Se os parecidos anteriores eran razonables, este parecido ademais de razonable é asombroso. Haberá que investigar se hai relación familiar entre Gelín (Gharaboto-Marín) e Sir Ben Kingsley ("nado o 31 de decembro de 1943 en Snainton, North Yorkshire, é un actor inglés de cinema. Aínda que é coñecido por Ben Kingsley, o seu nome orixinal é Krishna Pandit Bhanji". Fonte: Wikipedia en galego).
billardariasbaixas@gmail.com
billardariasbaixas@gmail.com
XORNADA 2 CRÓNICA
Os datos de participación manteñen a tendencia dunha media de 73 participantes. Algo magnífico, pois significa que se mantén a media dos anos 2015 e 2016. A media de participación do ano pasado foi algo fóra das previsións, xa que se alcanzou a media de 83 participantes. Esperamos manter esta fidelidade de tantas persoas que manteñen viva sobre a terra galega a billarda.
| SALVA Corredoiras-Bueu |
O gran triunfador da xornada foi SALVA, que rematou a xornada cun extratosférico varado (campo olímpico de 50 m x 20 m). Mais tivo que ser no desempate da final contra Juanma, o palanador en idade infantil que estivo a piques de facerse coa súa segunda vitoria absoluta en xornada de liga. O de Lúa de Forza sitúase na segunda praza da xeral, a tan só un punto do líder. Outro que está de volta da longa travesía do deserto é o Piru. O billardeiro da Torre recupera o seu xogo e as súas posibilidades de estar loitando de novo por estar entre os grandes da categoría. Quedou en terceira posición e prometeu buscar, este ano si, algún título de regularidade na súa Conferencia xenealóxica.
A xornada foi ganada por LÚA DE FORZA, que deste xeito entra en praza de Play Off. A igualdade de forzas que se preveía esta temporada quedou demostrado na xornada de Moscoso. Deste xeito, aos dous grandes, CORREDOIRAS e GHARABOTO, separáronos dous puntos, e o equipo de Sanxenxo, coas novas incorporacións xa en pleno rendemento, superou a eses dous equipos en 1 e 3 ptos, respectivamente.
Na Categoría de Equipo Feminino, o equipo Valpaços Terra Quente volveu ganar a xornada e pon terra por medio cos outros equipos. Evidentemente, o equipo morado é o claro favorito para levarse o título, pois o seu potencial non ten comparación con ningún equipo de toda a LNB, incluíndo ás outras conferencias. Só Gharaboto poderá manter o ritmo da marea morada, pero sempre desde a distancia.
| VALPAÇOS TERRA QUENTE-Vigo |
Despois de 2 xornadas, parte dos favoritos ao título xa están en zona noble. Xan sitúase na primeira posición, pero seguido moi de cerca polos que están detrás. Salientar no Top Dez a situación de Juanma que semella querer loitar, neste último ano de infantil, polo título absoluto, algo que quedaría para a historia se o conseguise. O regreso de Luís Piru á loita polo título é outra nova alegre para a saúde da competición. Parece que superou os seus problemas de confianza do ano pasado e xa está cerca do alto nivel que tivo noutro tempo. Os demais postos están ocupados por palanadores TOP, como Salva, Luís Camiña, Ricar, Lito, Dani, Fari e Ricardo Lois.
Na Categoría Feminina, Zaira refrendou as súas firmes intencións de ser candidata ao título e defendeu a distancia adquirida na xornada primeira. Adriana acercouse á súa compañeira de equipo facendo máis puntos que ningunha outra xogadora, nesta xornada. Bego xa se sitúa en terceira posición e a pesar de estar nunha media de 10 ptos por xornada, xa empeza a recuperar o terreo perdido. Por detrás xa vén a Campioa Nacional actual, Chefa, e un pouquiño máis atrás, a Bicampioa Lu. Este ano vai estar moi emocionante esta categoría, pois ás xa tres consagradas Campioas de Bueu súmanselles as dúas novas estrelas de Valpaços Terra Quente, quen por idade e talento estarán loitando esta temporada polo podio e que sabe se polo título.
