billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

COMEZAN OS TAB (Torneos Abertos de Billarda)

Despois dun merecido tempo de descanso, xa que a temporada foi moi longa, comeza a LNB RÍAS BAIXAS. Tamén, é certo que os exitosos resultados do PLAY OFF para a nosa conferencia aconsellaban dar unhas merecidas vacacións aos paláns e billardas. 
Pero, xa está aquí a ansia por bater na madeira. Mañá, 23 de xuño, ás doce da noite, cando o lume arda en toda Galicia ábrese a pretemporada e con ela o prazo de fichaxes, cesións, altas e baixas, en definitiva a planificación dos equipos para a temporada 2015-2016.


Para a semana que vén anunciaremos o calendario de TAB de Verán 2015. Mais, xa podemos indicar que o comezo será o día 4 de xullo en Moscoso e que haberá TAB cada fin de semana... ou máis.