billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

EQUIPOS FEMININOS

       Creouse unha nova categoría dentro na LNB Rías Baixas patrocinada polo blog TODOLNB. A intención desta nova categoría é a de fomentar que os equipos se reforcen e busquen nenas, mozas e mulleres para xogar á billarda. Evidentemente, hai varios equipos que sempre tiveron presente que a muller é un valor fundamental para este deporte tradicional e nutríronse delas para fortalecerse. 

       Así, os claros favoritos para conseguir o título nesta nova categoría son VALPAÇOS TERRA QUENTE e GHARABOTO. A certa distancia estaría Armadiña. Os demais equipos deberán fichar se queren optar ao título. De todos os xeitos, a marea morada xa encabeza con bastante vantaxe sobre as de Marín, sobre todo, pola actuación sobresaínte de Zaira






       Hai polo menos unha xogadora en cada equipo, algo fantástico! Vendo as xogadoras de todos os equipos, pensamos e afirmamos que só vemos a tres escadras con opcións serias de título: Valpaços, Gharaboto e Armadiña, pois o outro equipo que superou os 10 ptos é Corredoiras, pero con só dúas xogadoras, aínda que sexan dúas coroceiras, cremos que o van ter moi difícil para subir ao podio. Os demais equipos ou se reforzan de estróxenos e proxesterona ou non van ter nada que facer ante o empuxe dos equipos máis numerosos. 



CRÓNICA XORNADA 1 O GROVE

        



       Aquí temos as aliñacións dos equipos na primeira xornada do Grove. De novo, o actual estrela azul da LNB (CAMPIÓN NACIONAL 2017) conseguiu sumar máis puntos que os demais equipos. Pero, vemos que Gharaboto non quedou moi lonxe, o que nos fai pensar que este ano si haberá máis igualdade, ou iso parece. Ademais, esta temporada o equipo de Marín ten o cadro de xogadores máis numeroso da Conferencia. Nesta xornada presentou 18 xogadores/as. Só Armadiña e Valpaços teñen orzamento para confeccionar un equipo a ese nivel cuantitativo. Certamente, non sempre se corresponde unha alta puntuación cun número elevado de competidores, mais o normal é que sexa así. Nesta xornada, Corredoiras competiu só con 8 xogadores e conseguiu máis puntos que ningún outro equipo, pero este caso é excepcional, xa que dos 8 xogadores hai 1 coroceiro nacional, e dúas campioas nacionais, ao mesmo tempo que 5 destes xogadores quedaron no Top Dez de Conferencia da temporada pasada.  





       Os demais equipos quedaron lonxe do equipo de Bueu. O equipo Rinoceronte pasou do ben folgadamente e conseguíu 65 ptos, cousa que lle permite soñar coa praza que dá dereito ao Play Off, pois o título é cosa de Bueu e Marín. O equipo organizador Laxe de Rons, acercouse aos 60 ptos, e con 59 ptos foi primeiro desa clase media que anda entre o aprobado e o ben, sen alcanzar o notable. Despois, ven outro equipo con estrela azul LNB, pero que está en época de vacas adelgazadas, Lúa de Forza, que deberá acomodarse á zona media, salvo que as novas fichaxes empecen a render. 




      Aqui veñen os equipos que suspenderon na xornada, ou sexa, que non acadaron os 50 ptos. Valpaços alcanzou os 47 ptos. O equipo morado é unha aposta de futuro, xa que presentou 7 xogadores/as por debaixo da maioría de idade, sendo o equipo que máis competidores/as en idade infantil presentou. O potencial do equipo da Terra Quente está na súa sección feminina. O único equipo que lle pode facer fronte nesta sección é Gharaboto. Será unha dura pugna. Armadiña tamén é un valor de futuro. Xogou con 5 xogadores en idade infantil. Nesta xornada cumpriron o seu gran soño desde que iniciaron a súa traxectoria na LNB: subir a todos os podios en algunha xornada. Cerraron o círculo no Grove, pois a única categoría que lle faltaba era a feminina, e foi Elena quen conseguíu o segundo posto. Hai que ter en conta que na categoría absoluta faltáronlle os seus xogadores número 1 (Peque), 3 (Papi)  e 4 (Cho). En féminas teñen un equipo moi potente que competirá con Valpaços e Gharaboto para optar a ese título feminino por equipos (nova categoría). Andarela presentou por vez primeira desde hai un ano equipo completo de 4 xogadores.










