billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

6ª XORNADA 24 NOVEMBRO

Podio oficial
Categoría feminina 1ª-ELENA 2ª-BEGOÑA 3ª-NOELIA

Categoría absoluta 1º-FARIÑA 2º-BALEA 3ª-ELENA


Categoría infantil

1ª-YUDANI 2º-BREIXO 3ª-ADRIANA 4º-BRAIS 5ª-ANDREA 6º-MARIO 7º-IZAN 8º-ALEK



 Aquí temos aos dous transatlánticos que lideran a regata RÍAS BAIXAS. Tanto CORREDOIRAS como GHARABOTO poñen proa ao campionato galego, con vento a favor. Dous equipos que contan con tripulacións moi capacitadas, mesturando experiencia e xuventude. De momento, GHARABOTO manten o rumbo firme e avantaxa en 90 millas a CORREDOIRAS. O seguinte barco xa é un galeón ao cal lle costou zarpar, mais agora navega placidamente, aínda que a case 150 millas de distancia de CORREDOIRAS e a 240 do primeiro clasificado. Por detrás, deste galeón, chamado LÚA DE FORZA, aparecen a dorna de ANDARELA e a de CASILLEDÍN. Máis atrás ven e a chalupa de VALPAÇOS con poucos remeiros. Un barco que o ano pasado navegou ata a segunda praza da conferencia A ESMORGA, non dá zarpado.


CORREDOIRAS

GHARABOTO

OUTRO ÉXITO DE PARTICIPACIÓN


51

36 HOMES

15 MULLERES


Destacar que na categoría infantil participaron 8 xogadores/as. Ademais, o nivel destes participantes cada vez é maior. Así, 3 deles entraron no grupo que disputou os postos do 25 ao 36. Fabuloso!