billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

Récord LNB





O pasado 1 de febreiro estableceuse un récord absoluto de número de varados nunha xornada de LNB. Foi no pavillón de Meira (Lugo).  43°13′0″N 7°16′59″W. Meira é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca de Meira. Segundo o padrón municipal, en 2010 tiña 1.787 habitantes.

Os datos da competición foron os seguintes: a superficie de xogo  moi rápida, o nº de participantes 66, 5 carreiras cada xogador e xogadora. Altitude 483m.


Sábado 15 febrero. Barrantes (Ribadumia). 42°29′40″N 08°45′45″W. Santo André de Barrantes é unha parroquia que se localiza no concello de Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 1.410 habitantes.

Os datos da competición son os seguintes: a superficie de xogo moi rápida, o nº de participantes, aproximadamente 70, 5 carreiras cada xogador e xogadora. Altitude 15m.


Seremos quen de superar eses 36 varados?

Os datos coinciden, e amais ao nivel do mar prodúcense as mellores marcas deportivas.
Todo está ao noso favor.





10ª XORNADA 15-2-2014 BARRANTES










 BARRANTES
 RIBADUMIA 
PONTEVEDRA




Por segundo ano consecutivo, pretendendo facelo tradición definitivamente, antes da xornada temos planeado un churrasquiño no mesmo furancho do ano pasado. Está aberto a todo o que queira vir e traia 15 euros para pagar a súa parte. 

Para apuntarse na comida terían que chamar a este num 637 564 377 antes do xoves 13 as 23:00