conferenciasalnes@gmail.com

conferenciasalnes@gmail.com

3ª xornada ZOCA DE VERÁN RESULTADOS





       A tarde foi canicular, ou sexa, no cemento do parque Eguren fritíanse os pés, na circunstancia de que alguén os levara descalzos. Non foi o caso. O que si quedou demostrado é que o equipo organizador, Gharaboto, encargouse de que os seus xogadores e xogadoras estiveran concentrados desde a mañá en Marín. Comeron xuntos e repasaron a estratexia a seguir. Os resultados non dan lugar a interpretacións mal intencionadas. O equipo de Marín paseouse sobre o parque Eguren. Así, despois desta 4ª xornada da Liga de Verán, Gharaboto encabeza a categoría de equipos e tamén sitúa na primeira posición individual ao seu capitán de máquinas, Luís Camiña.

       A xornada foi ganada por Luís Camiña, seguido de Álvaro Pai, repetindo a final da xornada anterior de Pontevedra, só que nesta ocasión o de Marín aproveitou o seu coñecemento do terreo de xogo para levarse a vitoria. En terceira posición quedou un espectacular Cris, que dou uns golpes incribles e irrepetibles, ou case irrepetibles. Por exemplo, fixo un varado utilizando dous golpes, o primeiro para desprazar a billara uns catro metros, o segundo para golpeala en carreira e que atravesara o varal de xeito fulminante.


1 LUÍS CAMIÑA GHA
2 ÁLVARO PAI GHA
3 CRIS RIN


       Deste xeito queda a clasificación individual despois de tres xornadas. Xa se empeza a estirar a clasificación. Hai 28 puntos de distancia entre o primeiro e o décimo. Isto significa que empezamos a diferenciar o grupo dos que seguen con opcións de conseguir o primeiro Título da Liga de Verán e aquelas persoas que optan a triunfos parciais de xornada. De todos os xeitos, agora imos ter dúas xornadas consecutivas en terra, o cal vai traer unha maior esixencia para palanadores e palanadoras.

ABSOLUTA EQU TOT 1 2 3
1 LUÍS CAMIÑA GHA 68 19 22 27
2 DANIEL RIN 60 24 22 14
3 XAN LÚA 59 19 20 20
4 BEGO COR 52 19 22 11
5 OUTEIRO COR 51 13 20 18
6 MANOLO FARIÑA GHA 50 17 17 16
7 JUANMA INF LÚA 48 20 17 11
8 ÁLVARO PAI GHA 47 9 20 18
9 TANIA VAL 41
23 18
10 RICAR COR 40 19 21
11 CHE RIN 38 23 15
12 MANOLITO LÚA 38
20 18
13 TAXEIRO VAL 38 7 11 20
14 ALFONSO VAL 36 15 15 6
15 LUISGON GHA 35 7 17 11
16 ÁLVARO GHA 30 11
19
17 RICARDO LOIS LAX 30
17 13
18 CRIS RIN 28 7
21
19 SALGUE VAL 27
27
20 PEKE ARM 27 11
16
21 LUÍS PIRUCHA GHA 26 6 12 8
22 CAROLO
24 11 6 7
23 ÁNGEL AND 24 9 8 7
24 SANTIAGO VAL 23 8 4 11
25 ADRIANA INF VAL 23 6 4 13
26 PAPILLA ARM 22 22

27 LITO COR 22 1 21
28 GELÍN GHA 19

19
29 CASILDA GHA 17 1 1 15
30 MARTÍN LAX 17
2 15




     
              Por equipos, Gharaboto aproveitou que Corredoiras só competiu con 3 xogadores para pasarlle na clasificación de xeito folgado. Outro salto importante foi o de Valpaços, que agora ocupa a terceira posición. Lúa de Forza e Rinoceronte están fóra do podio. Isto, prepara unhas xornadas moi interesantes, pois os de Bueu van ter que remontar 39 puntos nas xornadas que veñen. O equipo de Vigo vai ter que defender ese posto de podio ante o ataque de Lúa de Forza, xa que se disputaran dúas xornadas en territorio do equipo de Sanxenxo. En definitiva, de novo van loitar os dous lados da Ría de Pontevedra, con permiso da Ría de Vigo. 



Equipo

Total 1 2 3
1 GHARABOTO MARÍN GHA 215 56 76 83
2 CORREDOIRAS BUEU COR 186 68 84 34
3 VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO VAL 174 36 76 62
4 LÚA DE FORZA SANXENXO LÚA 167 51 63 53
5 RINOCERONTE PONTEVEDRA RIN 127 55 37 35
6 ARMADIÑA POIO ARM 91 52
39
7 LAXE DE RONS O GROVE LAX 84 23 29 32
8 ANDARELA MEAÑO AND 24 9 8 7




Ricardo Lois

Casilda

Manolo Outeiro
Mónica Moreira
Adriana

Ningún comentario:

Publicar un comentario