billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

ORGANIZACIÓN DA COMPETICIÓN 2013-2014



Estas serán as figuras organizativas e o xeito de proceder para organizarnos nesta temporada 2013-2014. 
Está na etiqueta de organización da competición.






DELEGADO/A EQUIPO
Cada equipo terá un delegado ou delegada que terá as funcións de:
-entregar a listaxe de xogadores/as en cada xornada;
-colaborar na inscrición e no sorteo;
-formar parte do comité de competición;

XUÍZ/A DE CAMPO E VARAL
Cada equipo terá designadas unhas persoas que poderán arbitrar cando así sexa necesario. Os xuíces teñen por función:
-arbitrar as carreiras. Así, toda incidencia que suceda durante o desenvolvemento das carreiras será resolta polo xuíz de campo. A súa decisión será a válida. O xuíz de varal será consultado sempre que o xuíz de campo non teña clara a xogada. 
-cubrir as actas de puntuación.

INSCRICIÓN
O delegado ou delegada de equipo deberá presentar a listaxe de xogadores e xogadoras como moi tarde media hora antes de cada xornada. Tamén se podera inscribir a través de correo electrónico dirixido a ecobateas@gmail.com. A hora límite de anotarse por correo electrónico será as 12 h. do mesmo día de xogo.

SORTEO
O sorteo será 15 minutos antes da hora sinalada para o comezo da xornada. Calquera participante que se anote despois do comezo do sorteo entrará directamente aos grupos D da segunda fase.

COMITÉ DE COMPETICIÓN
Estará constituido por todos os delegados ou delegadas de equipo e terá como función resolver calquera reclamación que sexa presentada ou calquera outra circunstancia que estea fóra das competencias dos xuíces.

TAB CORVILLÓN 31 AGOSTO VÍDEO

1ª xornada sábado 7 setembro O GROVE




Xa está aquí o comezo da LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS. Será no GROVE.


Xa se poden consultar as actas e o sistema de puntuacións da temporada 2013-2014.