billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

7ª xornada ZOCA DE VERÁN




       Xa temos preparada a sétima tirada da Zoca de Verán 2017. Despois das mostras de amor que se produciron na xornada anterior disputada en Sanxenxo, imos xogar este vindeiro domingo, 13 de agosto, en terras de Cela, máis concretamente, na área recreativa-deportiva de Chans. 
      Ao nivel do mar, o amor billardeiro navegou serenamente sobre o cemento de Sanxenxo. Aiiii!, pero como se comportan os corazóns de palanadores e palanadoras por enriba dos 300 metros. Se queredes comprobalo acudide o domingo a Chans. 








6ª XORNADA DA ZOCA DE VERÁN







PODIOS
ABS
2º-JM CAMIÑA     1º-ÁLVARO      3º-XAN
 FEM
2ª-BELMIRA       1ª-CASILDA      3ª-ADRIANA
 INF
2º-TOMÁS      1º-JUANMA       3º-HUGO



       De novo o equipo da casa levouse a xornada 6ª da Zoca de Verán. Lúa de Forza preparou un espazo para que lle fora favorable. Deste xeito, combinou a dureza da grava da Praza do Mar e o nordés furacanado. Apenas, Gharaboto, con moitos integrantes da zona de Sanxenxo, foi quen de seguirlle o ritmo. Como Corredoiras só presentou un xogador, as opcións para o equipo de Bueu de conquistar o título por equipos está imposible. Todo parece que a loita estará entre o equipo de Marín e o de Sanxenxo. Valpaços Terra Quente tivo unha actuación destacada igual que Laxe de Rons. Rinoceronte tamén se descolgou definitivamente das posibilidades de título, pois acudiu unicamente cun xogador. Andarela segue coa intención de revalidar o Pechacancelas da Liga Regular. 

     

Equipo

Total 1 2 3 4 5 6
1 GHARABOTO MARÍN GHA 450 56 76 83 81 77 77
2 LÚA DE FORZA SANXENXO LÚA 404 51 63 53 91 60 86
3 VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO VAL 338 36 76 62 53 63 48
4 CORREDOIRAS BUEU COR 309 68 84 34 44 70 9
5 RINOCERONTE PONTEVEDRA RIN 233 55 37 35 42 48 16
6 LAXE DE RONS O GROVE LAX 205 23 29 32 33 38 50
7 ARMADIÑA POIO ARM 91 52
39


8 ANDARELA MEAÑO AND 57 9 8 7 8 17 8


              




       Despois da 6ª xornada da Zoca podemos ver que houbo 6 ganadores diferentes. Isto indica que virá unha nova temporada 2017-2018 con máis candidatos. Desta vez foi Álvaro que se adxudicou o triunfo da xornada.  
ÁLVARO

        Na categoría feminina Casilda tivo unha actuación moi destacada. A de Gharaboto rinde máis na época estival e demóstrao coa cuarta praza entre as féminas. 
CASILDA


       Na categoría absoluta, a sorpresa foi o comportamento de JM Camiña, quen só foi superado na final por Álvaro. Outro xogador que rinde máis baixo o ceo azul e cando as condicións de calor e vento son extremas. 


       Agora, a clasificación absoluta queda bastante definida e podemos afirmar que os pés que poderán calzar a Zoca quedan reducidos a dous. Daniel ou Xan serán quen se adxudiquen a primeira Zoca de Verán da LNB. Faltan dúas xornadas, a do vindeiro domingo 13 de agosto será en Chans e a última xogarase en Bordóns o 19 de agosto, co gallo da Festa Labrega 2017. 



ABSOLUTA EQU TOT 1 2 3 4 5 6
1 XAN LÚA 139 19 20 20 30 21 29
2 DANIEL RIN 117 24 22 14 20 21 16
3 LUÍS CAMIÑA GHA 106 19 22 27 11 10 17
4 MANOLO FARIÑA GHA 99 17 17 16 25 18 6
5 ÁLVARO GHA 97 11
19 20 17 30
6 JUANMA INF LÚA 96 20 17 11 23 10 15
7 LUISGON GHA 93 7 17 11 22 19 17
8 ÁLVARO PAI GHA 80 9 20 18 14 10 9
9 BEGO COR 79 19 22 11
27
10 TAXEIRO VAL 76 7 11 20 10 13 15
11 ALFONSO VAL 75 15 15 6 20 5 14
12 CAROLO LÚA 73 11 6 7 9 20 20
13 CHE RIN 71 23 15
22 11
14 RICARDO LOIS LAX 71
17 13 11 15 15
15 MANOLITO LÚA 68
20 18 6 12 12
16 OUTEIRO COR 62 13 20 18 11

17 RICAR COR 59 19 21

19
18 ADRIANA INF VAL 58 6 4 13 12 14 9
19 ÁNGEL AND 55 9 8 7 6 17 8
20 GELÍN GHA 54

19 14 18 3
21 RICOY LÚA 53


21 17 15
22 BELMIRA VAL 52 2 1 10 11 19 9
23 CASILDA GHA 51 1 1 15 5 18 11
24 LUÍS PIRUCHA GHA 50 6 12 8 11
13
25 SANTIAGO VAL 50 8 4 11
17 10
26 MARTÍN LAX 48
2 15 5 8 18
27 CHEFA COR 47 4 8 5 20 10
28 JM CAMIÑA LÚA 44 5

17
22
29 CHARRI COR 42 9

13 11 9
30 TANIA VAL 41
23 18







       Ademais, estamos en campaña de fichaxes e xa podemos confirmar a operación máis importante do  mercado (ata o de agora), que é incorporación de Carolo e Lu ao equipo verde de Lúa de Forza. As negociacións prolongáronse varios meses, pois había cuestións complexas que resolver na letra pequena dos seus novos contratos de imaxe. Xa se coñece como o caso "Neymarolo".
CAROLO