Na Categoría Infantil, Juanma iniciou o camiño que o levará previsiblemente a un novo Título. Aínda que Adriana e Oscar van facer o posible para poñelo en algunha dificultade. Adriana, actual Campioa Nacional deste Categoría Infantil seguro que vai estar cerca de Juanma. O caso de Oscar é para destacar, pois está competindo sen estar perfectamente recuperado da súa fractura. Veremos ata onde pode chegar cando teña a alta médica. As demais nenas e nenos continúan coa súa progresión, tendo en conta que só Ainhoa pasa dos 10 anos.
O QUE NON SE VE
Na xornada de Moscoos houbo varias circunstancias que convén reseñar e deixar por escrito para que todas e todos poidamos xulgar. En definitiva e resumindo, por deferencia de Rinoceronte, nesta xornada houbo premio para o equipo con máis puntos. Pois ben, sumando os puntos das actas aparecía Corredoiras con 81 ptos, Lúa de Forza con 80 e Gharaboto con 79. Segundo as matemáticas, a "empanada de bacallau" iría para o equipo de Bueu. Mais, unha vez chegadas as actas á sede da delegación LNB Rías Baixas, o programa informático de revisión de actas descubre un erro na suma das puntuacións de Juanma, Lúa de Forza, grupo D. Despois de investigacións profundas descubriuse todo o asunto. Hai varias reclamacións presentadas ante o comité de disciplina da LNB. Está estudando o asunto e ao final desta semana tomará unha decisión, despois de escoitar aos implicados. De momento, Fari (xuíz que sumou as puntuacións) e Corredoiras están ás portas da neveira LNB.
Que cada quen analice e opine!
2ª xornada MOSCOSO-PAZOS DE BORBÉN
Moscoso é Terra Rino, entón haberá que ir preparados e preparadas para todo. Desde un terreo de xogo invadido por gramón e silvas, pasando por unha choiva persistente, ata a presenza ameazante de cabalos asilvestrados, sen descartar aos insistentes mosquitos trompeteiros. O nome do campo, LAMEIRA, xa dá bastante información sobre as súas condicións.
Por outra beira, estase producindo unha metamorfose en varios xogadores do equipo de Pontevedra. As evidencias non deixan lugar ás especulacións. Vemos dúas fotos que foron recollidas na primeira xornada do Grove que confirman esta afirmación. Esta transformación afectará ao seu xogo e volverase máis agresivo? Verémolo en Moscoso!
EQUIPOS FEMININOS
Creouse unha nova categoría dentro na LNB Rías Baixas patrocinada polo blog TODOLNB. A intención desta nova categoría é a de fomentar que os equipos se reforcen e busquen nenas, mozas e mulleres para xogar á billarda. Evidentemente, hai varios equipos que sempre tiveron presente que a muller é un valor fundamental para este deporte tradicional e nutríronse delas para fortalecerse.
Así, os claros favoritos para conseguir o título nesta nova categoría son VALPAÇOS TERRA QUENTE e GHARABOTO. A certa distancia estaría Armadiña. Os demais equipos deberán fichar se queren optar ao título. De todos os xeitos, a marea morada xa encabeza con bastante vantaxe sobre as de Marín, sobre todo, pola actuación sobresaínte de Zaira.
Hai polo menos unha xogadora en cada equipo, algo fantástico! Vendo as xogadoras de todos os equipos, pensamos e afirmamos que só vemos a tres escadras con opcións serias de título: Valpaços, Gharaboto e Armadiña, pois o outro equipo que superou os 10 ptos é Corredoiras, pero con só dúas xogadoras, aínda que sexan dúas coroceiras, cremos que o van ter moi difícil para subir ao podio. Os demais equipos ou se reforzan de estróxenos e proxesterona ou non van ter nada que facer ante o empuxe dos equipos máis numerosos.
CRÓNICA XORNADA 1 O GROVE
Aquí temos as aliñacións dos equipos na primeira xornada do Grove. De novo, o actual estrela azul da LNB (CAMPIÓN NACIONAL 2017) conseguiu sumar máis puntos que os demais equipos. Pero, vemos que Gharaboto non quedou moi lonxe, o que nos fai pensar que este ano si haberá máis igualdade, ou iso parece. Ademais, esta temporada o equipo de Marín ten o cadro de xogadores máis numeroso da Conferencia. Nesta xornada presentou 18 xogadores/as. Só Armadiña e Valpaços teñen orzamento para confeccionar un equipo a ese nivel cuantitativo. Certamente, non sempre se corresponde unha alta puntuación cun número elevado de competidores, mais o normal é que sexa así. Nesta xornada, Corredoiras competiu só con 8 xogadores e conseguiu máis puntos que ningún outro equipo, pero este caso é excepcional, xa que dos 8 xogadores hai 1 coroceiro nacional, e dúas campioas nacionais, ao mesmo tempo que 5 destes xogadores quedaron no Top Dez de Conferencia da temporada pasada.