       Haberá unha nova Categoría nas clasificacións de Conferencia que será a de Equipos Femininos e que terá os seus trofeos finais de Conferencia (Trofeo TODOLNB). Sumaranse as 4 mellores puntuacións femininas de cada equipo. O obxectivo é fomentar a participación de nenas, mozas e mulleres. Así que, a buscar talentos! Pódense poñer anuncios solicitando palanadoras para equipo de billarda!

       De momento a clasificación encabézaa o equipo Valpaços Terra Quente de Vigo, por outro lado o gran favorito, con permiso de Gharaboto. 

   Categoría EQUIPOS FEMININOS    
            "Trofeo TODOLNB"

EquipoTotal
6VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGOVAL42
2GHARABOTOMARÍNGHA26
1CORREDOIRAS BUEUCOR17
7ARMADIÑAPOIOARM17
4LAXE DE RONSO GROVELAX6
5LÚA DE FORZASANXENXOLÚA6
8ANDARELAMEAÑOAND2
3RINOCERONTEPONTEVEDRARIN1

1ª xornada



       Comezou a temporada 2017-2018 e fíxoo cunha participación de 78 persoas, integradas en 8 equipos. A temperatura fenomenal e a luminosidade axeitada para a práctica da billarda permitiron ver golpes fantásticos. Ao mesmo tempo, a superficie de herba sintética dificultou o salto de moitas billardas. Tamén, foi unha tarde de cintas métricas, pois as dimensións dos campos de xogo (50 x 20) fixo que houbera que dar puntos por proximidade, para o cal houbo que medir varias veces. Os centrímetos tan necesarios noutras actividades tiveron moita trascendencia á hora de sumar puntos. 
       Os equipos presentaron as novas fichaxes. Así, Corredoiras foi o Barcelona da LNB, xa que lle quitaron a varios dos seus xogadores pagando cláusulas desorbitadas. Deste xeito, Suso foise para GHARABOTO, Carolo e Lu para LÚA DE FORZA. Veremos se estes movementos debilitan ao equipo de Bueu, actual CAMPIÓN NACIONAL, e fortalecen a GHARABOTO, actual Subcampión de Conferencia e a LÚA DE FORZA, un Campión Nacional atravesando o deserto da renovación do seu cadro de xogadores e xogadoras. 
       En canto aos resultados desta primeira xornada salientar que entre os 7 xogadores que alcanzaron polo menos os 20 ptos están grandes palanadores que optan ao título final. Ricar proponse este ano estar arriba desde a primeira xornada para non ter que recuperar puntos ao final. O de Bueu conseguíu o triunfo nunha final que compartiron Ricardo Lois e Xan. O do Grove exercía como local e tivo unha tarde magnífica. Está a só un punto do de Corredoiras. Xan, Outeiro e Dani semella que confirman o seu nivel e serán candidatos ao título. Luís Camiña e Luís Piru tampouco queren distanciarse do podio na primeira xornada como lle sucedeu a temporada pasada. O Top Dez cérrano Juanma e Alberte. Juanma ten talento para loitar polo título e o de Rinoceronte é unha sorpresa agradable. Vermos se é quen de aguantar toda a temporada nos postos de clasificación para Play Off, que é o seu obxectivo. 
       Mais, hai unha sorpresa maior que a de Alberte, pois ZAIRA sitúase no 6º posto da xeral con 20 ptos a tan só 5 do primeiro posto. O progreso desta palanadora da Terra Quente xa se vislumbrou nas xornadas finais da pasada temporada, pero ninguén prevía que xa na primeira xornada deste novo ano estivese competindo cos máis grandes da LNB. Ademais, encabeza a categoría feminina con 8 puntos de diferenza .  




ACTAS

ABSOLUTA
3º- XAN       1º- RICAR       2º- RICARDO LOIS



FEMININA
3ª- MARÍA SILVA         1ª- ZAIRA          2ª- ELENA


INFANTIL
3ª- ADRIANA         1º- JUANMA           2º- OSCAR













       CORREDOIRAS ganou a xornada. Non se resentiron da marcha de 3 dos seus mellores palanador@s. O que sucedeu foi que GHARABOTO estivo moi cerca dos Campións Nacionais, algo que presaxia máis igualdade este ano entre os dous grandes da Conferencia. RINOCERONTE alcanzou un terceiro lugar que é o posto que terá que loitar, pois por potencial non pode competir polas dúas primeiras prazas, o mesmo que lle sucederá a LAXE DE RÓNS e a LÚA DE FORZA. VALPAÇOS e ARMADIÑA ocuparon as posicións que ocuparon o ano pasado. 









