3ª XORNADA
Cesantes-REDONDELA
1 outubro 2016
PARTICIPACIÓN
71
19 MULLERES
52 HOMES
| CATEGORIA ABSOLUTA | do EQUIPO | ||
| 1º | XAN | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
| 2º | ANDRÉS | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
| 3º | RICOY | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
| CATEGORÍA FEMININA | do EQUIPO | ||
| 1º | ELENA | GHARABOTO | MARÍN |
| 2º | BEGO | CORREDOIRAS | BUEU |
| 3ª | LÚ | CORREDOIRAS | BUEU |
| CATEGORÍA INFANTIL | do EQUIPO | ||
| 1º | JUANMA | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
| 2º | ADRIANA | VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO |
| 3º | GENO | CORREDOIRAS | BUEU |
| CATEGORÍA EQUIPOS | do EQUIPO | ||
| 1º | LÚA DE FORZA | SANXENXO | |
| 2º | CORREDOIRAS | BUEU | |
| 3º | RINOCERONTE | PONTEVEDRA |
O lugar onde se disputou a 3ª xornada foi a praia de Cesantes, en fronte da Illa de San Simón e coa ponte de Rande ao fondo. O terreo de xogo estaba composto por un pouco de area e uns terróns de herba nalgún dos campos, noutro un moito de area e uns escasos terróns de herba e noutro herba e area en proporcións variables. En definitiva, houbo que se adaptou de marabilla e houbo quen se acordou de familiares vivos e mortos do comité de selección de terreos de xogo.
A temperatura foi magnífica, aínda que en momentos determinados o vento, que viña da boca da Ría de Vigo, fixo erguer os pelos de brazos e pernas. O número de participantes foi de 71. Unha particularidade deste número de xogadores e xogadoras foi que 17 persoas xogaron por vez primeira este ano, o que significa que algúns dos habituais non competiron e foron remprazados por novas e novos participantes.
Continuaremos a crónica da xornada mañá.


Ningún comentario:
Publicar un comentario