Os demais equipos quedaron lonxe do equipo de Bueu. O equipo Rinoceronte pasou do ben folgadamente e conseguíu 65 ptos, cousa que lle permite soñar coa praza que dá dereito ao Play Off, pois o título é cosa de Bueu e Marín. O equipo organizador Laxe de Rons, acercouse aos 60 ptos, e con 59 ptos foi primeiro desa clase media que anda entre o aprobado e o ben, sen alcanzar o notable. Despois, ven outro equipo con estrela azul LNB, pero que está en época de vacas adelgazadas, Lúa de Forza, que deberá acomodarse á zona media, salvo que as novas fichaxes empecen a render.
Aqui veñen os equipos que suspenderon na xornada, ou sexa, que non acadaron os 50 ptos. Valpaços alcanzou os 47 ptos. O equipo morado é unha aposta de futuro, xa que presentou 7 xogadores/as por debaixo da maioría de idade, sendo o equipo que máis competidores/as en idade infantil presentou. O potencial do equipo da Terra Quente está na súa sección feminina. O único equipo que lle pode facer fronte nesta sección é Gharaboto. Será unha dura pugna. Armadiña tamén é un valor de futuro. Xogou con 5 xogadores en idade infantil. Nesta xornada cumpriron o seu gran soño desde que iniciaron a súa traxectoria na LNB: subir a todos os podios en algunha xornada. Cerraron o círculo no Grove, pois a única categoría que lle faltaba era a feminina, e foi Elena quen conseguíu o segundo posto. Hai que ter en conta que na categoría absoluta faltáronlle os seus xogadores número 1 (Peque), 3 (Papi) e 4 (Cho). En féminas teñen un equipo moi potente que competirá con Valpaços e Gharaboto para optar a ese título feminino por equipos (nova categoría). Andarela presentou por vez primeira desde hai un ano equipo completo de 4 xogadores.
Haberá unha nova Categoría nas clasificacións de Conferencia que será a de Equipos Femininos e que terá os seus trofeos finais de Conferencia (Trofeo TODOLNB). Sumaranse as 4 mellores puntuacións femininas de cada equipo. O obxectivo é fomentar a participación de nenas, mozas e mulleres. Así que, a buscar talentos! Pódense poñer anuncios solicitando palanadoras para equipo de billarda!
De momento a clasificación encabézaa o equipo Valpaços Terra Quente de Vigo, por outro lado o gran favorito, con permiso de Gharaboto.
Categoría EQUIPOS FEMININOS
"Trofeo TODOLNB"
| Equipo | Total | |||
| 6 | VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO | VAL | 42 |
| 2 | GHARABOTO | MARÍN | GHA | 26 |
| 1 | CORREDOIRAS | BUEU | COR | 17 |
| 7 | ARMADIÑA | POIO | ARM | 17 |
| 4 | LAXE DE RONS | O GROVE | LAX | 6 |
| 5 | LÚA DE FORZA | SANXENXO | LÚA | 6 |
| 8 | ANDARELA | MEAÑO | AND | 2 |
| 3 | RINOCERONTE | PONTEVEDRA | RIN | 1 |
1ª xornada
Comezou a temporada 2017-2018 e fíxoo cunha participación de 78 persoas, integradas en 8 equipos. A temperatura fenomenal e a luminosidade axeitada para a práctica da billarda permitiron ver golpes fantásticos. Ao mesmo tempo, a superficie de herba sintética dificultou o salto de moitas billardas. Tamén, foi unha tarde de cintas métricas, pois as dimensións dos campos de xogo (50 x 20) fixo que houbera que dar puntos por proximidade, para o cal houbo que medir varias veces. Os centrímetos tan necesarios noutras actividades tiveron moita trascendencia á hora de sumar puntos.
