billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

ANÁLISE DA XORNADA


EQUIPOS


INCONTESTABLE TRIUNFO DE LÚA DE FORZA



   Triunfo inesperado de LÚA DE FORZA na 3ª xornada celebrada en Cesantes (Redondela). Corredoiras tivo unha actuación destacable con 77 ptos, aínda que tendo en conta o seu potencial sempre se espera que gane en cada xornada.  Pero o que non entraba en ningún prognóstico era a victoria do equipo de Sanxenxo, e moito menos que fose con tanta vantaxe sobre o resto dos equipos. Un factor importante para este resultado foi que o equipo veuse reforzado por 5 integrantes do Club de Bolos Xove, que viñan de disputar un encontro amistoso en Nigrán. Entre eles Ginés e Andrés Rodríguez que forman parte de LÚA DE FORZA, mais que este ano non van poder axudar moito ao equipo por cuestións de situación xeográfica. Rinoceronte de Pontevedra chegou aos 60 ptos. Gharaboto de Marín quedou en 53 ptos e Laxe de Rons do Grove conseguíu 44 ptos. 
   De estes 5 equipos sairán os dous que nos representen nas Finais Nacionais de maio de 2017. Para ser máis precisos, diríamos que Corredoiras ocupará unha das prazas e a outra deberán loitala entre os de Sanxenxo, Marín, Pontevedra e O Grove. 
   De momento, dúas cousas asombran unha migalla dos resultados, ata o de agora. Por unha beira, o baixo rendemento de Gharaboto, equipo que se reforzou moito e ben, e que debería estar competindo con Corredoiras pola primeira praza ou, polo menos, deberían estar máis cerca deles. E por outra, o rendemento sorpresivo de Lúa de Forza, que se debilitou coa ausencia dos Palanadores de Xove e, non obstante, está nunha posición de privilexio. De todas as maneiras, ao ter un cadro de xogadores e xogadoras tan limitado o normal é se lle acerquen, tanto o equipo de Pontevedra como o de Marín, e entre os tres teñan que competir pola segunda praza. 
   Rinoceronte está nos seus números do ano pasado, e sabemos que este equipo estará ata o final con opcións de entrar na segunda praza. 
   Laxe de Rons tamén vai estar cerca do podio, non sabemos se chegará o seu potencial para ameazar a segunda praza. Certo que estas dúas xornadas non chegaron aos 50 ptos, porén, na xornada anterior faltoulles Ricardo Lois, o seu Top 15, e nesta xornada faltou Chichí, que viña de dúas xornadas moi boas. 
   






Esta análise baséase neste criterio de puntuacións
Unha puntuación que baixa de 40 ptos é moi froxa, entre 40 e 50 ptos é froxa, entre 50 e 60 é unha actuación boa , de 60 a 70 ptos é destacable, a partir de aí xa son puntuacións moi boas, cando se obteñen máis de 70 ptos, magníficas de 80 a 90 e pasando dos 90 ptos son actuacións excelentes. Entón, o resto dos equipos tiveron puntuacións moi baixas, sempre que se estea pensando en ter posibilidades de ocupar algunha das dúas prazas que dan dereito ao Play Off Nacional 2017. De todos os xeitos haberá que esperar a que cheguen as xornadas no interior nas que os grandes pegadores terán que adaptarse a superficies que precisan dun golpeo menos forte e máis preciso.






Mañá análise das categorías individuais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario