billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com
Para axilizar o proceso de inscrición e sorteo, na próxima xornada 24 novembro, os equipos enviarán a lista dos seus integrantes  a este enderezo ecobateas@gmail.com ata o venres ás 14 horas. Despois desta hora e antes das 15:30 do sábado 24 novembro, deberán enviar unha mensaxe ou facer unha chamada a este número de teléfono 659 553 543. Grazas pola vosa colaboración. Haber se deste xeito conseguimos empezar puntuais.

6ª XORNADA

O día 24 novembro ás 16 horas disputaremos a 6ª xornada. Xogaremos no Pavillón de A FLORIDA (Sanxenxo). Xa temos comprobado que hai iluminación, tamén que hai conmutadores de acendido e apagado, e que a persoa encargada do pavillón ten acceso a eles. Comprobamos, por outra beira, que se está ao corrente de pago das facturas. Entón, todo parece indicar que poderemos utilizar iluminación eléctrica. Agora, xa só queda facelo, unha vez que esteamos alí.


Entre outras ensinanzas que nos deixou a 5ª xornada está a de que o ser humano ten a capacidade de facer as cousas de xeito diferente a como as fixo a última vez, se esta última vez foi dun xeito inadecuado.






Segue a progresión de participantes na CONRIA. Algo polo que debemos alegrarnos. Salientar a participación de CASILLEDÍN (Barrantes-Ribadumia), que nesta última xornada presentou unha aliñación con 22 integrantes. Unha cifra que non está ao alcance de ningún equipo da LNB, a día de hoxe. E tamén, queremos facer mención ao equipo de billarda TOXO VERDE (Cadiz), que aparece na imaxe de abaixo, que nos visitou para competir e compartir a súa graza galego-andaluza.

 
TOXO VERDE (CADIZ)


En definitiva, grazas. Grazas, porque con persoas coma vós podemos reunirnos as tardes dos sábados, e disfrutar con outro xeito de facer deporte.


5ª XORNADA

Dicir que a 5ª xornada foi un éxito de participación, 74 persoas. O maior número de participantes nunha xornada na curta historia da nosa conferencia.




Tamén, pedir disculpas a todas e a todos por non ter luz eléctrica no pavillón. Por un erro de organización non tiñamos chave do cuarto de conmutadores, polo tanto, non poidemos acceder ao acendido da iluminación. Isto provocou que o grupo que disputaban os postos do 1 ao 24 non poidese rematar (na próxima xornada, 6ª, decidiremos como e cando se rematan eses postos). Todos os demais grupos remataron as súas carreiras.

PARTICIPACIÓN
74
MULLERES
23
HOMES
51