OSCAR de ARMADIÑA

       O afouto Oscar non veu impedimento nas muletas que ten que usar pola fractura de tibia e peroné que sufriu xogando ao fútbol, e non só xogou, senón que acadou o segundo posto na categoría infantil, sumando ademais uns 8 puntos moi valiosos para o equipo de Poio.

1 xornada TEMPORADA 2017-2018





      A temporada 2017-2018 da LNB comeza no Grove o vindeiro sábado 2 de setembro. A organización será cousa de Laxe de Rons e o lugar elixido o campo de fútbol do Monte da Vila (herba sintética). 


       Esta nova temporada terá, por vez primeira, 18 xornadas, que se disputarán nos 9 meses (coma un embarazo) que van desde setembro a maio. Para empezar a superficie de herba artificial poñerá a proba tanto a quen adestrou durante o verán como a quen non o fixo, xa que esta superficie é estraña para a técnica de golpeo de palanadores e palanadoras.
       

ZOCA 2017


Tristán Caneda

Escenario magnífico da pista polideportiva de Bordóns (Sanxenxo) coa sombra perfecta para poder descansar da calor intensa.

Momentos previos ao inicio do xogo



       Coa xornada de Bordóns rematou a Zoca de Verán 2017, a primeira liga de verán que se organiza na LNB. Os datos de participación son fantásticos. Unha media de 45 participantes por xornada e unha participación absoluta de 108 persoas. Ademais, xogaron ata 20 nen@s menores de 15 anos.


MEDIA
TOTAL 56 46 45 42 42 36 50 45 45
Homes 37 28 26 29 31 26 36 32 31 67%
Mulleres 19 18 19 13 11 10 14 13 15 33%
Homes % 66% 61% 58% 69% 74% 72% 72% 71%

Mulleres % 34% 39% 42% 31% 26% 28% 28% 29%




TOTAL 108


homes 73
mulleres 35


infantil 20
NENOS 13
NENAS 7




    Nesta xornada de Bordóns ganou Bego, seguida de Ricar e terceiro foi Juanma. Así, sumados todos os puntos o podio da primeira liga de verán quedou do xeito seguinte:

1 XAN LÚA 186
2 LUÍS CAMIÑA GHA 151
3 JUANMA INF LÚA 136

 





       Para o verán que ven haberá que mercar outra zoca ou facerlle unha prótese adecuada ao Zoqueiro 2017, pois vemos como non é doado equilibrarse nunha soa perna. 





 Na categoría de equipos o podio foi este:




1GHARABOTOMARÍNGHA614
2LÚA DE FORZASANXENXOLÚA582
3CORREDOIRASBUEUCOR466

ÚLTIMA XORNADA DA LIGA DE VERÁN


7ª XORNADA ZOCA DE VERÁN



      O Taxeiro benxamín da Terra Quente non se quixo perder a romería de Chans. O futuro xogador de Valpaços xa colle as billardas coa man. Lúa de Forza conseguiu a maior puntuación da xornada por equipos. Esta vez loitando de igual a igual cos outros dous grandes equipos da Conferencia e da LNB, Corredoiras e Gharaboto, xa que estes equipos presentaron o seu cadro A de xogadores e xogadoras. Xa se percibe a cercanía do comezo da LNB 2017-2018, pois os palanadores e palanadoras que estaban de vacacións xa fixeron acto de presenza en Chans. Como os grandes equipos da categoría conseguiron moitos puntos os demais equipos tiveron que conformarse con cifras moi baixas. Deste xeito, Valpaços fixo 34 ptos, Rinoceronte 19 ptos e Andarela só 3 ptos. En definitiva, esta primeira Liga Zoca de Verán 2017 vai ir para Marín, na categoría de equipos. Avantaxa ao equipo sanxenxino de Lúa de Forza en 44 ptos, o que significa que tería que suceder algo inimaxinable para que se dera un cambio na cabeza da clasificación na última xornada. 




