billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

ANÁLISE DA 3ª XORNADA

CATEGORÍA FEMININA





BELMIRA e CARMEN PAZOS de VALPAÇOS TERRA QUENTE (Vigo)

ELENA DA UN PASO AO FRONTE

   Na 3ª xornada Bego, a gran favorita para o título, xa alcanzou o primeiro posto da clasificación. De todos os xeitos, o máis destacable desta terceira xeira da Conferencia Rías Baixas foi a puntuación de Elena (Gharaboto), 21 ptos, unha puntuación das máis altas da xornada e moi difícil de alcanzar para unha fémina. Isto permitiulle avanzar desde o posto 17, que ocupaba na 2ª xornada ao 4ª que ocupa na actualidade, a tan só dous ptos de distancia do terceiro chanzo do podio.

Elena (Gharaboto)
Parece que o swing de Elena veuse favorecido pola herba curta dos greens do campo de Cesantes. Este resultado da da Adina fai que haxa posibilidades de ver esta temporada algo de emoción na categoría, pois o seu 5º posto final do ano pasado estivo motivado polas complicacións na súa recuperación da operación de xeonllo. Sería estupendo para a competición que Elena estivese en forma para disputarlles a supremacía da Conferencia ás palanadoras de Bueu, Lu, Chefa e Bego, Certamente, son xogadoras de moito nivel, tanto técnico como competitivo, pero se alguén fóra do Morrazo pode inquietar un pouco a estas deportistas esa é Elena. Ana e Casilda, pasiño a pasiño, xa están no Top Dez, a de Marín é 5ª e Casilda 8ª. Marga alcanzou o 10º posto ao conseguir 6 ptos, e Vanessa que fixo 5 está a 1 pto desa décima posición.

VANESSA  (Gharaboto)

As condicións do terreo de xogo dificultaba bastante os golpeos de saída, xa que, ao ter que usar apoio o salto da billarda era imprevisible moitas das veces. Aínda así, 10 das 19 competidoras femininas lograron puntuar en algunha das carreiras o que fala da destreza destas afoutas deportistas.

En definitiva, esta temporada gozaremos do talento feminino das Rías Baixas. Esta temporada será a da recuperación do Título Nacional.

BEGO (Corredoiras)










Ningún comentario:

Publicar un comentario