Os equipos presentaron as novas fichaxes. Así, Corredoiras foi o Barcelona da LNB, xa que lle quitaron a varios dos seus xogadores pagando cláusulas desorbitadas. Deste xeito, Suso foise para GHARABOTO, Carolo e Lu para LÚA DE FORZA. Veremos se estes movementos debilitan ao equipo de Bueu, actual CAMPIÓN NACIONAL, e fortalecen a GHARABOTO, actual Subcampión de Conferencia e a LÚA DE FORZA, un Campión Nacional atravesando o deserto da renovación do seu cadro de xogadores e xogadoras.
En canto aos resultados desta primeira xornada salientar que entre os 7 xogadores que alcanzaron polo menos os 20 ptos están grandes palanadores que optan ao título final. Ricar proponse este ano estar arriba desde a primeira xornada para non ter que recuperar puntos ao final. O de Bueu conseguíu o triunfo nunha final que compartiron Ricardo Lois e Xan. O do Grove exercía como local e tivo unha tarde magnífica. Está a só un punto do de Corredoiras. Xan, Outeiro e Dani semella que confirman o seu nivel e serán candidatos ao título. Luís Camiña e Luís Piru tampouco queren distanciarse do podio na primeira xornada como lle sucedeu a temporada pasada. O Top Dez cérrano Juanma e Alberte. Juanma ten talento para loitar polo título e o de Rinoceronte é unha sorpresa agradable. Vermos se é quen de aguantar toda a temporada nos postos de clasificación para Play Off, que é o seu obxectivo.
Mais, hai unha sorpresa maior que a de Alberte, pois ZAIRA sitúase no 6º posto da xeral con 20 ptos a tan só 5 do primeiro posto. O progreso desta palanadora da Terra Quente xa se vislumbrou nas xornadas finais da pasada temporada, pero ninguén prevía que xa na primeira xornada deste novo ano estivese competindo cos máis grandes da LNB. Ademais, encabeza a categoría feminina con 8 puntos de diferenza .
ACTAS
ABSOLUTA
![]() |
| 3º- XAN 1º- RICAR 2º- RICARDO LOIS |
FEMININA
![]() |
| 3ª- MARÍA SILVA 1ª- ZAIRA 2ª- ELENA |
INFANTIL
![]() |
| 3ª- ADRIANA 1º- JUANMA 2º- OSCAR |
CORREDOIRAS ganou a xornada. Non se resentiron da marcha de 3 dos seus mellores palanador@s. O que sucedeu foi que GHARABOTO estivo moi cerca dos Campións Nacionais, algo que presaxia máis igualdade este ano entre os dous grandes da Conferencia. RINOCERONTE alcanzou un terceiro lugar que é o posto que terá que loitar, pois por potencial non pode competir polas dúas primeiras prazas, o mesmo que lle sucederá a LAXE DE RÓNS e a LÚA DE FORZA. VALPAÇOS e ARMADIÑA ocuparon as posicións que ocuparon o ano pasado.
![]() |
| OSCAR de ARMADIÑA |
1 xornada TEMPORADA 2017-2018
A temporada 2017-2018 da LNB comeza no Grove o vindeiro sábado 2 de setembro. A organización será cousa de Laxe de Rons e o lugar elixido o campo de fútbol do Monte da Vila (herba sintética).
Esta nova temporada terá, por vez primeira, 18 xornadas, que se disputarán nos 9 meses (coma un embarazo) que van desde setembro a maio. Para empezar a superficie de herba artificial poñerá a proba tanto a quen adestrou durante o verán como a quen non o fixo, xa que esta superficie é estraña para a técnica de golpeo de palanadores e palanadoras.
ZOCA 2017
| Tristán Caneda |
| Escenario magnífico da pista polideportiva de Bordóns (Sanxenxo) coa sombra perfecta para poder descansar da calor intensa. |
| Momentos previos ao inicio do xogo |
Coa xornada de Bordóns rematou a Zoca de Verán 2017, a primeira liga de verán que se organiza na LNB. Os datos de participación son fantásticos. Unha media de 45 participantes por xornada e unha participación absoluta de 108 persoas. Ademais, xogaron ata 20 nen@s menores de 15 anos.