Equipo

Total 1 2 3 4 5 6 7
1 GHARABOTO MARÍN GHA 537 56 76 83 81 77 77 87
2 LÚA DE FORZA SANXENXO LÚA 493 51 63 53 91 60 86 89
4 CORREDOIRAS BUEU COR 389 68 84 34 44 70 9 80
3 VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO VAL 372 36 76 62 53 63 48 34
5 RINOCERONTE PONTEVEDRA RIN 252 55 37 35 42 48 16 19
6 LAXE DE RONS O GROVE LAX 220 23 29 32 33 38 50 15
7 ARMADIÑA POIO ARM 91 52
39



8 ANDARELA MEAÑO AND 60 9 8 7 8 17 8 3






     
2ª BEGO      1º XAN      3º CHARRI

1ª ADRIANA       2ª MÓNICA     3ª TANIA

2º HUGO     1º JUANMA     3º ARES




       A Zoca de Verán irá para o pé de Xan, pois avantaxa en 29 ptos ao segundo clasificado, Daniel. Con que faga 2 ptos o de Lúa xa conseguiría facerse co preciado obxecto. Onde haberá loita ata a última carreira será nos postos de podio que dan dereito a levarse os Potes da Queimada.


Pote da queimada
       Para alcanzar estes magníficos obxectos de artesanía haberá que superar a Luís Camiña e a Daniel que ocupan a terceira e segunda posición, respectivamente. Os xogadores que poderían inquietalos son Álvaro e Juanma, aínda que tería que coincidir unha mala xornada daqueles cunha extraordinaria xornada destes. Todo é posible na billarda!




ABSOLUTA EQU TOT 1 2 3 4 5 6 7
1 XAN LÚA 163 19 20 20 30 21 29 24
2 DANIEL RIN 134 24 22 14 20 21 16 17
3 LUÍS CAMIÑA GHA 129 19 22 27 11 10 17 23
4 ÁLVARO GHA 119 11
19 20 17 30 22
5 JUANMA INF LÚA 114 20 17 11 23 10 15 18
6 MANOLO FARIÑA GHA 111 17 17 16 25 18 6 12
7 BEGO COR 109 19 22 11
27
30
8 LUISGON GHA 103 7 17 11 22 19 17 10
9 ÁLVARO PAI GHA 92 9 20 18 14 10 9 12
10 TAXEIRO VAL 91 7 11 20 10 13 15 15
11 ALFONSO VAL 81 15 15 6 20 5 14 6
12 MANOLITO LÚA 80
20 18 6 12 12 12
13 RICOY LÚA 79


21 17 15 26
14 LUÍS PIRUCHA GHA 78 6 12 8 11
13 28
15 RICAR COR 77 19 21

19
18
16 CAROLO LÚA 74 11 6 7 9 20 20 1
17 CHE RIN 71 23 15
22 11

18 RICARDO LOIS LAX 71
17 13 11 15 15
19 ADRIANA INF VAL 69 6 4 13 12 14 9 11
20 GELÍN GHA 68

19 14 18 3 14
21 JM CAMIÑA LÚA 65 5

17
22 21
22 MARTÍN LAX 63
2 15 5 8 18 15
23 OUTEIRO COR 62 13 20 18 11


24 CHARRI COR 58 9

13 11 9 16
25 ÁNGEL AND 56 9 8 7 6 17 8 1




  A participación foi de 50 persoas. Ademais de competidores habituais houbo novos participantes que xogaron por vez primeira baixo o formato LNB. Vemos na foto de abaixo como non hai adversidade físico que impida xogar á billarda. Oscar, de Armadiña, fracturouse a tibia e o peroné xogando ao fútbol e debe permanecer ata primeiros de setembro coa escaiola. Non obstante, o gran palanador da Armada non quere perder masa muscular e utilizando un calzado especial que lle fixo o seu avó segue practicando. Enorme superación e compromiso deste neno, que co seu exemplo está contribuíndo a que otros nenos e nenas xoguen á billarda en Poio. 

OSCAR
   
HUGO de Cela

MARÍA

GELÍN

ALFONSO

LUCÍA

Nativo de Cela

LUÍS PIRU

LUÍS CAMIÑA

SALVA

MARTÍN