billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

RESUME da 11ª xornada



PARTICIPACIÓN
63

MULLERES
19

HOMES
44




A tarde de choiva fixo que tiveramos que xogar no pavillón de Carballedo (Cotobade). A superficie de xogo do recinto estaba cuberta con moqueta, o que lle aportou un ingrediente novedoso para os nosos e as nosas palanadores. A algunhas xogadoras gustoulles este terreo a outras non tanto. O certo é que este material de tea fixo máis lento o desprazamento das billardas e cachizas. O resultado foi que só que conseguiron facer 5 varados e 2 deles no palán do coroceiro nacional Ricar. 
A xornada foi moi propicia para os equipos de CORREDOIRAS RÍAS que ganaron a xornada con 94 ptos., e para RINOCERONTE que con 88 conseguiron alcanzar na clasificación xeral a terceira praza que dá dereito a participar no PLAY OFF NACIONAL do 29 de maio, iso si empatados a puntos con GHARABOTO. A falta de 5 xornadas o título de conferencia semella que será para os xogadores e xogadoras de Bueu. As outras dúas prazas haberá que disputalas ata a última ou penúltima xornada.

A xornada foi ganada por Xan (LÚA DE FORZA-SANXENXO), seguido de Ricar (CORREDOIRAS RÍAS-BUEU) e Gelín (GHARABOTO-MARÍN). Deste xeito, a clasificación xeral absoluta segue encabezada por Xan, en segunda posición mantense Ricar e terceiro Luís (GHARABOTO). 




3ª ANA CHEFA 2ª LU

Na categoría feminina ganou a xornada Chefa (CORREDOIRAS SUR-BUEU), en segunda posición quedou Lu (CORREDOIRAS RÍAS-BUEU) e terceira foi Ana (GHARABOTO)















3º JUANMA 1º GENO 2º MARTIÑO


Na categoría infantil o primeiro foi Geno (CORREDOIRAS RÍAS)  o segundo Martiño (CORREDOIRAS SUR) e o terceiro Juanma (LÚA DE FORZA).







CATEGORÍA ABSOLUTA
3º GELÍN 1º XAN 2º RICAR



MANOLO FARIÑA (GHA)
BEGO (COR)
FREIXEIRO (OS DE TORRES-O GROVE)
PEPE (COR)

CASILDA (GHARABOTO)








CHE (RIN)
INÉS (COR)

ELENA (GHA)


CRIS (RIN)








XOGO DE AXILIDADE VISUAL

Encontrar as 7 diferenzas entre os dous "animais"
XABARÍN-PEPERÍN