| 1ª | 2ª | 3ª | 4ª | 5ª | 6ª | 7ª | 8ª | MEDIA | ||
| TOTAL | 56 | 46 | 45 | 42 | 42 | 36 | 50 | 45 | 45 | |
| Homes | 37 | 28 | 26 | 29 | 31 | 26 | 36 | 32 | 31 | 67% |
| Mulleres | 19 | 18 | 19 | 13 | 11 | 10 | 14 | 13 | 15 | 33% |
| Homes % | 66% | 61% | 58% | 69% | 74% | 72% | 72% | 71% | ||
| Mulleres % | 34% | 39% | 42% | 31% | 26% | 28% | 28% | 29% |
| TOTAL | 108 |
| homes | 73 |
| mulleres | 35 |
| infantil | 20 |
| NENOS | 13 |
| NENAS | 7 |
Nesta xornada de Bordóns ganou Bego, seguida de Ricar e terceiro foi Juanma. Así, sumados todos os puntos o podio da primeira liga de verán quedou do xeito seguinte:
| 1 | XAN | LÚA | 186 |
| 2 | LUÍS CAMIÑA | GHA | 151 |
| 3 | JUANMA INF | LÚA | 136 |
Para o verán que ven haberá que mercar outra zoca ou facerlle unha prótese adecuada ao Zoqueiro 2017, pois vemos como non é doado equilibrarse nunha soa perna.
7ª XORNADA ZOCA DE VERÁN
O Taxeiro benxamín da Terra Quente non se quixo perder a romería de Chans. O futuro xogador de Valpaços xa colle as billardas coa man. Lúa de Forza conseguiu a maior puntuación da xornada por equipos. Esta vez loitando de igual a igual cos outros dous grandes equipos da Conferencia e da LNB, Corredoiras e Gharaboto, xa que estes equipos presentaron o seu cadro A de xogadores e xogadoras. Xa se percibe a cercanía do comezo da LNB 2017-2018, pois os palanadores e palanadoras que estaban de vacacións xa fixeron acto de presenza en Chans. Como os grandes equipos da categoría conseguiron moitos puntos os demais equipos tiveron que conformarse con cifras moi baixas. Deste xeito, Valpaços fixo 34 ptos, Rinoceronte 19 ptos e Andarela só 3 ptos. En definitiva, esta primeira Liga Zoca de Verán 2017 vai ir para Marín, na categoría de equipos. Avantaxa ao equipo sanxenxino de Lúa de Forza en 44 ptos, o que significa que tería que suceder algo inimaxinable para que se dera un cambio na cabeza da clasificación na última xornada.
| Equipo | Total | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | |||
| 1 | GHARABOTO | MARÍN | GHA | 537 | 56 | 76 | 83 | 81 | 77 | 77 | 87 |
| 2 | LÚA DE FORZA | SANXENXO | LÚA | 493 | 51 | 63 | 53 | 91 | 60 | 86 | 89 |
| 4 | CORREDOIRAS | BUEU | COR | 389 | 68 | 84 | 34 | 44 | 70 | 9 | 80 |
| 3 | VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO | VAL | 372 | 36 | 76 | 62 | 53 | 63 | 48 | 34 |
| 5 | RINOCERONTE | PONTEVEDRA | RIN | 252 | 55 | 37 | 35 | 42 | 48 | 16 | 19 |
| 6 | LAXE DE RONS | O GROVE | LAX | 220 | 23 | 29 | 32 | 33 | 38 | 50 | 15 |
| 7 | ARMADIÑA | POIO | ARM | 91 | 52 | 39 | |||||
| 8 | ANDARELA | MEAÑO | AND | 60 | 9 | 8 | 7 | 8 | 17 | 8 | 3 |
![]() |
| 2ª BEGO 1º XAN 3º CHARRI |
![]() |
| 1ª ADRIANA 2ª MÓNICA 3ª TANIA |
![]() |
| 2º HUGO 1º JUANMA 3º ARES |
A Zoca de Verán irá para o pé de Xan, pois avantaxa en 29 ptos ao segundo clasificado, Daniel. Con que faga 2 ptos o de Lúa xa conseguiría facerse co preciado obxecto. Onde haberá loita ata a última carreira será nos postos de podio que dan dereito a levarse os Potes da Queimada.
