pasado. O máis significativo é o cambio nos Sistemas de Competición e de Puntuación. Así, na primeira fase de grupos continúa igual que a temporada pasada. Na seguinte fase de cruces eliminatorios é onde houbo cambios. Do mesmo xeito, modifícase a puntuación d@ ganador/a da xornada, agora levará 6 ptos, que se lle sumarán aos conseguidos na fase de grupos. 

        MENSAXE DE CORREDOIRAS para o resto dos equipos

        

XORNADA 16 CAMBADOS





       

       Vinde preparadas e preparados para soportar os 25 graos previstos por meteogalicia para o sábado 21 de abril. Hai que ter en conta que a temperatura aumenta nuns 10 graos sobre a praza de Fefiñáns. A pedra granítica do pavimento actúa a xeito de grella que coce a carne humana a lume lento. Daquela, a hidratación vai ser fundamental para aguantar as carreiras e os golpes.
       




       A temporada pasada foi tamén un día solleiro, no que a influencia anticiclónica decantou os bos resultados para aqueles palanadores e palanadoras que xogaron con roupa axeitada para a práctica deportiva. Este ano, a LNB recomenda usar todos e todas o uniforme especial para este tipo de días calurosos. Vemos na foto de abaixo algunha das indumentarias do ano pasado. Tamén, aparece a equipación LNB para este ano.


XORNADA 14 LÉREZ ESTATÍSTICAS


      
       O equipo máis beneficiado pola proximidade do Mosteiro de Lérez foi Valpaços Terra Quente. O equipo vigués ganou na categoría de equipos femininos, algo que a ninguén estraña, e foi terceiro na categoría de equipos mixtos. Este último logro si que se sae da normalidade, pois desde a súa fundación (2012) o equipo da Terra Quente nunca subira ao podio desta categoría. 

       O patriarca de Valpaços, Adriano Taxeiro, inscribiu por vez primeira o seu nome como ganador dunha xornada LNB. Moitos equipos están buscando o licor milagroso que o equipo morado incluíu na súa dieta do día de billarda.












SISTEMA DE COMPETICIÓN DÍA DAS ESTRELAS LNB 2018

       Este é o sistema de competición para os CONCURSOS do DÍA DAS ESTRELAS LNB.




       Estas son as actas que se usarán no ABERTO DAS ESTRELAS. O ganador ou ganadora obterá praza para a FINAL LNB 2018 do 27 de maio en Compostela. Se o/a ganador/a consegue a praza pola Clasificación Absoluta Final da súa Conferencia, pois esta praza pasaría a ser propiedade da Conferencia, ou sexa, esta tería unha praza máis das que xa lle corresponderían por porcentaxe de participación.   

-Faranse 6 grupos que xogarán en 3 campos. 

-De cada grupo pasarán @s 4 primeir@s. 

-Os cruces xogaranse a unha única carreira. 

-Todo desempate resolverase polo método de golpe máis lonxe. 

-O primeiro cruce eliminatorio xogarase en tríos. 

-O segundo cruce eliminatorio xogarase en parellas. 

-A final xogarase en cuarteto.