billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

11ª XOR 8-3-2014 FIGUEIRIDO (VILABOA)

PARTICIPACIÓN
69

MULLERES 
23

HOMES 
46


1º INFANTIL ADRIÁN AGRASO (LÚA)

1ª FEMININA BEGOÑA (COR)

ESTEVO-CHE-MARTINA-MOITAL-OLALLA-LAURA
Houbo 7 palanadores (4 homes e 3 mulleres) que xogaron por vez primeira na LNB. 5 foron do equipo CASILLEDÍN (Barrantes), dos cales catro son da categoría INFANTIL, e 2 do equipo RINOCERONTE (Pontevedra). Así, de momento xogaron na nosa conferencia 196 persoas. Fantástico.

1º- XAVI (GHA)
2º- XAN (LÚA)
3º- FILIPE (ZUM)



    Ademais, ao finalizar a xornada houbo un xuntanza onde se falaron aspectos relacionados co PLAY OFF NACIONAL 2014. O que se falou aquí será compartido co resto de conferencias LNB, na xuntanza do día 15 marzo durante o ALL STARS 2014, en Carballo. 


ACTA


Xuntanza conxunta equipos LNB das Conferencias
RÍAS BAIXAS e SUR

En Figueirido, parroquia de Vilaboa, provincia de Pontevedra, cando son as 19:00 horas do día 8 de marzo de 2014 (Día Internacional da Muller Traballadora e Billardeira), ven de celebrarse una xuntanza conxunta de equipos LNB das Conferencias Sur e Rías Baixas, ós efectos de consensuar propostas organizativas de cara a presentalas nunha xuntanza de tódalas Conferencias a celebrar en Carballo (A Coruña) o vindeiro sábado día 15 de marzo, con motivo do All Stars 2014

Equipos representados:
  • GHARABOTO
  • LÚA DE FORZA
  • ZUME DE VIMBIA
  • CORREDOIRAS
  • RINOCERONTE
  • ANDARELA
  • VALPAÇOS
  • OS DE TORRES
  • CASELLEDÍN
Temas a expoñer:
  1. Número de clasificados por conferencia para o play off nacional
  2. Posibilidade de establecer a categoría Infantil
  3. Outros que puideran xurdir

  1. NÚMERO DE CLASIFICADOS POR CONFERENCIA
Tendo en conta a grande diferenza que existe de participantes nas distintas Conferencias, aínda que para esta tempada teñen asignado un número igual de 12 clasificados, estimamos que, sen minorar o mesmo, poderíase incrementar algunha praza das Conferencias con máis participantes, deste xeito chegaríase aos 80 palanadores na final.
A saber: 6 Conferencias (contando Andalucía) con 12 representantes, serían 72, ós que habería que engadir os 2 que acaden a clasificación a través do All Star, polo que, deste xeito, serían 74. Logo quedarían 6 postos a cubrir a maiores polas Conferencias con máis participantes.
Deberíase ter en conta a confirmación de Andalucía que, se reduce o seu número de participantes, quedarían máis vacantes a cubrir.
Proposta acadada por maioría.

  1. CATEGORÍA INFANTIL
Tamén por maioría disponse propoñer a creación da categoría Infantil, cun número de participantes a establecer. Esta categoría xogaría na xornada matutina, entendendo que non retrasaría o normal desenvolvemento da xornada, dado que ao contar con catro campos, poderíanse alternar coa categoría Feminina, seguindo a xornada vespertina coa mesma configuración.

  1. Outras propostas acadadas por maioría

  • Incremento do número de participantes da categoría Feminina
Dado o grande incremento da participación feminina en algunhas Conferencias, proponse elevar o seu número a 6-7 por Conferencia (debendo establecerse o número definitivo dun xeito proporcional tendo en conta a súa participación por Conferencia)
  • Xogadores inactivos fichados para a final
Proponse que se estableza expresamente se algún palanador que non tivese participación algunha durante a tempada, pode ou non pode representar a un equipo na final nacional.
  • Alternativas ao lugar designado para o Play Off final
Aos efectos de facer máis participativas a tódalas Conferencias, así como dunha meirande difusión da billarda por tódolos recunchos de Galicia, entendemos que podería establecerse que o Play Off final fose rotativo, facéndose cargo do mesmo unha Conferencia por tempada, tanto a nivel organizativo como de agasallos.

Sen mais, remátase o acto cando son as 20:00 horas.