![]() |
| Pote da queimada |
Para alcanzar estes magníficos obxectos de artesanía haberá que superar a Luís Camiña e a Daniel que ocupan a terceira e segunda posición, respectivamente. Os xogadores que poderían inquietalos son Álvaro e Juanma, aínda que tería que coincidir unha mala xornada daqueles cunha extraordinaria xornada destes. Todo é posible na billarda!
| ABSOLUTA | EQU | TOT | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | |
| 1 | XAN | LÚA | 163 | 19 | 20 | 20 | 30 | 21 | 29 | 24 |
| 2 | DANIEL | RIN | 134 | 24 | 22 | 14 | 20 | 21 | 16 | 17 |
| 3 | LUÍS CAMIÑA | GHA | 129 | 19 | 22 | 27 | 11 | 10 | 17 | 23 |
| 4 | ÁLVARO | GHA | 119 | 11 | 19 | 20 | 17 | 30 | 22 | |
| 5 | JUANMA INF | LÚA | 114 | 20 | 17 | 11 | 23 | 10 | 15 | 18 |
| 6 | MANOLO FARIÑA | GHA | 111 | 17 | 17 | 16 | 25 | 18 | 6 | 12 |
| 7 | BEGO | COR | 109 | 19 | 22 | 11 | 27 | 30 | ||
| 8 | LUISGON | GHA | 103 | 7 | 17 | 11 | 22 | 19 | 17 | 10 |
| 9 | ÁLVARO PAI | GHA | 92 | 9 | 20 | 18 | 14 | 10 | 9 | 12 |
| 10 | TAXEIRO | VAL | 91 | 7 | 11 | 20 | 10 | 13 | 15 | 15 |
| 11 | ALFONSO | VAL | 81 | 15 | 15 | 6 | 20 | 5 | 14 | 6 |
| 12 | MANOLITO | LÚA | 80 | 20 | 18 | 6 | 12 | 12 | 12 | |
| 13 | RICOY | LÚA | 79 | 21 | 17 | 15 | 26 | |||
| 14 | LUÍS PIRUCHA | GHA | 78 | 6 | 12 | 8 | 11 | 13 | 28 | |
| 15 | RICAR | COR | 77 | 19 | 21 | 19 | 18 | |||
| 16 | CAROLO | LÚA | 74 | 11 | 6 | 7 | 9 | 20 | 20 | 1 |
| 17 | CHE | RIN | 71 | 23 | 15 | 22 | 11 | |||
| 18 | RICARDO LOIS | LAX | 71 | 17 | 13 | 11 | 15 | 15 | ||
| 19 | ADRIANA INF | VAL | 69 | 6 | 4 | 13 | 12 | 14 | 9 | 11 |
| 20 | GELÍN | GHA | 68 | 19 | 14 | 18 | 3 | 14 | ||
| 21 | JM CAMIÑA | LÚA | 65 | 5 | 17 | 22 | 21 | |||
| 22 | MARTÍN | LAX | 63 | 2 | 15 | 5 | 8 | 18 | 15 | |
| 23 | OUTEIRO | COR | 62 | 13 | 20 | 18 | 11 | |||
| 24 | CHARRI | COR | 58 | 9 | 13 | 11 | 9 | 16 | ||
| 25 | ÁNGEL | AND | 56 | 9 | 8 | 7 | 6 | 17 | 8 | 1 |
A participación foi de 50 persoas. Ademais de competidores habituais houbo novos participantes que xogaron por vez primeira baixo o formato LNB. Vemos na foto de abaixo como non hai adversidade físico que impida xogar á billarda. Oscar, de Armadiña, fracturouse a tibia e o peroné xogando ao fútbol e debe permanecer ata primeiros de setembro coa escaiola. Non obstante, o gran palanador da Armada non quere perder masa muscular e utilizando un calzado especial que lle fixo o seu avó segue practicando. Enorme superación e compromiso deste neno, que co seu exemplo está contribuíndo a que otros nenos e nenas xoguen á billarda en Poio.
![]() |
| OSCAR |
![]() |
| HUGO de Cela |
![]() |
| MARÍA |
![]() |
| GELÍN |
![]() |
| ALFONSO |
![]() |
| LUCÍA |
![]() |
| Nativo de Cela |
![]() |
| LUÍS PIRU |
![]() |
| LUÍS CAMIÑA |
![]() |
| SALVA |
![]() |
| MARTÍN |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















































