billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

RESULTADOS 10ª XORNADA

2º-LUÍS 1º-MANOLO FARIÑA 3º-RICAR 4ª-LU

2ª-CASILDA 1ª-TANIA 3ª-BELMIRA

ADRIANA-JUANMA-GENO



PARTICIPACIÓN
56

MULLERES
16

HOMES
40

Primeira incursión nun terreo de xogo cerrado polos catro lados e os resultados indican que por fin podemos presentar candidatos ao PLAY OFF NACIONAL na categoría de VARADOS. Fixéronse 20.  Manolo Fariña de GHARABOTO converteuse na persoa de maior idade que gana unha xornada de liga na nosa Conferencia. Manolo é un palanador de moito talento. É coñecido no mundo da billarda por "O caracol", seica porque avanza amodiño, pero sen pararse e sen fallar. O exemplo témolo en que nesta xornada non fixo ningún varado e aínda así fíxose co título da xornada. Competiu na final contra dous dos máis destacados palanadores da LNB, o actual Coroceiro e Luís Pirucha. Parecía que a potencia dos golpes dos máis novos sería suficiente para ter máis opcións de ganar. Mais, a Manolo "o caracol" chegoulle con poñer nun primeiro golpe a billarda ao ladiño da entrada do varal. Lúís empatoulle. No desempate Manolo volveu facer o mesmo, golpeou a billarda a modiño e colocouna pertiño do varal. Parabéns!