Por vez primeira no universo coñecido unha escola deportiva municipal oferta a billarda entre as súas actividades deportivas anuais.
Esta noticia ten unha enorme carga emocional para tantos antepasados nosos, vivos algúns e moitos mortos. Bisavós e tataravós, bisavoas e tataravoas que xogaban mentres as vacas pacían, mentres as labores do campo esperaban para muscular os seus corpos e gastar as súas mans. Parecía que se ía perder este xogo ante o empuxe doutros xeitos de divertirse. Mais unha aldea irreductible chamada LNB superou o perigo da desaparición do xogo da billarda e adoptando un sistema de competición e unhas normas modernas conseguiu que renacera.
Entón, esta noticia fíxome sentir unha gran ledicia, seguida dun fondo agradecemento a todos e todas os que en algún momento contribuíron coa súa dedicación á divulgar a billarda. Desde aquel 2003 en que foi xestada a idea da LNB, aló por terras da Mariña, ata o 2012 en que por fin se dá un paso fundamental para convertir definitivamente un xogo tradicional, xa practicado na Idade Media, nunha actividade deportiva. Temos novas de que este primeiro paso será dado tamén polo Concello de Ribadeo, outro dos referentes mundiais da Billarda.
www.sanxenxo.es
O Concello (Sanxenxo) sigue apostando por completar a formación do ámbito deportivo entre os máis pequenos
18.09.2012
A Concellería de Servizos Sociais, Deportes e Xuventude vai por en marcha un ano máis o programa das ...
escolas deportivas municipais para o curso 2012/2013.Según declarou Isabel González, concelleira responsable desta área, trátase de “ofrecer a oportunidade de fomentar entre os máis pequenos hábitos de vida saudable a través da práctica deportiva”. Estos son os obxetivos fundamentais das Escuelas Municipais para este curso.
Os alumnos dos centros escolares do concello e os nenos empadroados que estén matriculados en centros alleos a Sanxenxo, poderán optar a participar nunha ampla oferta de deportiva, que inclúe deportes individuais e colectivos e actividades no medio acuático como gran reclamo para a práctica deportiva nas nosas costas.
As actividades están dirixidas a nenos de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria, de todos os centros escolares.
A oferta para este ano inclúe, Aquagame, Baloncesto, Educación física de base, Fútbol sala, Natación, Piraguismo, Predeporte e Multideporte, Salvamento, Surf Bodyboard, Taekwondo, Tenis e Voleibol.
A novidade de este ano
foi a de incluir a Billarda, un deporte tradicional galego que está en
auxe, e do cal existe unha liga das Rías Baixas.
O comezo das
actividades será o luns 15 de outubro e a difusión da oferta farase a
través dos centros escolares e na web do concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario